BASES PARTICIPACIÓN

 LudiVERÁN 2023

1.- ÁMBITO DE APLICACIÓN

O programa Ludiverán 2023 – O VALADOURO consiste nunha serie de actividades lúdicas programadas e orientadas a rapaces e rapazas nados entre o ano 2011 e o 2019.

Poderán participar nas distintas actividades de LUDIVERÁN 2023– O VALADOURO todos os nenos e nenas que o desexen sempre e cando e cando estean inscritos, en todo ou en parte do programa previamente, nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro ou ou en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

2.- CRITERIOS DE SELECCIÓN

Terán preferencia as persoas que se inscriban entre os días 27 a 30 de xuño (incluídos).

Como criterios de selección establécense os indicados na RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023, dando prioridade ás familias máis desfavorecidas e tendo en conta o nivel de renda e as cargas familiares das persoas solicitantes.

Formarán parte do programa aquelas solicitudes que cumpran, por orde, os seguintes criterios de selección:

  1. Alumnos do CEIP Santa María do Valadouro que soliciten todo o período do programa, que os pais traballen e estean empadroados no concello do Valadouro.
  2. Alumnos do CEIP Santa María do Valadouro que non soliciten todo o período do programa, que os pais traballen e estean empadroados no concello do Valadouro.
  3. Alumnos do CEIP Santa María do Valadouro que soliciten todo o período do programa e que os pais traballen.
  4. Alumnos do CEIP Santa María do Valadouro que non soliciten todo o período do programa e que os pais traballen.
  5. Inscritos que os pais traballen, estean empadroados no concello do Valadouro e soliciten todo o período.
  6. Inscritos que os pais traballen, estean empadroados no concello do Valadouro e non soliciten todo o período.
  7. Resto de inscritos que soliciten todo o programa.
  8. Resto de inscritos

Dentro da orde de criterios de selección, darase prioridade a aquelas solicitudes que xustifiquen a pertenza aos seguintes grupos de persoas desfavorecidas:

  • Familias monoparentais.
    • Vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra a muller.
    • Mulleres en situación de desemprego de longa duración.
    • Mulleres maiores de 45 anos.
    • Unidades familiares en que existan outras cargas relacionadas cos coidados.
    • Perceptores de rentas mínimas e persoas que esgotasen as prestacións e subsidios

3.- DURACIÓN, HORARIOS E PRAZAS DISPOÑIBLES

O programa Ludiverán levarase a cabo nas seguintes datas:

  • Inicio: 03/07/2023
  • Remate: 25/08/2023

Horario: de 09:00 a 14:00

09:00 a 10:00Recepción de participantes.
10:00 a 13:00Xogos e obradoiros
13:00 a 14:00Recollida de participantes

Prazas dispoñibles: 60

4.-PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 27/06/2023 ata o 30/06/2023 as 14:00 horas para aquelas persoas participantes que inicien a actividade o 03/07/2023.

No caso de non cubrirse a totalidade das prazas dispoñibles o prazo de inscrición continuará aberto.

As solicitudes de participación deberán presentarse nos seguintes lugares:

  • No Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro de 10:00h. a 14:00h e de 16:00 a 20:00h de luns a venres.
  • Nas oficinas xerais do Concello de O Valadouro de 09:00 a 14:30.
  • En calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA:

  • Solicitude de participación asinada polo pai, nai ou titor/a legal.
  • DNI do pai, nai ou titor/a legar.
  • Declaración xurada

5.- NORMAS DE FUNCIONAMENTO

· Unha vez iniciado o programa e, sempre e cando queden prazas libres, poderán inscribirse máis interesados ata cubrir todas as prazas.

· Se unha persoa inscribe a un participante e están todas as prazas cubertas, ou se fai fóra de prazo, dita solicitude pasará á lista de reserva ata que quede un oco libre.

· Pode solicitarse un período mínimo de 5 días laborables contiguos e un máximo de 39 días laborables coa fin de non alterar a programación establecida.

· A lista de reserva serve para cubrir as prazas que queden vacantes ó longo da programación.

· O número de prazas estará limitado ó cociente por monitor asignado ás actividades. Se un participante desexa deixar de acudir ó programa, o seu pai, nai ou representante deberá comunicalo por escrito.

· As actividades realizaranse entre os días 3 de xullo e 25 de agosto (laborables) entre as 09:00h. e as 14:00h, sendo o horario de entrada de 09:00 a 10:00 e o de saída de 13:00 a 14:00, estando a porta de acceso pechada e prohibido o acceso de calquera persoa(agás causa xustificada) dentro do horario mencionado. Todos os días se pasará lista de asistentes e se un inscrito falta asiduamente, (sen xustificar) alo menos o 20% do período solicitado, automaticamente pasará á lista de reserva.

· Os participantes chegarán á instalación acompañados do pai/nai/titor legal ou persoa (max. 3) autorizada. No caso de nenos e nenas maiores de 10 anos (cumpridos) e, sempre e cando conste na solicitude, poderán entrar e saír sos da instalación.

 · Na solicitude deberá de figurar se o/a inscrito/a sofre algún tipo de alerxia, intolerancia ou enfermidade que impida poder realizar as actividades expostas. En caso de non ter programadas as vacacións antes de formalizar a inscrición formalmente, o pai, a nai ou o responsable o comunique por escrito con suficiente tempo para evitar problemas organizativos ou do contrario poderá ingresar na lista de reserva de ser preciso e non houber prazas libres.

· Os participantes estarán sempre acompañados do persoal cualificado da empresa encargada de xestionar o programa. Dado que se trata dunha actividade lúdico-infantil, non se permitirá o acceso ás instalacións, onde se realice o programa, de ninguén máis que a dos participantes nas actividades.

· O lugar de realización das actividades, agás previo aviso, serán as instalacións do Pavillón Polideportivo Municipal de O Valadouro e o patio de xogos (agás o parque infantil) do CEIP Santa María. En momentos puntuais programaranse pequenas excursións para coñecer o medio na que ningún inscrito acudirá só.

· No intre de descanso usarán, sempre e cando o tempo meteorolóxico o permita, o patio de xogos do CEIP Santa María do Valadouro (agás o parque interior).

· Se o desexan, os participantes levarán unha merenda que tomarán a media mañá.

· Os inscritos distribuiranse en grupos segundo as súas idades co fin de homoxeneizar o grupo de actividade do que forman parte.

· Recoméndase que os participantes veñan con roupa cómoda para o desenvolvemento de actividades deportivas e xogos.

 · A programación diaria comunicarase periodicamente co obxecto de informar, ós familiares, das actividades que van a realizar cada día e, excepcionalmente, comunicarase, coa suficiente antelación, as posibles excursións así como cando se precise que os participantes aporten material para realizar as actividades.

· O pai/nai/representante do participante autorizará, se así o desexa, a que o Concello de O Valadouro envíe comunicacións do programa vía whatsapp ou formato electrónico.

· Os participantes nunca estarán sos no transcurso das actividades. Sempre estarán os monitores responsables do programas, así como, esporadicamente, de persoal municipal.

· Recoméndase que a inscrición se faga preferentemente por medios telemáticos (sede electrónica, e-mail…) ou en persoa nas oficinas da casa da cultura.

Os datos persoais recadados na presente inscrición forman parte dun ficheiro de protección de datos cuia finalidade é a xestión do mencionado programa. Poderá vostede exercer os dereitos de acceso, cancelación e rectificación dirixíndose ó Excmo. Concello de O Valadouro, Feira Nova, 1, Ferreira do Valadouro (Lugo).

Ditas bases publicitaranse a través da sede electrónica do Concello de O Valadouro e da páxina web do concello de O Valadouro.

ANEXO. DECLARACIÓN XURADA

(Deberase presentar unha declaración por cada proxenitor)

Nome e apelidos:DNI:

Declaro baixo xuramento que (RISQUE O QUE PROCEDA):

  • Que presto servizos na empresa _________________________________________________
  • Que o meu horario laboral é ____________________________________________________
  • Que son traballador autónomo, tendo o meu centro de traballo en _________________________________ e con horario laboral ________________________
  • Que a unidade familiar está empadroada no Concello de O Valadouro.
  • Que o/os/a/as menor/es para quen se solicita a participación cursa/n estudos no CEIP Santa María de O Valadouro.
  • Que pertenzo a/os seguinte/s grupos de persoas desfavorecidas (deberase achegar xustificación documental)
    • Familias monoparentais.
    • Familias numerosas.
    • Vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra a muller.
    • Mulleres en situación de desemprego de longa duración.
    • Mulleres maiores de 45 anos.
    • Unidades familiares en que existan outras cargas relacionadas cos coidados.
    • Perceptores de rentas mínimas e persoas que esgotasen as prestacións e subsidios
  • Que me fago responsable de todos cantos datos e antecedentes van comprendidos na presente declaración.

Asimesmo, autorizo ao Concello de O Valadouro a requirir a documentación acreditativa dos termos mencionados anteriormente e a recabalos polos seus propios medios.