BASES PARTICIPACIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE O VALADOURO

FÚTBOL

1.- ÁMBITO DE APLICACIÓN

Estas actividades de conciliación están orientadas aos alumnos e alumnas que cursen estudos dende 4º de infantil ata 4º de ESO para o curso escolar 2022/2023.

2.- OBXETO

O obxecto das Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro é principalmente fomentar a práctica de actividades físico-deportivas entre a poboación infantil e xuvenil e establecer as bases para que esta práctica sexa un recurso de convivencia, participación e, en xeral mellora da calidade de vida no Concello de O Valadouro.

3.- INICIO E HORARIOS

Inicio: 05/09/2022 (mínimo 5 alumnos para realizar a actividade)

Categorías:

  • Biberón (2018-2017)
  • Prebenjamín (2016-2015)
  • Benjamín (2014-2013)
  • Alevín (2012-2011)
  • Infantil (2010-2009)
  • Cadete (2008-2007)

Horarios:

  • LUNS:
    • 16:00 a 17:00 – Biberón
    • 17:00 a 18:00 – Alevín e Infantil
  • MARTES:
    • 16:00 a 18:00 – Benjamín e prebenjamín
    • 19:00 a 21:00 – Cadete
  • MÉRCORES:
    • 16:00 a 17:00 – Benjamín e prebenjamín
    • 17:00 a 18:00 – Porteir@s
    • 19:00 a 21:00 – Cadete
  • XOVES:
    • 16:00 a 18:00 – Alevín e infantil
  • VENRES:
    • 16:00 a 17:00 – Benjamín e prebenjamín
    • 17:00 a 19:00 – Cadete

Lugar de realización: Campos de Fútbol e pavillóns polideportivos dos Concellos de Alfoz e O Valadouro

Total de prazas dispoñibles: segundo a normativa vixente.

As entregas e recollidas de alumnos deberán realizarse con puntualidade.

A falta de asistencia ou puntualidade terá como consecuencia a perda da praza na actividade, pasando ao último posto da lista de reserva.

4.- REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES

As solicitudes serán cursadas polos proxenitores ou titores legais dos alumnos que asistirán ás actividades e deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Os alumnos deberán estar cursando estudos comprendidos entre 4º de educación infantil e 4º da ESO

5.- SOLICITUDES.

Todas as persoas solicitante, ao momento de presentar a súa solicitude estarán aceptando as presentes bases.

As solicitudes serán cursadas polo proxenitores ou titores legais dos alumnos e alumnas no modelo facilitado polo Concello de O Valadouro (ANEXO I) dende o 29/08/2022 ata o día 01/09/2022 as 14:00 horas para os alumnos que desexen comezar a actividade o día 05/09/2022.

O prazo de inscrición quedará aberto todo o curso escolar. Si se completan as prazas para unha categoría, as persoas solicitantes pasarán a formar parte da listaxe de reserva.

 A oficina para a presentación de solicitudes atópase no primeiro andar do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro.

Tamén poderán presentar as solicitudes na Sede Electrónica do Concello de O Valadouro a través do trámite “Instancia Xeral” ou en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

5.- DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA.

As solicitudes deberán ir acompañadas obrigatoriamente da seguinte documentación:

  • Copia do DNI.

6.- INSTRUCCIÓN E TRAMITACIÓN

A instrución do procedemento corresponderá ao Concelleiro delegado de Obras e Deportes.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes e revisadas todas as presentadas, o Instrutor emitirá un informe, o cal se elevará á Alcaldía no cal constarán 3 listas:

  1. Solicitudes admitidas: Alumnos que obteñen praza nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro na actividade de Fútbol. Nesta lista indicarase o día de comezo das actividades e o lugar de realización.
  • Solicitudes admitidas: Alumnos que pasan a formar a listaxe de reserva nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro.
  • Solicitudes que deben ser subsanadas.

A resolución do procedemento corresponderá ao Alcalde.

Unha vez visto o Informe do Instrutor, o Alcalde ditará Resolución na cal se incluirán as citadas listas e que será publicada no taboleiro de anuncios, na páxina web e na sede electrónica do Concello de O Valadouro.

No caso de que se cubran todas as prazas, os proxenitores dos alumnos que pasen a formar parte da lista de reserva serán avisados antes do inicio da actividade.

7.- CRITERIOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO

Poderán obter unha praza nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro na actividade de Fútbol aqueles alumnos cuxos proxenitores ou titores legais presentaran unha solicitude correctamente cumprimentada.

Para a selección dos alumnos seguirase a orde de preferencia que se indica a continuación:

  • Orde de rexistro de entrada da solicitude.

Tomarase como data de rexistro de entrada da solicitude aquela na que se presente a documentación completa.

8.- NORMAS DE FUNCIONAMENTO

Dará lugar á perda da praza dentro das Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro calquera falseamento ou ocultación de información na documentación presentada para a solicitude, sen prexuízo das responsabilidades que poidan derivarse.

Formarán parte das Escolas Deportivas a aquelas solicitudes que cumpran os requisitos da convocatoria, figurando os alumnos nas listas de solicitudes admitidas.

Unha vez iniciado o programa e, sempre e cando queden prazas libres, poderán inscribirse máis interesados ata cubrir todas as prazas.

Se unha persoa inscribe un participante e están todas as prazas cubertas, ou se fai fóra de prazo, dita solicitude pasará á lista de reserva.

No caso de que un proxenitor ou titor legar desexe dar de baixa ao alumno nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro, deberá comunicalo por escrito e presentando a súa solicitude na oficina situada no primeiro andar do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro.

Os participantes estarán sempre acompañados do persoal cualificado da empresa encargada de xestionar o programa. Non se permitirá o acceso ás instalacións onde se realice o programa, de ninguén máis que a dos alumnos participantes, os monitores e os traballadores municipais.

Os inscritos distribuiranse en grupos segundo as súas idades co fin de homoxeneizar o grupo de actividade do que forman parte.

O ratio por monitor establecerase segundo a normativa vixente e o programa cumprirá todas as exixencias establecidas para a prevención da COVID-19.

9.- FALTAS DE ASISTENCIA E PUNTUALIDADE

Os alumnos deberán acudir en todo momento respectando os horarios de entrada e saída.

No caso de ter 3 faltas de asistencia ou puntualidade inxustificadas, os proxenitores ou titores do alumno ou alumna perderán do dereito á praza dentro das Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro.

10.- PUBLICIDADE

As presentes bases serán publicadas na sede electrónica e na páxina web do Concello de O Valadouro, así como as listas de solicitudes admitidas e desestimadas e calquera outra comunicación colectiva.

11.- MODIFICACIÓNS, SUSPENSIÓN OU CANCELACIÓN DO PROGRAMA

O correcto desenrolo das Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro está condicionado á actual situación sanitaria, podendo sufrir modificacións, suspensión de servizos ou a total cancelación das Escolas Deportivas segundo sexa necesario para garantir a seguridade e saúde dos alumnos e alumnas participantes, así como do resto de alumnado do centro escolar, monitores, traballadores e as súas familias.

Calquera modificación, suspensión ou cancelación do programa será notificado ás familias participantes.