PROGRAMA XVI MERCADO DE PRIMAVERA
PROGRAMA DO XVI MERCADO DE PRIMAVERA. Venres, 25 de marzo 2022.
A partires das 20:00h, o grupo de Asociación Cultural Musical Dambara marcará o preámbulo do Tradicional Mercado de Primevera realizando un pasacalle polas principais rúas da vila de Ferreira e animando a noite valeca.
De seguido, en torno as 21:00 horas, no salón de actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro, o escritor e historiador valeco Prudencio Vivero Mogo será o encargado da apertura oficial dos actos do mercado e da lectura do pregón.
A nota musical da noite, aportaraa a Asociación Cultural Amado Lar que nos deletará cunha peza musical e un baile en zocas.
PROGRAMA DO XVI MERCADO DE PRIMAVERA. Sábado, 26 de marzo 2022.
Numerosos postos serán os encargados de animar a rúa desde ben cediño e ata ben entrada a tardiña. Podemos atopar postos con produtos da horta, alimentación, artesanía, …
A animación inicial correrá a cargo da Asociación Cultural Amado Lar cun pasacalle desde o local social e ata a Praza de Santa María, onde nos deleitarán cunha pequena mostra do traballo realizado por este colectivo cultural.
De seguido, a Asociación Cultural Musical Dambara marcará as notas musicais polas rúas e locais comerciais da vila de Ferreira.
Outro apartado do mercado, son os distintos concursos que se desenrolarán como o desfile con zocas decoradas, desfile con zocos e desfile con vestimenta tradicional.
Despois dos distintos concursos que se realizarán no escenario da Praza de Santa María, a sesión vermú estará marcada por unha orquestra como as de antes: ALCALDES DA PACHANGA, e que nos vai levar as actividades da tarde.
A mediodía, poderase disfrutar do menú tradicional nos distintos locales hostaleiros do val asi como de postos de comida no mercado como o tradicional polbo.
Xa de tarde, contaremos con obradoiros tradicionais infantís da man de XOTRAMU, a animación do contacontos de ALBA GRANDE ou a actividade de xogos populares de PAPORRUBIO. Ademáis, toda a tarde e parte da mañá contaremos cun LUDOENXEBRE para os máis pequerrechos. Tamén poderán disfrutar de paseo en cabalo durante toda a tarde.
A animación de rúa, no serán será co grupo FESTICULTORES TROUPE que darán paso a segunda parte da ruta de tapeo polos distintos locales hostaleiros do val.
Por outra banda, á noite contamos cun referente folk dos anos 80, BRATH para dar paso a un grupo de recente creación na mariña, como é TRIBU FOLK. Os actos oficiais do mercado rematarán co concerto de ZOCK&ROLL da man do valeco Nuno co espectáculo GRANDE AMORE.
Os actos xerais do Mercado de Primavera contarán cunha exposición de artistas locales ata o 30 de abril e os locales comerciales que decoren o seu escaparate ou o seu interior poderán optar a un premio.
Outra das novidades desta edición, é a exposición de tractores clásicos antigos e un concurso de habilidades de conducción de tractores agrícolas.
CONCURSOS
Concurso de Zocas, Zocos e Vestimenta Tradicional
BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DOS PREMIOS CORRESPONDENTES O DESFILE – CONCURSO TRADICIONAL DO MERCADO DO CONCELLO DE O VALADOURO DO ANO 2022.
CAPÍTULO 1.- LOCALIZACIÓN DO CONCURSO
Primeira. ORGANIZACIÓN
A organización do concurso corre a cargo do Concello de O Valadouro, co seguinte enderezo: Feira Nova, 1 27770 (Ferreira) de O Valadouro)
Segunda. UBICACIÓN
1.-Espacial.
No escenario da praza de Santa María de Ferreira desenvolveranse os concursos-desfiles de zocas, zocos e vestimenta tradicional. A inscrición terá lugar na mesma praza ou no punto de información da organización, dentro do horario exposto ao público, que será de 11:00h a 12:00h o día do Mercado de Primavera.
2.-Temporal.
O concurso e desfile de ZOCAS, ZOCOS E VESTIMENTA TRADICIONAL celebrarase o, 26 de marzo de 2022 a partires das 13:00 h.
CAPÍTULO 2.- DOS PARTICIPANTES.
Primeira. Participantes e modalidades de inscrición.
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, pertencentes ou non ó concello de O Valadouro.
Á inscrición poderá formalizarse nalgunha das categorías seguintes:
ZOCAS, ZOCOS E VESTIMENTA TRADICIONAL
Infantil NENO: nesta categoría participarán nenos ata 15 anos (Cumpridos a 1 de xaneiro de 2022).
Infantil NENA nesta categoría participarán nenas ata 15 anos (Cumpridos a 1 de xaneiro de 2022).
Adulto MASCULINO: nesta categoría participaran homes de máis de 16 anos (Cumpridos a 1 de xaneiro de 2022).
Adulto FEMININO: nesta categoría participaran mulleres de máis de 16 anos (Cumpridos a 1 de xaneiro de 2022)
CAPÍTULO 3º.- DO XURADO
Primeira.- Composición e funcións do xurado
1º O xurado será convocado polo concelleiro de Cultura, Medio Rural, Obras e Normalización Lingüística do concello de O Valadouro.
2º A función do xurado será a de puntuar a cada un dos participantes no concurso para a posterior entrega dos premios.
3º Os membros do xurado actuarán libremente, por decisión propia sen intermediación de terceiros.
Segunda.- Normas de puntuación.
1º Para a puntuación dos concursantes valoraranse tres aspectos relevantes: .
ZOCAS/ZOCOS
1.1º Orixinalidade da zoca/zoco
1.2º Traballo de elaboración e decoración de zocas/zocos.
1.3º Xeito de desfilar en zocas/zocos
VESTIMENTA TRADICIONAL
1.1º Fidelidade ao traxe tradicional (tipo de tea usada, forma do traxe e cores do mesmo)
1.2º Presenza de todas as pezas de roupa e atavíos do traxe tradicional
1.3º Xeito de desfilar
2º A través dunha táboa de puntuacións, entregada con anterioridade ao concurso a cada membro do xurado, levarán a cabo a valoración de cada un dos concursantes. Para isto puntuarán de 0 a 5 cada aspecto a ter en conta, sendo 0 a puntuación máis baixa e 5 a puntuación máis alta.
3º En caso de empate entre dous ou máis concursantes, (coa mesma puntuación), desempataríase co participante que conte puntuacións máis altas e de seguir empatado, abriríase un debate entre os membros do xurado para chegar a unha posible resolución. De non ser posible e sempre como última medida, levarase a cabo un sorteo entre os concursantes empatados.
4º O xurado outorgará un único premio por categoría e gárdase a posibilidade de que quede algún premio vacante, no caso de que non vexa a ningún dos concursantes merecedor de dito premio.
CAPÍTULO 4.- PREMIOS
Primeira.-Importes e categorías dos premios.
Neno zoca Nena zoca
Premio: 20 euros Premio: 20 euros
Neno zoco Nena zoco
Premio: 20 euros Premio: 20 euros
Neno vestimenta Nena vestimenta
Premio: 20 euros Premio: 20 euros
Masculino zoco Feminino zoco
Premio: 60 euros Premio: 60 euros
Masculino zoca Feminino zoca
Premio: 60 euros Premio: 60 euros
Masculino vestimenta Feminino vestimenta
Premio: 60 euros Premio: 60 euros
De conformidade co artigo 75.3f do Real Decreto 439/2007 de 30 de Marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e se modifica o Regulamento de Plans e Fondos de Pensións, aprobado por Real decreto 304/2004, de 20 de febreiro, non existe obriga de practicar retención ou ingreso a conta sobre os mencionados premios, agás os que superen a contía de 300 euros.
Segunda.- Da entrega dos premios.
Os concursantes maiores de idade deberán ir documentados con DNI, Pasaporte, Tarxeta de Residencia ou calquera outro documento oficial que os identifique, aos efectos de que en caso de ser gañadores do premio correspondente, poda constar a súa identidade na acta que se levantará ao efecto e que os identificará como gañadores do premio.
No caso de participantes menores de idade, se tivesen os documentos de identidade mencionados no paragrafo anterior, presentaranos, en todo caso, deberán ir acompañados do pai, nai ou titor legal (coa súa correspondente documentación) que poda responder do menor en caso de ser gañador dun premio.
Os gañadores dos premios coñeceranse en acto público no transcurso da sesión vermú.
DISPOSICIÓNS FINAIS
Calquera persoa que queira participar no concurso ten dereito a poder acceder a estas bases e facer calquera consulta que considere oportuna.
Asimesmo, estas bases estarán publicadas na paxina web do concello de O Valadouro, na sede electrónica do concello de O Valadouro, no taboleiro de anuncios do centro socio-cultural, xuvenil e da terceira idade “Manuel Lourenzo” e no taboleiro de anuncios do concello de O Valadouro.
A participación no concurso implica directamente a aceptación destas normas. O non cumprimento delas desencadearía na exclusión e non participación no concurso do individuo ou individuos que non cumpriran estas.
Concurso local comercial “enxebre” e local hostaleiro “enxebre”.
BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DOS PREMIOS CORRESPONDENTES Ó LOCAL COMERCIAL DECORADO MÁIS “ENXEBRE” E Ó LOCAL HOSTALEIRO MÁIS “ENXEBRE” DO CONCELLO DE O VALADOURO NO MERCADO TRADICIONAL ANUAL DE PRIMAVERA 2022.
CAPÍTULO 1.- LOCALIZACIÓN DO CONCURSO
Primeira. ORGANIZACIÓN
A área de cultura do concello de O Valadouro organiza a XVI edición do Mercado Tradicional Anual de Primavera e, coincidindo con esta festa, o segundo certame de local comercial decorado máis “enxebre” e o segundo certame de local hostaleiro decorado máis “enxebre”.
O certame ten por obxeto promover a creatividade dos comerciantes e hostaleiros na presentación dos seus establecementos e produtos durante a celebración do XVI Mercado Tradicional Anual de Primavera co fin de que sexan máis atractivos para os seus clientes e á súa vez contribuir ó especial ambiente festivo desta data tan importante para a vila de Ferreira.
Segunda. UBICACIÓN
1.- Espacial.
Nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro poderanse consultar as bases así como realizar a inscrición, ou mesmo consultar calquera tipo de dúbida.
2.-Temporal.
O certame de local comercial decorado máis “enxebre” e o certame de local hostaleiro decorado máis “enxebre” realizarase durante a xornada do 26 de marzo de 2022. O local participante, unha vez cuberta a solicitude de inscrición, comprométese a facilitar o acceso ó xurado para que poda ser cualificado, e ó mesmo tempo o xurado non interferirá nin interrumpirá as labouras que estean a realizar os donos, responsables ou asalariados. A inscrición poderá efectuarase nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro ata 25 de marzo de 10:00 horas a 14:00 horas ou de 16:00 horas a 20:00 horas.
CAPÍTULO 2.- DOS PARTICIPANTES.
Primeira. Participantes e modalidades de inscrición.
Poderán participar todos aqueles locais comerciais e hostaleiros situados na vila de Ferreira previa inscrición nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro.
Á inscrición poderá formalizarse nalgunha das categorías seguintes:
Local Comercial: nesta categoría participarán todo tipo de negocios, tendas, oficinas, locais, almacéns agás os definidos na categoría de hostaleiros.
Local Hostaleiro: nesta categoría poderán participar todo tipo de negocios ou tendas que poden vender bebidas (alcoólicas ou non) e/ou comidas ó por menor despezadas. Nesta categoría incluirase o local propiamente dito así como o exterior do local (terraza).
En ámbalas dúas categorías se puntuarán tamén, a parte do atrezzo interior e escaparate, a indumentaria dos propietarios/dependentes que estean no intre da calificación. Recoméndase que os distintos locais participantes non usen elementos plásticos de publicidade (na súa maior parte). Trátase de recuperar a imaxe que terían os negocios en épocas pasadas.
O xurado valorará tanto a dificultade no proceso de elaboración do decorado como a orixinalidade dos materiais empregados, a utilización de elementos da actividade comercial e o resultado estético global do conxunto, sen perder nunca de vista o feito de que se debe tratar dunha ambientación “ENXEBRE”.
Para poder participar en calquera das dúas modalidades, deberase de cubrir o modelo oficial facilitado polo Concello de O Valadouro, denominado como anexo I.
CAPÍTULO 3º.- DO XURADO
Primeira.- Composición e funcións do xurado
1º O xurado será nominado polo concelleiro de Cultura, Obras e Normalización Lingüística do concello de O Valadouro con antelación á celebración do concurso.
2º A función do xurado será a de puntuar a cada un dos locais participantes no concurso para a posterior entrega dos premios.
3º Os individuos que conforman o xurado actuarán libremente, por decisión propia sen intermediación de terceiros.
Segunda.- Normas de puntuación.
1º Para a puntuación dos concursantes valoraranse tres aspectos relevantes: orixinalidade da idea, elaboración do conxunto do local (exterior e interior) e posta en escea.
1.1) Orixinalidade da idea. Valorarase a capacidade que ten cada local de recrear unha época de fai anos cos medios que temos na actualidade pero sen acudir a prefabricados.
1.2) Traballo de elaboración. Terase en conta o traballo que leva desenrolar a idea que tenta reproducir e se se disimulan todos os elementos estructurais así como a complicación de realizar un decorado “enxebre”. Terase en conta, no apartado de locales hostaleiros, a parte externa do local (terraza) pero sen chegar a ser decisiva á hora da puntuación xeral do local.
1.3) Posta en escea. Puntuarase positivamente que os donos/empregados leven unha indumentaria acorde coa festa que se está a celebrar.
2º A través dunha táboa de puntuacións entregada con anterioridade ao concurso a cada membro do xurado, levarán a cabo a valoración de cada un dos locales participantes. Para isto puntuarán de 0 a 9 cada aspecto a ter en conta, sendo 0 a puntuación máis baixa e polo tanto a máis negativa e 10 a puntuación máis alta e polo tanto máis positiva.
3º En caso de empate entre dous ou máis concursantes, (coa mesma puntuación), desempataríase co participante que conte puntuacións máis altas parciais de cada unha das categorías dos membros do xurado e de seguir empatado, abriríase un debate entre os membros do xurado para chegar a unha posible resolución. De non ser posible e sempre como última medida, levarase a cabo un sorteo entre os concursantes empatados.
4º O xurado, sempre que o número de participantes o permita, deberá propor 1 premiado en cada categoría.
5º O xurado gárdase a posibilidade de que quede algún premio vacante, no caso de que non vexa a ningún dos locais participantes merecedor de dito premio.
6º O resultado dos certames darase a coñecer no descanso dos concerto entre Tribu Folk e Grande Amore na praza de Santa María ademais posteriormente na sede electrónica do concello e nas redes sociais do Concello de Valadouro
8º O apartado económico dos distintos premios farase efectiva por transferencia bancaria. Unha vez coñecidos os gañadores dos certames, os seus donos, deberán de aportar unha certificación bancaria do número de conta ó que desexa que se lle faga o abono. En caso de non cumprirse este requisito, o premio, en cada categoría, podería recaer no seguinte da lista de premiados por orde.
CAPÍTULO 4.- PREMIOS
Primeira.- Importes e categorías dos premios.
O valor dos premios otorgado a cada categoría será o seguinte:
Local comercial máis “ENXEBRE” 2022:
Premio: 300 euros
Local hostaleiro máis “ENXEBRE” 2022:
Premio: 300 euros
De conformidade co artigo 75.3 do Real Decreto 439/2007 de 30 de Marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e se modifica o Regulamento de Plans e Fondos de Pensións, aprobado por Real decreto 304/2004, de 20 de febreiro, non existe obriga de practicar retención ou ingreso a conta sobre os mencionados premios.
Segunda.- Da entrega dos premios.
O acto de recoñecemento acreditativo en cada unha das categorías será en acto público durante o descanso dos concertos de Tribu Folk e Grande Amore. A entrega da parte económica farase por via transferencia bancaria.
DISPOSICIÓNS FINAIS
Calquera local comercial, hostaleiro e derivados que queira participar no concurso ten dereito a poder acceder a estas bases e facer calquera consulta que considere oportuna.
Asimesmo, estas bases estarán publicadas na sede electronica do concello de O Valadouro (valadouro.sedelectronica.es), no taboleiro de anuncios do concello de O Valadouro así como no taboleiro de anuncios do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” do concello de O Valadouro.
A participación no concurso implica directamente a aceptación destas normas. O non cumprimento de las desencadearía na exclusión e non participación no concurso do local que non cumpriran estas.
BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DOS PREMIOS CORRESPONDENTES AO CONCURSO DE HABILIDADES NA CONDUCION DE TRACTOR E REMOLQUE NO MERCADO TRADICIONAL ANUAL DE PRIAMVERA 2022.
CAPÍTULO 1.- LOCALIZACIÓN DO CONCURSO
Primeira. ORGANIZACIÓN
A área de cultura do concello de O Valadouro organiza a XVI edición do Mercado Tradicional Anual de Primavera e, coincidindo con esta festa, o primeiro certame de habilidades na conducción do tractor e remolque
O certame ten por obxeto promover premiar a pericia e habilidade dos agricultores na condución do tractor e remolque, reivindicando a forma de vida e de traballo na agricultura de antes e agora a través da maquinaria.
Segunda. UBICACIÓN
1.- Espacial.
No posto informativo do Concello do Valadouro poderanse consultar as bases así como realizar a inscrición, ou mesmo consultar calquera tipo de dúbida.
2.-Temporal.
O certame condución realizarase durante a xornada do 26 de marzo de 2022. A inscrición poderá efectuarse no stand informativo do Concello de Valadouro no Mercado de Primavera situado na Praza de Santa María
CAPÍTULO 2.- DOS PARTICIPANTES.
Primeira. Participantes e tipo de proba.
1.Poderán participar neste concurso as persoas que dispoñan do oportuno permiso de conducir en vigor.
2.As probas serán de habilidade no manexo de tractor con remolque.
3.- O tractor e remolque será o mesmo para todos os participantes, achegándoo o Concello de Valadouro
4.- O percorrido será en forma de L, con ida marcha adiante e regreso marcha atrás, sorteando uns obstáculos colocados na posición central do percorrido, non podendo sacar o tractor nin remolque do itinerario marcado previamente.
CAPÍTULO 3º.- DO XURADO
Primeira.- Composición e funcións do xurado
1º O xurado será nominado polo concelleiro de Cultura, Obras e Normalización Lingüística do concello de O Valadouro con antelación á celebración do concurso.
2º A función do xurado cualificará e supervisará o desenvolvemento das probas e procederá á emisión dos resultados das mesmas, de forma inapelable y y yet geyhc, estando autorizado para interpretar con arranxo ás presentes bases calquera dúbida técnica que poida derivarse durante a celebración do Concurso
3º Os individuos que conforman o xurado actuarán libremente, por decisión propia sen intermediación de terceiros.
Segunda.- Normas de puntuación.
Puntuarase aos participantes polo tempo transcorrido durante a realización do percorrido, penalizando, entre outros, os cambios de velocidade e freada (marchas cara a adiante ou cara atrás, correctoras da súa posición), tocar os postes centrais co tractor ou remolque, ou pisar as bandas señalizadoras do itinerario. Cada unha destas accións penalizarase cun punto.
O apartado económico dos distintos premios farase efectiva por transferencia bancaria. Unha vez coñecidos os gañadores dos certames deberán de aportar unha certificación bancaria do número de conta ó que desexa que se lle faga o abono. En caso de non cumprirse este requisito, o premio podería recaer no seguinte da lista de premiados por orde.
CAPÍTULO 4.- PREMIOS
Primeira
Os premios convocados son:
1º Premio: 150 .
2º Premio: 100 .
3º Premio: 50 .
De conformidade co artigo 75.3 do Real Decreto 439/2007 de 30 de Marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e se modifica o Regulamento de Plans e Fondos de Pensións, aprobado por Real decreto 304/2004, de 20 de febreiro, non existe obriga de practicar retención ou ingreso a conta sobre os mencionados premios.
Segunda.- Da entrega dos premios.
O acto de recoñecemento acreditativo será en acto público durante o descanso dos concertos de Tribu Folk e Grande Amore. A entrega da parte económica farase por via transferencia bancaria.
DISPOSICIÓNS FINAIS
Calquera persoa que queira participar no concurso ten dereito a poder acceder a estas bases e facer calquera consulta que considere oportuna.
Asimesmo, estas bases estarán publicadas na sede electronica do concello de O Valadouro (valadouro.sedelectronica.es), no taboleiro de anuncios do concello de O Valadouro así como no taboleiro de anuncios do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” do concello de O Valadouro.
A participación no concurso implica directamente a aceptación destas normas. O non cumprimento de las desencadearía na exclusión e non participación no concurso do que non cumpriran estas.
Bases e inscrición de postos para o XVI Mercado de Primavera
DATA: 26 de marzo de 2022
HORARIO MÍNIMO: De 10:00h. a 19:00h.
Establécese un compromiso de horario de participación mínima de cada un dos postos que forman parte do Mercado de Primavera entre as 10:00h. e as 19:00h. A partires de ahí, será decisión de cada posto continuar ou recoller os seus produtos.
Poderase acceder ó recinto feiral con vehículos desde as 8:00h. e ata as 10:00h. e entre as 19:00h. e as 21:00h. e despois das 02:00h. do día 27 de marzo. Fora deste horario, solo poderán acceder ó recinto feiral os vehículos autorizados(animacións, etc…), organización e prioritarios de emerxencia.
PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 09 ó 18 de marzo
Establécese unha inscrición entre o 9 e o 18 de marzo podendo formalizarse nas oficinas da Casa da Cultura (de luns a venres de 10:00h. a 14:00h e de 16:30h. a 20:00h.), por teléfono no 982571516 ext. 1, por email en cultura@valadouro.gal ou mesmo na sede eletrónica do concello de O Valadouro.
Se chegado o día ainda quedaran postos vacantes, estes poderíanse ocupar ata cubrir o cupo establecido.
UBICACIÓN:
A ubicación de postos do Mercado de Primavera será polas R/ Andrés López Palmeiro, R/Severino Cociña, Praza de Santa María (incl. o cantón), Avenida de Viveiro, Rúa Xistral, Aparcadoiro Municipal de Rúa Xistral e parque Concepción Arenal.
DISTRIBUCIÓN:
A organización distribuirá os distintos postos polas rúas polas que transcurre o mercado atendendo a criterios de organización e
comercialización.
Cada solicitude estará asociada a cada posto e cada posto asociado a un número de identificación fiscal.
Non se permitirá o intercambio de postos agás previa solicitude á organización.
Non se distribuirán os postos atendendo as demandas de maior posibilidade de venda debido a que zona de venda é todo o espazo destinado a mercado.
O feito de acudir ó evento en edicións anteriores non implica posesión do mesmo espazo de outras ocasións, podendo a organización redistribuilos e colocalos segundo necesidades de espazo.
CARACTERIZACIÓN:
Recoméndase que tanto os distintos postos (propios ou facilitados polo concello) como as persoas encargadas dos mesmos estean caracterizados como se se tratase dun mercado dos anos 40 ou 50.
RESPONSABILIDADES:
A organización da actividade exímese de calquera tipo de responsabilidade sobre os postos e a mercancía que cadaquén oferte
facéndose responable do produto alí exposto a persoa solicitante. Non se obriga a que os responsables de cada posto estean presentes todo o tempo diante ou detrás de cada posto pero si responsabilizarse dos produtos.
Os solicitantes deberán de responsabilizarse de cada posto e de comunicar calquera deficiencia que se observe así como de deixar todo ben recollido e limpo.
O solicitante deberá de estar no posto sen poder cedelo a terceiros sen autorización previa.
Non se permite reproducir fontes de música nin megafonía, agás os autorizados pola organización.
Cada punto de venta estará perfectamente identificado, con follas de reclamación, litaxe de mercadorías e tarifa de ventas.
DECISIÓNS:
Os responsables de cada posto acatarán toda canta decisión se lle transmita desde a propia organización e/ou membros de
seguridade e sempre baixo unhas condicións de repeto mutuo entre ambas partes.
Non facer caso das ordes recomendadas podería ser motivo de expulsión do mercado.