BASES PARTICIPACIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE O VALADOURO PATINAXE.
1.- ÁMBITO DE APLICACIÓN.
Estas actividades de conciliación están orientadas aos alumnos e alumnas que cursen estudos dende 4º de infantil ata 6º de primaria para o curso escolar 2020/2021.
2.- OBXETO.
O obxecto das Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro é principalmente fomentar a práctica de actividades físico-deportivas entre a poboación infantil e xuvenil e establecer as bases para que esta práctica sexa un recurso de convivencia, participación e, en xeral mellora da calidade de vida no Concello de O Valadouro.
3.- INICIO E HORARIOS.
Inicio: 07/10/2020
Horarios:
- Grupo 1: 5º de infantil – 6º infantil – 1º primaria o Mércores de 16:00 a 17:00
- Grupo 2: 2º e 3º de primaria o Mércores de 17:00 a 18:00
- Grupo 3: 4º, 5º e 6º de primaria o Mércores de 18:00 a 19:00
Lugar de realización: Pavillón polideportivo do Concello O Valadouro
Total de prazas dispoñibles: 15 por clase
As entregas e recollidas de alumnos deberán realizarse con puntualidade.
A falta de asistencia ou puntualidade terá como consecuencia a perda da praza na actividade, pasando ao último posto da lista de reserva.
4.- REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES.
As solicitudes serán cursadas polos proxenitores ou titores legais dos alumnos que asistirán ás actividades de conciliación e deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Os alumnos deberán estar cursando estudos comprendidos entre 4º de educación infantil e 6º de primaria.
5.- SOLICITUDES.
Todas as persoas solicitante, ao momento de presentar a súa solicitude estarán aceptando as presentes bases.
As solicitudes serán cursadas polo proxenitores ou titores legais dos alumnos e alumnas no modelo facilitado polo Concello de O Valadouro (ANEXO I) dende a data de publicación das presentes Bases ata o día 5 de outubro de 2020 as 14:00 horas para os alumnos que desexen comenzar a actividade o día 7 de outubro de 2020.
O prazo de inscrición quedará aberto todo o curso escolar. Si se completan as prazas para unha categoría, as persoas solicitantes pasarán a formar parte da listaxe de reserva.
A oficina para a presentación de solicitudes atópase no primeiro andar do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro, solicitando cita previa no teléfono 982 57 15 16.
Tamén poderán presentar as solicitudes na Sede Electrónica do Concello de O Valadouro a través do trámite “Instancia Xeral” ou en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
5.- DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA.
As solicitudes deberán ir acompañadas obrigatoriamente da seguinte documentación:
- Copia do DNI.
- Declaración xurada (ANEXO II) onde garanticen que durante os 14 días previos ó inicio da actividade o menor non sufríu tos, febre, cansanzo ou falta de aire e que non estivo en contacto con ninguén que sufrirá esta sintomatoloxía e que se compromete a comunicar calquera síntoma ou contacto directo con persoas que teñan síntomas compatibles coa COVID-19.
6.- INSTRUCCIÓN E TRAMITACIÓN.
A instrución do procedemento corresponderá á Concelleira delegada de Servizos sociais, educación e xuventude, deportes, muller, familia e conciliación.
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes e revisadas todas as presentadas, elaboraranse 3 listas:
- Solicitudes admitidas: Alumnos que obteñen praza nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro na actividade de Panitaxe. Nesta lista indicarase o día de comezo das actividades e o lugar de realización.
- Solicitudes admitidas: Alumnos que pasan a formar a listaxe de reserva nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro.
- Solicitudes que deben ser subsanadas.
As citadas lista serán publicadas no taboleiro de anuncios, na páxina web e na sede electrónica do Concello de O Valadouro.
No caso de que se cubran todas as prazas, os proxenitores dos alumnos que pasen a formar parte da lista de reserva serán avisados antes do inicio da actividade.
7.- CRITERIOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO.
Poderán obter unha praza nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro na actividade de Patinaxe aqueles alumnos cuxos proxenitores ou titores legais presentaran unha solicitude correctamente cumprimentada.
Para a selección dos alumnos seguirase a orde de preferencia que se indica a continuación:
- Orde de rexistro de entrada da solicitude.
8.- NORMAS DE FUNCIONAMENTO.
Dará lugar á perda da praza dentro das Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro calquera falseamento ou ocultación de información na documentación presentada para a solicitude, sen prexuízo das responsabilidades que poidan derivarse.
Formarán parte das Escolas Deportivas a aquelas solicitudes que cumpran os requisitos da convocatoria, figurando os alumnos nas listas de solicitudes admitidas.
Unha vez iniciado o programa e, sempre e cando queden prazas libres, poderán inscribirse máis interesados ata cubrir todas as prazas.
Se unha persoa inscribe un participante e están todas as prazas cubertas, ou se fai fóra de prazo, dita solicitude pasará á lista de reserva.
No caso de que un proxenitor ou titor legar desexe dar de baixa ao alumno nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro, deberá comunicalo por escrito e presentando a súa solicitude na oficina situada no primeiro andar do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro.
Os participantes estarán sempre acompañados do persoal cualificado da empresa encargada de xestionar o programa. Non se permitirá o acceso ás instalacións onde se realice o programa, de ninguén máis que a dos alumnos participantes, os monitores e os traballadores municipais.
Os inscritos distribuiranse en grupos segundo as súas idades co fin de homoxeneizar o grupo de actividade do que forman parte.
O ratio por monitor establécese en 15 participantes e o programa cumpre todas as exixencias establecidas pola normativa de campamentos para COVID-19.
Xunto coa instancia de solicitude, os responsables dos participantes deberán asinar una declaración xurada onde garanticen que durante os 14 días previos ó inicio da actividade o menor non sufríu tos, febre, cansanzo ou falta de aire e que non estivo en contacto con ninguén que sufrirá esta sintomatoloxía e que se compromete a comunicar calquera síntoma ou contacto directo con persoas que teñan síntomas compatibles coa COVID-19.
Durante a realización das actividades, manterase a distancia de seguridade entre participantes (de non ser posible evitar contactos, farase uso de xeles sanitizantes continuamente) e no caso dos maiores de 6 anos será de uso obrigado de máscaras en todo momento e todos os participantes terán a libre disposición de xel sanitizante.
Por mor da PANDEMIA COVID-19 recoméndase que a inscripción se faga preferentemente por medios telemáticos (sede electrónica, e-mail…) ou en persoa nas oficinas da casa da cultura con cita previa no 982 57 15 16 ou no e-mail cultura@valadouro.org.
9.- FALTAS DE ASISTENCIA E PUNTUALIDADE.
Os alumnos deberán acudir en todo momento respectando os horarios de entrada e saída.
No caso de ter 3 faltas de asistencia ou puntualidade inxustificadas, os proxenitores ou titores do alumno ou alumna perderán do dereito á praza dentro das Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro.
Por motivos de seguridade e saúde, se as faltas de asistencia están xustificadas por motivo de síntomas compatibles coa COVID-19 do alumno ou alumna ou contacto directo do alumno ou alumna con persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 deberán comunicalo ao centro escolar, ao Concello de O Valadouro e ás autoridades sanitarias.
10.- PUBLICIDADE.
As presentes bases serán publicadas na sede electrónica e na páxina web do Concello de O Valadouro, así como as listas de solicitudes admitidas e desestimadas e calquera outra comunicación colectiva.
11.- MODIFICACIÓNS, SUSPENSIÓN OU CANCELACIÓN DO PROGRAMA.
O correcto desenrolo das Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro está condicionado á actual situación sanitaria, podendo sufrir modificacións, suspensión de servizos ou a total cancelación das Escolas Deportivas segundo sexa necesario para garantir a seguridade e saúde dos alumnos e alumnas participantes, así como do resto de alumnado do centro escolar, monitores, traballadores e as súas familias.
Calquera modificación, suspensión ou cancelación do programa será notificado ás familias participantes.
E para que así conste, asínaas en O Valadouro a concelleira delegada Servizos sociais, educación e xuventude, deportes, muller, familia e conciliación dona María Mon Geada na data de sinatura á marxe.