
Coma nos últimos anos, o Concello de O Valadouro contará para o vindeiro curso 2022/2023 co
programa de Conciliación “Apertura do CEIP Fora do horario lectivo” para os alumnos que cursen os
seus estudos no CEIP Santa María de O Valadouro, o cal se divide nos seguintes subprogramas:
*Madrugadores
*A tarde máis diver
O subprograma “Madrugadores” desenvolverase de 08:15 a 09:30 e terá como horas de entrada as
08:15 e as 08:45.
O Subprograma “A tarde máis diver” desenvolverase de 16:00 a 19:00, coincidindo co remate da
xornada lectiva, e terá como horarios de saída as 17:00, as 18:00 e as 19:00, adiantándose media hora
os horarios de entrada e saída durante os meses de xuño e setembro para coincidir cos horarios do
centro escolar.
Co fin de coñecer as necesidades de conciliación das familias dos alumnos do CEIP Santa María de O
Valadouro, o Concello do Valadouro promove a participación das mesmas nunha enquisa previa á
publicación das Bases reguladoras e á apertura do prazo de solicitudes.
A participación nesta enquisa non supón a reserva de prazas para os alumnos no programa, debendo
formalizarse a solicitude de inscrición unha vez aberto o prazo e aportando a documentación esixida
polas bases reguladoras.
Por todo, as familias dos alumnos que vaian cursar estudos no CEIP Santa María de O Valadouro para o curso
2022/2023 poderán participar na enquisa de necesidades de conciliación cubrindo o modelo anexo e
presentándoo nas Oficinas Municipais en horario de 09:00 a 14:00, na Casa da Cultura en horario de
09:00 a 14:00, a través da Sede Electrónica do Concello de O Valadouro mediante o trámite “Instancia
Xeral” ou por calquera dos medios indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de
Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Tamén se habilitará unha enquisa online, para aquelas persoas que desexen participar na enquisa por este medio.
Que o prazo para participar na enquisa será dende o 16/08/2022 ata o 22/08/2022.