A Asociación Protectora de Animais  Valadouro – Alfoz colabora por segundo ano co Concello do Valadouro no control e esterilización das colonias felinas da vila.

Segundo a Lei de Protección Animal de Galicia, (Lei 4/2017 do 3 de outubro), esta prohibido alimentar aos animais vagabundos ou extraviados nas vías publicas sen contar coa autorización municipal, salvo situacións que puidesen comprometer o benestar dos animais. A única entidade autorizada en  Valadouro para poder realizar este traballo ou autorizar novos voluntarios é a Asociación Protectora de Animais.

Deixar comida na vía publica ademais de crear unha situación insalubre dificulta o traballo dos voluntarios para capturar e esterilizar os gatos, apelamos á colaboración cidadá para que o traballo se faga da forma máis rápida e doada posible. Se alguén quere colaborar ou ser a persoa autorizada para alimentar unha das colonias pode poñerse en contacto coa Directiva da Asociación.