Biblioteca Municipal
Servizos destacados
Información xeral
Na actualidade, a Biblioteca Pública Municipal de O Valadouro sobrepasa con creces os 12.000 exemplares rexistrados. Os socios poden levar para a casa ata tres de aqueles exemplares que están en préstamo por un período de 21 días e que se poden renovar por un período de outros 21 días, de maneira presencial ou a través da web.
FAITE SOCIO!
Facerse socio da Biblioteca é gratuito. Ademáis é un carné válido para usar en calquera Biblioteca dentro da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Débense de facilitar os datos persoais, enderezo, teléfono de contacto… e nese momento xa se poden levar á casa ata tres exemplares da Biblioteca.
Distribución e uso das salas
A Biblioteca Pública Municipal conta con varias dependecias:
- Sala de traballo-estudo convenientemente iluminada con varias mesas e conexión a Internet.
- Sala de informática, un local de acceso público habilitado polo Concello onde se pon a diposición de todos os cidadáns un contorno de acceso gratuito a Internet de banda ancha en condicións de calidade. Ésta conta con 7 ordenadores e unha mesa de traballo por si se prefire traer recursos propios.
- Biblioteca, onde se atopan os libros que os socios poden levar en condicións de préstamo, así como unha zona de lectura infantil.
- Oficina de xestión da Biblioteca, na que se atopan os datos dos libros, usuarios e o servizo de reprografía, onde os usuarios poderán facer uso del ao prezo estipulado polo concello.