O Concello do Valadouro selecciona 10 operarios que formaran as brigadas forestais de prevención e loita contra incendios. As prazas repartiranse en 2 xefes de brigada, 2 peóns condutores e 6 peóns.

O prazo de solicitudes empeza o 17 de xuño e termina o vindeiro mércores 23 de xullo.

Os interesados deberán presentar os anexos debida mente cumprimentados nas oficinas municipais en horario de 9 a 14 horas (con previa cita no 982574000) ou a través do rexistro electrónico dispoñible na sede electrónica do Concello do Valadouro.

Nesta convocatoria coa lista complementaria de reserva constituirase nunha bolsa de emprego, á que se acudirá para o caso de que a praza contratada ao abeiro desta convocatoria quedase definitivamente vacante por algunha circunstancia ou para realizar algunha substitución temporal con reserva de praza ( referida a esta praza).

Esta bolsa de emprego terá validez para os próximos convenios ou addendas ao convenio interadministrativo coa Consellería do Medio Rural para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais, e con un máximo de cinco anualidades.


Xefes de Brigada.

Convocatoria Extraordinaria.

II Convocatoria Extraordinaria.


Peóns Condutores.


Peóns.