Obxeto: Crear listaxe de emprego temporal para prestar servizos como persoal funcionario interino ou persoal laboral de ADMINISTRATIVO/A 

Relación xurídica co concello: Grupo C – Subgrupo C1 ou equivalente no caso de contratación de persoal laboral temporal.

Adscrición: Ás distintas Unidades Administrativas, declaradas prioritarias ou que formen parte de servizos públicos esenciais,  unha vez motivada a preceptiva necesidade urxente e inaprazable da incorporación.

Requisitos: Titulación de Bacharelato ou equivalente.

Prazo límite de presentación de instancias: 1 AGOSTO 2023

BASES PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL, PARA A ELABORACIÓN DE LISTAXE DE EMPREGO TEMPORAL DE ADMINISTRATIVO.

1. OBXECTO.

As presentes bases teñen por obxecto establecer o procedemento de selección para a elaboración de listaxe de emprego temporal  para prestar servizos como persoal funcionario interino ou persoal laboral de ADMINISTRATIVO/A  no Concello de O Valadouro.

2.- RELACIÓN XURÍDICA:

Segundo o caso que motive a contratación ou nomeamento:

  1. Persoal funcionario Interino regulado no art. 10.1 do  RD 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
  • Persoal Laboral temporal conforme ao previsto no RD 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e no Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

3.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA/POSTO/EMPREGO:    

3.1.- DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: ADMINISTRATIVO/A.

3.2.- GRUPO DE ENCADRAMENTO: Grupo C – Subgrupo C1 ou equivalente no caso de contratación de persoal laboral temporal.

3.3.- RETRIBUCIÓNS:

As retribucións a percibir polo/a ocupante serán as corresponden á praza/posto/emprego de: Administrativo (funcionario ou persoal laboral segundo o caso).

4.- ADSCRICIÓN:

Ás distintas Unidades Administrativas, declaradas prioritarias ou que formen parte de servizos públicos esenciais,  unha vez motivada a preceptiva necesidade urxente e inaprazable da incorporación.

5.- FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO:

En xeral as propias dun Administrativo/a consistentes en funcións administrativas, normalmente de trámite ou xestión e colaboración:  tarefas de apoio ás funcións de nivel superior ou calquera outra afín á categoría do posto e semellantes ás descritas que lle sexan encomendadas e resulten necesarias por razóns do servizo.

Con carácter particular, as seguintes:

– Contabilidade.

– Xestións administrativas de tesourería: Seguimento de cobros e pagos, etc…

–  Confección de declaracións periódicas tributarias (IRPF e IVE).

– Remisión de información sobre obrigas financeiras das Entidades Locais.

-Tramitacións de expedientes administrativos de todo tipo (contratación, subvencións, urbanismo, educación, medio rural, medio ambiente,servizos sociais, etc.)

– Recadación e xestión tributaria.

– Atención ao público (presencial e telefónica).

– Rexistro (Concello e Portelo).

– Asistencia a Secretaría-Intervención.

– Calquera outra que lle encomende o seu superior xerárquico.

6.-  REQUISITOS INDISPENSABLES. TITULACIÓN ACADÉMICA:

6.1.- Requisitos Xerais:

– Titulación de Bacharelato ou equivalente.

6.2.-Requisitos específicos:

– Ter coñecemento do idioma galego que se acreditará co certificado do curso de perfeccionamento, Celga 4 ou equivalente.

No caso de non ter documentación acreditativa esixida, deberase superar unha proba de coñecemento de lingua galega, nos termos que se recollen nestas bases.

6. PUBLICACIÓN.

O extracto da convocatoria e das bases publicarase no Boletín Oficial da Provincia (BOP), no taboleiro de anuncios da Entidade e na súa páxina web (www.valadouro.org).

7. NORMAS DE APLICACIÓN.

– RD Lei 5/2015, de 30 de outubro, por el que se aproba o Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público.

– Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia.

– Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases del Réxime Local.

– Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

– Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

– Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, por el que se aproba o Texto Refundido de las disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local.

– Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e los programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración Local (de carácter supletorio).

– Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ó Servizo da Administración Xeral do Estado.

– Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido de la Lei del Estatuto dos Traballadores.

8. REQUISITOS QUE CUMPRIRÁN AS PERSOAS ASPIRANTES PARA SER ADMITIDAS AO PROCESO SELECTIVO.

As persoas aspirantes farán constar na solicitude que reúnen os requisitos que seguidamente se sinalan:

a) Ter nacionalidade española ou ter nacionalidade doutro Estado co alcance que se sinala no artigo 57 do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro,  polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas da praza/posto/emprego á que aspira.

c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Non ter sido separadas mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no seu caso o persoal laboral, no que estiveran separadas ou inhabilitadas. No caso de seren nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitadas ou en situación equivalente nin ter sido sometidas a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

e) Posuír a titulación académica esixida nas bases específicas. Se a titulación é  obtida no estranxeiro, deberá posuír o documento que acredite fidelignamente a súa homologación.

9. SOLICITUDES.

Presentación.

As persoas interesadas poderán participar nos correspondentes procesos selectivos presentando unha solicitude no modelo oficial que figura como anexo destas bases, estando tamén dispoñible na Sede Electrónica do Concello de O Valadouro

Prazo de presentación. Este será de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases no BOP.

Lugar de presentación.  Este será no Rexistro Xeral do Concello ou a través das formas establecidas na vixente Lei do Procedemento Administrativo Común.

De optar por presentar a solicitude nun lugar diferente ao rexistro do Concello de O Valadouro, deberá poñelo en coñecemento da Entidade mediante Fax (982-574303) ou a través do correo electrónico (concello@valadouro.gal) antes de rematar o prazo de presentación de solicitudes.

Modo de cumprimentala. A solicitude de participación cumprimentarase debidamente pola persoa aspirante, acreditando documentalmente os méritos que aleguen conforme se establece na base 10.

Erros nas solicitudes. Os erros de feito que se puideran advertir, poderán rectificarse, en calquera momento, de oficio ou a petición do interesado.

10. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE

(dentro do prazo de presentación de instancias).

a) Orixinal ou copia auténtica dos documentos acreditativos da nacionalidade da persoa aspirante:  DNI, pasaporte, tarxeta de residencia, así como calquera outro documento acreditativo da nacionalidade co alcance do establecido no artigo 57 do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro,  polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

b) Orixinal ou copia auténtica da acreditación do grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. Esta acreditación presentarase no suposto de que a persoa aspirante solicite a adaptación de probas na solicitude de participación. Ante a petición efectuada o Tribunal resolverá a conveniencia ou non de admitir a adaptación, tendo en conta o sinalado na  Orde 1822/2006, de 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade e a proba a realizar

c) Orixinal ou copia auténtica da titulación académica esixida nas bases específicas ou, no seu defecto, certificación académica dos estudios realizados a que necesariamente acreditará o pagamento dos dereitos de expedición da correspondente titulación.

d) Orixinal ou copia auténtica da acreditación da posesión do nivel de idioma galego esixido nas bases específicas. No suposto de carecer desta acreditación, a persoa aspirantes someterase obrigatoriamente á proba de coñecemento do idioma galego regulada no apartado correspondente das bases específicas.

Consecuencias de non acreditar os méritos.

Non acreditar os méritos tal e como se sinala a continuación, acreditalos de forma insuficiente, a xuízo do Tribunal, ou presentalos fóra do prazo de presentación de solicitudes, non será emendable, polo que non serán tidos en conta polo Tribunal.

Forma de acreditación de méritos:

  1.  Experiencia laboral.
  •  Para puntuar a experiencia laboral deberá presentarse obrigatoriamente o informe da vida laboral actualizado, expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.
  •  Os servizos prestados nas Administracións Públicas e organismos dependentes de estas, acreditaranse mediante certificación de servizos prestados expedida polo organismo oficial correspondente na que se especifique a praza/posto ou emprego desempeñado, o tempo de prestación do servizo.
  •  Os servizos prestados para a Administración Pública como autónomos, acreditaranse mediante as correspondentes copias compulsadas dos contratos de servizos. Así mesmo, será necesario acompañar aos citados contratos de servizos a certificación da actividade que se desenvolveu  polas persoas aspirantes, o tempo de duración e a fotocopia compulsada do documento de  alta no censo de actividades económicas. 
  •  Os servizos prestados en Entidades privadas acreditaranse mediante contrato de traballo rexistrado no SEPE (Servizo Público de Emprego Estatal).
  •  Se os servizos se prestaron neste Concello farase constar na solicitude co o obxecto de emitir certificación acreditativa dos servizos prestados. A dita certificación será xuntada pola Entidade á solicitude da persoa aspirante, facéndolle chegar unha copia da mesma.

b) Acreditación da/s titulación/s académica/s.

Deberá presentarse orixinal ou copia auténtica do título académico ou da certificación académica que acredite o dereito á súa expedición.

c) Acreditación da Formación:

  •  Cursos, xornadas, másters.  Deberá presentarse orixinal ou copia auténtica do documento que acredite a realización da actividade formativa, si é de asistencia, aproveitamento ou impartición, o número de horas de duración e a data de realización.
  •  Proxectos, publicacións, …: Presentarase  orixinal ou copia auténtica dos documentos que acredite a autoría pola persoa aspirante,  así como a descrición sobre a materia desenvolvida e data de realización.
  • Certificados de profesionalidade: Presentarase orixinal ou copia auténtica do certificado de profesionalidade, así como dos documentos que acredite a superación  das correspondentes unidades de competencia e o seu número de horas de duración.

d) Acreditación do nivel de Idioma Galego. Presentarase orixinal ou copia auténtica dos documentos que acrediten o nivel de galego da persoa aspirante.

10. LISTA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS. 

Lista provisional. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución na que se aprobe a lista provisional das persoas admitidas e, se é o caso, excluídas. A dita resolución publicarase no Taboleiro de anuncios do Concello e na Sede Electrónica.

Prazo de alegacións. O prazo para que as persoas excluídas poidan alegar o que consideren será de 2 días naturais a contar dende a publicación da resolución que aprobe a lista provisional no Taboleiro de anuncios. O dito prazo poderá ampliarse a 5 días no suposto que se observe a imposibilidade do aspirante de presentar os documentos necesarios para a súa inclusión na lista definitiva.

Lista definitiva. De considerar as alegacións presentadas, aprobarase a lista definitiva,  que se publicará nos mesmos lugares que a provisional.

De non existir alegacións á lista provisional, ou se os seus fundamentos non foran suficientes para a súa consideración, entenderase definitiva sen necesidade de nova publicación.

Recursos contra a lista definitiva. Contra a resolución que aprobe a lista definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición, diante da Alcaldía, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da mesma no Taboleiro de Anuncios do Concello e na Sede Electrónica ou recurso contencioso-administrativo, diante do xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a contar dende a citada publicación, sen prexuízo de realizar calquera outro que estime pertinente.

O feito de figurar na relación de admitidos, non prexulga que se recoñeza ás persoas participantes a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando do contido dos documentos presentados se desprenda que non posúen algún dos requisitos decaerán de todos os seus dereito no procedemento selectivo.

11. TRIBUNAL DE SELECCIÓN.

Composición. O Tribunal de selección acomodarase ao establecido nos artigos 60 e 61 do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro,  polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e estará  integrado por cinco membros titulares e cinco suplente, podendo actuar indistintamente, tendo todos eles voz e voto.

Presidente/a:  Persoal funcionario ou laboral fixo. 

Vogal: Persoal funcionario ou laboral fixo. 

Secretario/a: Persoal con habilitación con carácter nacional ou persoal funcionario que o/a substitúa.

A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén.

Na composición do Tribunal tenderase á paridade entre homes e mulleres. Non poderán formar parte dos tribunais as persoas de elección ou designación política, o persoal funcionario interino e o persoal eventual.  

Os membros do Tribunal deberán posuír, en calquera caso, titulacións ou especializacións iguais ou superiores ás esixidas para o acceso á  praza/posto ou emprego que se convoca.

Nomeamento e publicación. As persoas que integren o Tribunal, así como os asesores e colaboradores serán nomeadas mediante resolución da Alcaldía. A dita resolución publicarase no Taboleiro de anuncios da Entidade e na súa Sede Electrónica.

Incorporación de persoal asesor e de colaboración.O Tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de persoal asesor ao obxecto de oír a súa opinión especializada, así como de persoal colaborador para o apoio durante o desenvolvemento do sistema selectivo.

Abstención e recusación. Os membros do Tribunal, e se é o caso o persoal asesor, absteranse de intervir, comunicándollo á Alcaldía, cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no correspondente artigo da vixente Lei do Procedemento Administrativo Común, así como, cando tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

Así mesmo, as persoas interesadas poderán promover a súa recusación de acordo co sinalado na citada Lei.

Actuacións do Tribunal. O Tribunal resolverá tódalas dúbidas interpretativas que xurdan para aplicación das normas contidas nas Bases Xerais e Específicas estando igualmente facultado para resolver as cuestións que se susciten durante a realización das probas, así como para adoptar as medidas necesarias que garantan a debida orde naquelas en todo o que non estea previsto nas bases.

O Tribunal, en caso de necesidade,  poderá solicitar á Alcaldía a incorporación de asesores ou colaboradores, cando os nomeados non foran suficientes ou non se nomearan previamente.

O Tribunal adoptará as medidas oportunas para que as probas se corrixan sen coñecer a identidade das persoas aspirantes.

Os acordos do tribunal adoptaranse conforme ao estipulado  para a actuación dos órganos colexiados na vixente Lei de Procedemento Administrativo.

Pagamento de asistencias e indemnizacións. Os membros do Tribunal, así como os asesores e colaboradores terán dereito pola súa concorrencia ás sesións ao pagamento de asistencias, gastos de desprazamentos e de manutención, de conformidade co previsto no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, tendo en conta as actualizacións desta vixentes na data da realización das probas.

12. CITACIÓN AOS MEMBROS DO TRIBUNAL E ÁS PERSOAS ASPIRANTES PARA A LEVAR A CABO O PROCESO SELECTIVO.

A citación ao Tribunal e as persoas aspirantes para a realización da primeira proba ou, se é o caso, da entrevista deberá publicarse no Taboleiro de anuncios e na Sede Electrónica cunha antelación mínima de 48 horas á hora da súa celebración podendo realizar o resto das probas a continuación.

As persoas aspirantes presentaranse ás probas provistas do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, podendo ser requiridos en calquera momento  polo Tribunal.

13. O SISTEMA DE SELECCIÓN : CONCURSO – OPOSICIÓN.

13.1. FASE DE OPOSICIÓN (puntuación máxima 40 puntos).

As probas a realizar na fase de oposición serán as seguintes:

13.1.1. PROBA TEÓRICA DE COÑECEMENTOS XERAIS E ESPECÍFICOS.

Esta proba terá carácter teórico e a súa finalidade é que as persoas aspirantes poidan amosar os seus coñecementos sobre as materias comúns e as materias específica contidas no programa .

A proba consistirá nun exame tipo test que abranga á totalidade do programa (materias comúns e específicas), que será elaborado polo tribunal previamente á realización do mesmo.

O exercicio a realizar será unha proba tipo test de 50 preguntas referentes ao temario do programa, con 3 respostas alternativas, das cales, soamente unha será correcta. A maiores, o tribunal establecerá 5 preguntas de reserva, as cales serán valoradas polo seu orde unicamente no caso de ser anulada algunha das preguntas principais.

Cada resposta correcta será valorada con 0,40 puntos; cada resposta incorrecta restará 0,10 puntos; as preguntas en branco non serán valoradas nin restarán puntos.

O tempo para a realización da proba será de 60 minutos.

Esta proba é obrigatoria e eliminatoria.

Cualificarase ata un máximo de 20 puntos, sendo a puntuación mínima para superala 10 puntos.

13.1.2. PROBA PRÁCTICA.

Esta proba consistirá na resolución dun ou varios supostos de carácter práctico sobre as funcións que se sinalan na base específica 5 e relacionado/s co temario incluído na parte específica do programa.

O Tribunal determinará:

  • O contido do/s suposto/s práctico/s podendo incluír probas materiais ou simulacros, contestación a preguntas de forma oral, contestación de probas tipo test, determinación de itinerarios a seguir (fases, trámites, solucións a problemas, …).
  • O reparto da puntuación entre os supostos prácticos, no caso de existir varios, e entre os diferentes apartados que podan conter.
  • A lectura pública polas persoas aspirantes (sempre que o contido da proba o permita) así como a realización de preguntas ou aclaracións necesarias que versarán sobre a materia obxecto da proba para formar unha opinión máis precisa dos coñecementos práctico de cada aspirante.
  • Os criterios obxectivos de corrección.
  • O tempo establecido para a realización do/s suposto/s.

Esta proba é obrigatoria e eliminatoria.

Este apartado cualificarase ata un máximo de 20 puntos, sendo a puntuación mínima para superala 10 puntos.

13.2. FASE DE CONCURSO. BAREMO DE MÉRITOS (puntuación máxima 18 puntos).

Criterios xerais para todos os apartados do baremo:

  • Só se valorarán os méritos que a xuízo do Tribunal estean acreditados conforme se sinala na base 10 destas Bases.
  • Non se valorarán os méritos acreditados que non estean relacionados, a xuízo do Tribunal, coas funcións sinaladas na base específica 5 a excepción do apartado de idioma Galego que se puntuará en todos os casos.

13.2.1 Experiencia profesional (puntuación máxima de 9 puntos).

Criterios xerais:

  • O cómputo dos días de experiencia profesional realizarase conforme aos días acreditados no informe de vida laboral.
  • A experiencia nas Administracións Públicas e/ou nas Entidades do Sector Público puntuarase se a relación de servizos é funcionarial, laboral ou, se é o caso, autónoma.
  • No suposto de ser autónomo a puntuación realizarase segundo o tempo certificado polas Administracións Públicas ou polas Entidades do Sector Público que corresponda.
  • A puntuación da experiencia profesional en entidades privadas realizarase en atención a denominación dos servizos prestados que figuren no contrato de traballo ou na nómina.

Criterios de puntuación:

  1. Experiencia profesional nas Administracións Públicas e/ou nas Entidades do Sector Público:
  2. Desempeño nas mesmas prazas/postos/empregos que se convoca: Valorarase a razón de 0,1 puntos por cada 30 días de traballo.
  3. Desempeño da prazas/postos/empregos con funcións similares: Valorarase a razón de 0,04 puntos por cada 30 días de traballo.

13.2.2. Formación Complementaria (puntuación máxima 7 puntos).

Criterios xerais:

  • Non se puntuarán as asignaturas ou materias que formen parte dunha titulación académica, nin de masters propios.
  • Os cursos de informática valoraranse sempre que o Tribunal considere que son necesarios para realizar as tarefas do posto.
  • Non se puntuarán as accións formativas que non acreditan as horas de duración.
  • Non se puntuarán as accións formativas que non teñan relación co posto de traballo.
  • Non se valorarán as accións formativas realizadas antes dos 10 anos previos á publicación destas bases nin aquelas que versen sobre normativa obsoleta ou derogada.

Criterios de Puntuación:

  1. Cursos, xornadas, seminarios, congresos, masters propios e similares:
TIPO DE CURSOSPUNTUACIÓN POR HORA
Asistencia.0,005
Aproveitamento.0,010
Impartir cursos.0,020
  • Publicacións, proxectos ou similares puntuaranse a criterio do Tribunal en función da relevancia para o desempeño do posto.

13.2.3. Idioma Galego (puntuación máxima 1 punto).

Criterios xerais:

  • Non se puntuará o nivel de Galego esixido na base 6.2
  • O Tribunal poderá puntuar, en función da relevancia para realizar as funcións do posto convocado, os niveis ou cursos con puntuación superior ao outorgado ao B1.
  • No suposto de acreditar varios documentos acreditativos do coñecemento de lingua galega dos reflectido na táboa seguinte só se puntuará un deles.

Criterios de puntuación:

  • Curso Medio de Linguaxe Administrativa galega ou Curso Medio de linguaxe xurídica galega ou cursos que teñan a mesma validez: 0,80 puntos
  • Curso Superior de Linguaxe Administrativa galega, Curso Superior de linguaxe xurídica galega, Celga 5 ou cursos que teñan a mesma validez: 1 punto

13.2.4. Titulación superior (puntuación máxima 1 punto).

Criterios xerais:

  • Non se puntuarán as asignaturas ou materias que formen parte dunha titulación académica, nin de masters propios.
  • Non se puntuarán estudo que non estén relacionados co posto de traballo

Criterios de puntuación:

  • Ciclo de grao superior da rama administrativa: 0,5 puntos.
  • Grao, Diplomatura ou Licenciatura da rama administrativa: 0,70 puntos.
  • Grao, Diplomatura ou Licenciatura da rama das Administracións Públicas. 1 punto.

14.- PROBA DE GALEGO.

O artigo 51.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia establece que:

“[…], para darlle cumprimento á normalización do idioma galego nas Administracións Públicas de Galicia e para garantir o dereito ao uso do galego nas relacións coas Administracións Públicas no ámbito da Comunidade Autónoma, así como a promoción do uso normal do Galego por parte dos poderes públicos de Galicia, nas probas selectivas que se realicen para o acceso aos postos das Administracións Públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei incluirase un exame de galego, agás para aquelas persoas que acrediten o coñecemento da lingua galega consonte a normativa vixente. As bases das convocatorias dos procesos selectivos establecerán o carácter e, se é o caso, a valoración do coñecemento da lingua galega.”.

Aquelas persoas aspirantes que non acrediten o nivel de galego sinalado na base 6.2) deberán realizar esta proba que consistirá na tradución dun texto en castelán para o galego ou en galego para o castelán.

Esta proba é obrigatoria e eliminatoria e cualificarase con apto ou non apto. Será realizada por aqueles aspirantes que, non habendo acreditado a posesión do nivel de lingua galega esixido, houbesen superado a fase de oposición.

15.- PROGRAMA DE ACCESO.

  1. MATERIAS COMÚNS.

1. A Constitución de 1978. Estrutura e contido esencial. Procedemento de reforma.

2. Os dereitos e deberes fundamentais dos españois. A súa consideración na constitución. A protección dos dereitos fundamentaris no ámbito nacional.

3. O poder xudicial. Regulación Constitucional. O Consello Xeral do Poder xudicial.

4. O Estatuto de Autonomía de Galicia: aspectos esenciais. O Parlamento. A Xunta de Galicia. O Presidente.

5. O Réxime Local Español. Principios constitucionais. Regulación xurídica. O Municipio. A or-ganización municipal. Competencias municipais.

B) MATERIAS ESPECÍFICAS.

  1. Fases do procedemento administrativo común. Iniciación. Ordenación. Instrución. Finalización.
  2. Recursos administrativos. Reglas xerais de tramitación dos recursos administrativos. Clases.  
  3. Potestade regulamentaria das Entidades Locais. As ordenanzas fiscais. Procedemento de aprobación. Os tributos locais: obrigatorios e potestativos.
  4. Réxime Xurídico das Subvencións. Tipos de subvencións. Procedementos de concesión e xestión das subvencións. Xustificación. Reintegro.
  5. Réxime Xurídico da Contratación. Diferente tipoloxía de contrato. Actuacións Preparatorias. Efectos, Resolución e Extinción dos contratos.
  6. Os contratos do sector público. Obxeto. Presuposto base de licitación. Valor estimado. Prezo. Garantías esixibles.
  7. Procedemento Sancionador. Tramitación. Potestade sancionadora das entidades locais.
  8. Protección de datos e Transparencia. Regulación, Infraccións, sancións. Principais figuras da protección de datos. Transparencia. Regulación, obrigas do Concello relacionadas coa transparencia.
  9. Facendas locais. Orzamentos . Elaboración, Aprobación. Especial referencia ás Bases de Execución do Orzamento.
  10. As modificacións orzamentarias: concepto, clases e tramitación.
  11. Execución do Orzamento de Gastos. Pagos a xustificar. Os anticipos de caixa fixa.
  12. Os proxectos de gastos. Os gastos con financiamento afectado. A Conta Xeral. Concepto, documentos que a integran e tramitación.
  13. Os dereitos dos empregados públicos. Obrigas dos empregados públicos. O Código de conduta. Os empregados públicos nas entidades locais: cláses. Situacións administrativas dos empregados locais.
  14. O Concello de O Valadouro. Organización municipal. Entorno, parroquias e edificios municipais.
  15. Ordenanzas municipais do Concello de O Valadouro (https://valadouro.sedelectronica.es/transparency/20496f7c-b0d4-4f1d-b76f-8bd5141d3941/) con especial referencia a:
    1. Ordenanza municipal reguladora do uso común especial do Dominio Público local polas actividades extractivas de madeira e reforestación nos montes e nos espazos forestais do Concello de O Valadouro.
    1. Ordenanza municipal reguladora da limpeza de terreos e solares en solo urbano, urbanizable e rústico do Concello de O Valadouro.
    1. Ordenanza reguladora da instalación de terrazas en espazos de dominio público.
    1. Ordenanza reguladora do cemiterio municpal de Ferreira de O Valadouro.

16. CUALIFICACIÓN DAS DISTINTAS PROBAS.

Nas probas selectivas as cualificacións obteranse sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do Tribunal e dividindo o total polo número de asistentes, sendo o cociente a cualificación definitiva. Cando entre dúas puntuacións outorgadas exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas ambas, a maior e a menor, calculándose a media aritmética coas puntuacións concedida polos demais membro do Tribunal.

17. CUALIFICACIÓN FINAL.

A cualificación final establecera a orde definitiva das persoas aspirantes que superaron o procedemento selectivo.A cualificación final virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na fase de concurso  e ás obtidas na fase de oposición.

No suposto de empate nas puntuacións cualificacións finais, tendo en conta o artigo 37 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, cando nun determinado corpo, escala, grupo ou categoría da Administración Pública Galega se verificará a infrarrepresentación do sexo feminino, o empate resolverase a favor da muller.

No resto de suposto o empate resolverase acudindo á maior puntuación obtida primeiro na proba teórica, segundo na proba práctica, terceiro na orde dos distintos apartados do baremo, cuarto na entrevista, e se persiste o empate procederase a realizar un sorteo público.

18. PROPOSTA DE CREACIÓN DA LISTAXE DE EMPREGO TEMPORAL E  PUBLICACIÓN.

O Presidente do Tribunal, á vista das cualificacións finais das persoas aspirantes, que superaron o proceso selectivo, formulará proposta ante a Alcaldía, indicando a orde das persoas aspirantes que formarán a bolsa de emprego.

Publicación.- As propostas do Tribunal, publicarase no Taboleiro de anuncios e na Sede Electrónica  do Concello.

Funcionamento da listaxe de emprego temporal.-A vixencia desta listaxe de emprego será como máximo ata o 31/12/2024, quedando anulada no caso de producirse con anterioridade a resolución dos procesos selectivos de estabilización de emprego para as prazas de administrativo deste Concello.

A bolsa estará formada polas persoas aspirantes que  fosen admitidos ao proceso selectivo e o houbesen superado, en orde a súa puntuación final e funcionará do seguinte modo, podendo acudirse á mesma para a contratación de persoal laboral ou de nomeamento de funcionarios interinos do Concello de O Valadouro:

I- Realizaranse 3 chamadas cunha diferenza dunha 1 hora entre cada chamada,  de non haber resposta pasarase ó seguinte, sen penalización, salvo que se repita a situación de non contestar nos seguintes chamamentos, en cuio caso se pasará ao final da lista. Ao realizar o chamamento de forma telefónica, deixará constancia de esta actuación unha persoa traballadora do Concello de O Valadouro, mediante dilixencia na que se reflectirá a data e hora das chamadas, así como a resposta recibida.

II- De rexeitarse a oferta pasará ó final da lista salvo causa xustificada nos seguintes supostos:

a) Enfermidade acreditada por baixa médica por ILT ou informe médico.

b) Embarazo de risco.

c) Atoparse en período de permiso de maternidade ou paternidade.

d) Atoparse desempeñando outro posto de traballo.

e) Coidado dun familiar que se encontre a cargo dun integrante da lista, ata o segundo grao inclusive de consanguinidade ou afinidade que por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade non poda valerse por sí mesmo e non desempeñe actividade retribuída.

Ditas circunstancias deberán acreditarse nun prazo de 3 días naturais.

III- Cando se produza o cese dun integrante da lista, incorporarase ó posto da lista que lle corresponda por puntuación.

IV- Os movementos, incidencias e novidades que se produzan na lista publicaranse na sede electrónica do Concello de O Valadouro.

19.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN.

19.1. PERSOAS CHAMADAS PARA INCORPORARSE Á PRESTACIÓN DE SERVIZOS NOS CHAMAMENTOS QUE SE REALICEN AOS INTEGRANTES DA LISTAXE DE EMPREGO TEMPORAL.

As persoas seleccionadas presentarán os seguintes documentos mediante copias compulsadas ou, se é o caso, orixinais:

a) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o desempeño das funcións a desempeñar que se sinalan nas bases específicas.

b) Declaración xurada de non ter sido separadas do servizo das administracións públicas e non estar incursas nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.

c) Orixinal ou copia auténtica da tarxeta da Seguridade Social e número de conta bancaria.

d) No caso de ter a condición de discapacitadas deberá presentar a certificación acreditativa do grado de discapacidade, tendo facultade a Entidade para que solicitar ao órgano competente  a compatibilidade para desempeño funcional da praza/posto/emprego.

Lugar de presentación. Os devanditos documentos presentaranse polos mecanismos establecidos na base 10.

Prazo de presentación. O prazo de presentación será de 2 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da proposta de selección no taboleiro de edictos, prazo que poderá ampliarse cando as persoas seleccionadas acrediten que non puideron presentar algún documento por causas alleas á súa vontade.

Nos  supostos de urxencia, poderase proceder, de forma inmediata, a nomear ou á formalización do correspondente contrato laboral temporal; quedando as persoas seleccionadas obrigadas a aportar a mencionada documentación.

En todo caso no prazo de 10 días naturais, computados dende a data da toma de posesión, as persoas seleccionadas estarán obrigadas a presentar a devandita documentación, xa que no caso contrario, procederíase ao seu cesamento automático, agás en supostos de forza maior. 

As persoas que figuran na proposta do Tribunal para incorporarse a modalidade de listaxe temporal que corresponda  non presentarán a documentación ata que se faga o chamamento para incorporarse a prestación de servizos.

20. RESOLUCIÓN DO PROCESO SELECTIVO.

Á vista da orde de aspirantes proposta polo Tribunal, a Alcaldía/Xunta de Goberno resolverá o procedemento selectivo constituíndo a correspondente Listaxe Xeral de Emprego Temporal.

21. TOMA DE POSESIÓN OU CONTRATACIÓN.

Realizarase de forma inmediata ao chamamento de incorporación debido a urxencia das incorporacións.

22. COMPATIBILIDADE CO DESEMPEÑO DA PRAZA/POSTO/EMPREGO QUE SE CONVOCA.

As persoas que sexan convocadas para o seu nomeamento ou contratación dende a Listaxe de Emprego temporal, e que veñan desempeñando unha actividade pública ou privada e queiran continuar realizándoa, deberán solicitar o recoñecemento de compatibilidade de conformidade co establecido no artigo 13 do Real Decreto 598/1985, de 30 de abril, sobre Incompatibilidades do Persoal ao Servizo da Administración do Estado, de la Seguridade Social e dos Entes, Organismo e Empresas Dependentes, en relación co artigo 10 da Lei 53/1984, de 26 de decembro, de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas.

De non ser compatible a actividade que viñeran desenvolvendo coa relación de servizo ao Concello, as persoas aspirantes chamadas comprometeranse a renunciar á mencionada actividade para poder tomar posesión.

23. DEREITO SUPLETORIO E XURISDICIÓN.

No non sinalado nas presentes bases, estarase ao establecido na normativa básica sobre selección de persoal ao servizo da Administración Local e demais normas que resulten de aplicación, estándose aos órganos competentes da Xurisdición Contencioso-Administrativa para dirimir as controversias que se produzan na aplicación destas.

24. RECURSOS.

Contra a resolución pola que se aproban as bases desta convocatoria, definitiva en vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a Alcaldía ou Xunta de Goberno no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación ou ben interpor recurso contencioso- administrativo,  ante o correspondente Xulgado do Contencioso- Administrativo, no prazo de dous meses e na forma prevista na lexislación reguladora da dita xurisdición, sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro que estime procedente.