Está chegando a data do Tradicional Mercado de Primavera e, un ano máis, non podemos celebralo como todos desexaríamos, xa que agora toca coidarse e en solidariedade coa nosa saúde non haberá mercado tal e como se ven realizando todos os anos, levaremos a cabo un Mercado de Primavera Virtual, porque non podemos pasar sen festexar dalgunha maneira esta data tan sinalada e esperada por todos.

Este ano tócalle a XV edición, será todo nas redes sociais municipais, rememorando os nosos mercados, con vídeos, sketch, fotografías, concursos, etc.

BASES CONCURSO DE ZOCAS

1. Os participantes que o desexen terán que decoras as súas zocas e zocas da maneira máis orixinal posible.

2. Haberá dúas categorias unha infantil para nen@s de ata 12 anos incluídos e unha de aldultos de 13 anos en adiante.

3. Cada unha das categorias terá 4 premios de 200 €, 100 €, 50 €, e 30 €, respectivamente aos catro primerios postos de cada unha das categorias. Os premios serán para gastar única e exclusivamente no comercio local e hostalería local do Valadouro.

4. O xurado estará composto por tres persoas, que puntuarán cada unha das zocas e zocos de maneira individual do 1 ao 10, a suma das tres puntuacións será a nota final de cada zoca e zoco, as catro con maior puntuación serán as premiadas. Quen o desexe pode solicitar o cuadro de puntacións do xurado. Que estará composto por:

  • Rocio Estévez (Estudio Arte Rocio)
  • Desiree Moraga Martín (Deseñadora, belas artes, e fotógrafa)
  • Manuel Carollo Maensa (Fotógrafo e deseñador)

5. No caso de empate exacto entre dous participantes, o xurado fará un desempate soamente entre eles.

6. Para participar tod@s @s que o desexen, terán que facer o seguinte:

a. Subir unha foto as redes socias Facebook ou Instagram
b. Poñendo o texto na publicación Concurso de Zocas, concurso e categoria, e se non é o que vai participar o nome da peroa que participa.
c. Co cancello #MercadoPrimavera21
d. Etiquetar ao concello Facebook Concello do Valadouro. Instagram @concellodovaladouro
e. Subir as fotos antes do 25 de marzo de 2021 as 23:59 horas.

7. O fallo do xurado publicarase nas redes sociais do concello o sábado día 27 de marzo as 19:00 horas.

8. Na categoría infantil e nos menores de idade, ou que por defento non teñan redes sociais, poden subir a foto nas redes dos pais, nais ou familiares, seguindo as indicacións do punto 6.

9. Para a entrega de premios, poñerémonos en contacto cos gañadores a través das redes sociais, os maiores de idade deberán entregarnos unha copia do DNI, Pasaporte, Tarxeta de Residencia ou calquera outro documento oficial que os identifique, aos efectos de que en caso de ser gañadores do premio correspondente, poda constar a súa identidade na acta que se levantará ao efecto e que os identificará como gañadores do premio. No caso de participantes menores de idade, se tivesen os documentos identificativos relacionados no paragrafo anterior, presentaranos, en todo caso, deberán firmar o recibí do premio o pai, nai ou titor legal (coa súa correspondente documentación) que poda responder do menor en caso de ser gañador dun premio.

10. Calquera persoa que queira participar no concurso ten dereito a poder acceder a estas bases e facer calquera consulta que considere oportuna.

11. Calquera persoa que participe no concuro, está aceptando as bases dun xeito directo e cedendo o uso das fotografías para os fins do concurso.

12. Estas bases estarán publicadas na paxina web do concello de O Valadouro.

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

1. Os participantes que o desexen terán que facer ou buscar no seu arquivo unha foto relacionada co Mercado de Primavera de calquera edición.

2. Haberá unha soa categoría.

3. Haberá tres premios de 100 €, 50 €, e 30 €, respectivamente aos tres primerios postos segundo o xurado. Os premios serán para gastar única e exclusivamente no comercio local e hostalería local do Valadouro.

4. O xurado estará comporto por tres persoas, que puntuarán cada unha das fotografías de maneira individual do 1 ao 10, a suma das tres puntuacións será a nota final de cada fotografía, as tres con maior puntuación serán as premiadas. Quen o desexe pode solicitar o cuadro de puntacións do xurado. Que estará composto por:

  • a. Rocio Estévez (Estudio Arte Rocio)
  • b. Desiree Moraga Martín (Deseñadora, belas artes, e fotógrafa)
  • c. Manuel Carollo Maensa (Fotógrafo e deseñador)

5. No caso de empate exacto entre dous participantes, o xurado fará un desempate soamente entre eles.

6. Para participar tod@s @s que o desexen, terán que facer o seguinte:

  • d. Subir unha foto as redes socias Facebook ou Instagram
  • e. Poñendo o texto na publicación Concurso de Fotografía, e se non é o que vai participar o nome da peroa que participa.
  • f. Co cancello #MercadoPrimavera21
  • g. Etiquetar ao concello Facebook Concello do Valadouro. Instagram @concellodovaladouro
  • h. Subir as fotos antes do 25 de marzo de 2021 as 23:59 horas.

7. O fallo do xurado publicarase nas redes sociais do concello o sábado
día 27 de marzo as 17:00 horas.

8. Se un menor quere subir unha foto, ou unha persoa que non teña redes sociais, poden subir a foto nas redes dos pais, nais ou familiares, seguindo as indicacións do punto 6.

9. Para a entrega de premios, poñerémonos en contacto cos gañadores a través das redes sociais, os maiores de idade deberán entregarnos unha copia do DNI, Pasaporte, Tarxeta de Residencia ou calquera outro documento oficial que os identifique, aos efectos de que en caso de ser gañadores do premio correspondente, poda constar a súa identidade na acta que se levantará ao efecto e que os identificará como gañadores do premio. No caso de participantes menores de idade, se tivesen os documentos identificativos relacionados no paragrafo anterior, presentaranos, en todo caso, deberán firmar o recibí do premio o pai, nai ou titor legal (coa súa correspondente documentación) que poda responder do menor en caso de ser gañador dun premio.

10. Calquera persoa que queira participar no concurso ten dereito a poder acceder a estas bases e facer calquera consulta que considere oportuna.

11. Calquera persoa que participe no concuro, está aceptando as bases
dun xeito directo e cedendo o uso das fotografías para os fins do
concurso.

12. Estas bases estarán publicadas na paxina web do concello de O
Valadouro.

CONCURSO DE VESTIMENTA ANTIGA

1. Os participantes que o desexen terán que facer unha foto ou buscar
en arquivo con vestimenta da época.

2. Haberá unha soa categoría.

3. Haberá tres premios de 100 €, 50 €, e 30 €, respectivamente aos tres primerios postos. Os premios serán para gastar única e exclusivamente no comercio local e hostalería local do Valadouro.

4. Para participar tod@s @s que o desexen, terán que enviar unha foto da súa vestimenta ao whatsapp do teléfono 639 317 255, indicando o nome da persoa participante.

5. Os participantes teñen de prazo para enviar as fotos ata o domingo
día 28 as 15:00 horas.

6. Según se vaian enviado as fotos, na páxina de Facebook do concello crearase un álbum de fotos co título “Concurso de Vestimenta Mercado Primavera 21”, na que iremos subino todas as fotos segundo orde de recepción.

7. As tres fotos premiadas serán as tres publicacións feitas na páxina
de Facebook do concello que máis ME GUSTAS teña, o sábado 3
de abril as 15:00 horas.

8. No caso de empate entre dúas fotos premiadas, repartirase o premio.

9. Para a entrega de premios, poñerémonos en contacto cos gañadores a través das redes sociais, os maiores de idade deberán entregarnos unha copia do DNI, Pasaporte, Tarxeta de Residencia ou calquera outro documento oficial que os identifique, aos efectos de que en caso de ser gañadores do premio correspondente, poda constar a súa identidade na acta que se levantará ao efecto e que os identificará como gañadores do premio. No caso de participantes menores de idade, se tivesen os documentos identificativos relacionados no paragrafo anterior, presentaranos, en todo caso, deberán firmar o recibí do premio o pai, nai ou titor legal (coa súa correspondente documentación) que poda responder do menor en caso de ser gañador dun premio.

10. Calquera persoa que queira participar no concurso ten dereito a poder acceder a estas bases e facer calquera consulta que considere oportuna.

11. Calquera persoa que participe no concuro, está aceptando as bases dun xeito directo e cedendo o uso das fotografías para os fins do concurso.

12. Estas bases estarán publicadas na paxina web do concello de O Valadouro.

ACEPTACIÓN DAS BASES.

A participación no Concurso supón a aceptación das bases.

Ditas bases publicitaranse a través da sede electrónica do concello de O Valadouro e da páxina web do concello de O Valadouro.

Asinado electrónicamente en O Valadouro, pola concelleira de cultura do Concello do Valadouro, Josefina Geada Losada, na data que á marxe.