Oferta Formativa en O Valadouro:

  • Curso de atención socio-sanitaria básica a persoas dependentes no fogar. (Con prácticas).
  • Curso preparatorio para a obtención da teórica do carné de conducir tipo B.
  • Curso de competencias clave nivel 2 e 3.
  • Acción formativa para a superación das probas oficiais da ESO.
  • Cursos de competencias dixitais TICS nivel básico e nivel avanzado.

Cal é o obxetivo xeral deste programa?

  • A promoción da igualdade entre mulleres e homes.
  • A prevención e loita contra a violencia de xénero.

Qué servizos inclúe o programa?

  • Acollemento, información e asesoramento.
  • Derivación e acompañamento.
  • Empoderamento, autoestima e motivación.
  • Formación en novas tecnoloxías para a busca activa de emprego (TIC).
  • Servizo de recursos integrais de axuda ás vítimas de violencia de xénero.
  • Servizo de axuda á conciliación da vida persoal e familiar.
  • Traballo na concienciación no ámbito veciñal.
  • Realización de xornadas a prol da prevención da violencia de xénero.

Qué actividades inclue o programa?

  • Atención individual á mulleres (información e asesoramento sobre axudas, derivación e acompañamento aos recursos comunitarios, atención psicolóxica, etc).
  • Cursos de formación (igualdade, prevención da violencia de xénero, motivación, novas tecnoloxías…).
  • Campañas e xornadas informativas (promoción da igualdade e loita contra a violencia de xénero).

QUEN SON MULLERES EN SITUACIÓN DE ESPECIAL VULNERABILIDADE?

  • Vítimas de violencia de xénero ou de violencia doméstica.
  • Vítimas de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas.
  • Inmigrantes, emigrantes retornadas ou refuxiadas.
  • Pertencentes a unha minoría étnica.
  • Dependentes do consumo de substancias tóxicas ou en procesos de rehabilitación.
  • Perceptoras de rendas de integración, subsidios ou prestacións similares.
  • Reclusas ou ex-reclusas.
  • Procedentes de institucións de protección ou reeducación de menores.
  • Transexuais ou con conflitos de identidade de sexo.
  • Con diversidade funcional ou enfermidade mental.
  • Con responsabilidades familiares non compartidas.
  • Procedentes de núcleos familiares con ingresos inferiores a 2,5 veces o IPREM.
  • Embarazadas ou lactantes sen apoio familiar ou sen recursos.
  • Sen fogar ou que habitan nunha infravivenda, ou afectadas por un proceso de desafiuzamento.
  • Maiores ou viúvas.
  • Sen titulación ou con baixa cualificación.
  • Desempregadas menores de 30 anos ou maiores de 45 anos.
  • Inactivas ou desempregadas de longa duración.
  • Con residencia en concellos rurais de zonas pouco poboadas de baixa densidade (ZPP), segundo os estudos ou datos publicados polo IGE, e que poden consultarse na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.
  • Calquera outras situación non prevista expresamente que implique factores de risco ou vulnerabilidade no ámbito familiar, social ou laboral, sempre que sexa ponderada e aceptada polos servizos sociais do concello no que se desenvolva o programa.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:

Servizos Xerais do Concello de O Valadouro
Feira Nova, 1 Ferreira 27770 Lugo.

Asociación Mujeres en Igualdad Burela
R/ Pardo Bazán, 12 – local 3. 27880 BURELA
R/ Pardo Bazán,9 baixo (Casa do Mar). 27880 BURELA
TFNOS: 683.23.02.20 / 609.83.76.45
entendotebumei@gmail.com