VOTACIÓNS

Desde hoxe ata o próximo 15 de maio están abertas as votacións do II Concurso #QuedaNaCasa online, escolle o traballo que máis che guste dándolle  “ME GUSTA”.

https://www.facebook.com/pg/concellodeovaladouro/photos/?tab=album&album_id=3831040600303064&__tn__=-UC-R

O Concello de O Valadouro, convoca o II concurso #QuedaNaCasa on-line.

Modalidade:

Manualidades con materiais reciclados.

Obxectivo do Concurso:

Fomentar as actividades de ocio e relacións familiares dende o marco do confinamento na casa, fomentando igualmente a valorización dos residuos mediante a súa reutilización para crear novos obxectos e potenciar o valor artístico das composicións realizadas. Para elo os participantes realizaran obxetos a partires de residuos dos nosos fogares.

Participantes:

Esta iniciativa está aberta a todos os veciños de forma familiar ou individual.

Traballos:

  • O obxecto presentado a concurso estará realizado con materiais
    reciclables procedentes do fogar.
  • Temática libre, podendo realizarse un obxecto artístico, utilitario ou
    calquera outro que leve implícito a reutilización de residuos.
  • Cada partipante poderá presentar dúas manualidades.
  • Un membro maior de idade da familia debe sacar unha ou dúas
    fotografías (con boa visibilidade do traballo e enviala ao email
    concurso@valadouro.org coas seguintes indicacións:
  • ASUNTO: CONCURSO MANUALIDADES CON MATERIAIS RECICLADOS
  • CORPO DO EMAIL: Nome, apelidos, idade do participante ou
    participantes, declarándose como un dos autores das obras
    presentadas e nº do seu DNI
  • Cada manualidade irá acompañada dun título e un breve texto de
    descricións do proceso e materiais de elaboración.
  • O Concello pode subir ás súas redes sociais todos ou parte dos
    traballos presentados.
  • O prazo de presentación remata o día 10 de maio.

Valoración:

Os traballos subiranse ás redes sociais municipais (Facebook), sendo os criterios de valoración a través dos “ME GUSTA” obtido en cada traballo.
A votación pública será entre o 11 de maio ás 0:00h e o 15 de maio ás 23:59h Do resultado da votación, así como dos premiados levantarase unha acta que se publicará no taboleiro de anuncios e redes sociais o 17 de maio.

Premios:

Haberá tres premios que consistirán en vales de compra para invertir en locais comerciais do concello de O Valadouro que non puideran abrir pola declaración do ESTADO DE ALARMA e que deberán de ser consumidos no prazo de un mes a partir do día seguinte da entrega de premios. A entrega de premios farase en acto ofcial despois de que remate do Estado de ALARMA.

  • 1º 150 €
  • 2º 100 €
  • 3º 50 €

Dereitos:

Os traballos presentados pasarán a ser propiedade do Concello de O Valadouro e os/as autores/as darán o consentimento para poder divulgalos e difundilos publicamente polos medios que considere oportunos.

ACEPTACIÓN DAS BASES:

A participación no Concurso supón a aceptación das bases, e, por tanto, o participante cede ao Concello do Valadouro os dereitos de propiedade intelectual de reprodución e de comunicación pública asegurando que é o autor da obra co que participa no Concurso, que se trata dunha obra orixinal e que non infrinxe dereitos de terceiros, sexa da natureza que sexan, en caso de resultar gañador do Concurso.

No caso de participantes menores de idade a participación deberá ser subscrita polos seus pais ou titores nos mesmos termos.

Os nomes dos gañadores poderán ser publicados nos seguintes
medios: Redes sociais do Concello do Valadouro e sede electrónica do
mesmo. Por iso, coa aceptación das bases, o participante cede os dereitos
de imaxe publicada a efectos de posibilitar a publicación da mesma e o
seu nome en caso de resultar gañador.

Os datos persoais que facilite o participante serán incorporados a un ficheiro responsabilidade do Concello do Valadouro coa finalidade de xestionar a súa participación no Concurso conforme ao indicado nas presentes bases.

A base xurídica que lexítima este tratamento é a necesidade para cumprir coas bases do Concurso. Con esta finalidade, os datos do participante serán conservados mentres ostente a condición de usuario rexistrado e, posteriormente, durante 5 anos para a atención das posibles responsabilidades derivadas do tratamento.. A base xurídica que lexitima este tratamento é o interese lexítimo. Con esta finalidade, os datos do gañador ou reserva serán conservados na publicación de forma indefinida no tempo, ata que o interesado opóñase a iso ou solicite o seu dereito de supresión.

Ditas bases publicitaranse a través da sede electrónica do concello de O valadouro e da páxina web do concello de O Valadouro.

E para que así conste, asínaas en O Valadouro a concelleira delegada de cultura, dona Josefina Geada Losada na data que figura á marxe.