Infórmase a todos os veciños e veciñas que, estando aprobado definitivamente o Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de O Valadouro, e debido as solicitudes de prórroga e alegacións presentadas, por Resolución de Alcaldía de data 22/07/2022 se resolveu conceder unha prórroga de 3 meses adicionais para a xestión de biomasa e de retirada de especies arbóreas prohibidas, a cal xa está vencida.

Por conseguinte, as persoas propietarias que non houberan realizado a xestión de biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas esixidas polo citado Plan municipal deberán ter en conta que se iniciaron de novo as inspección de comprobación e que se lles poderá abrir o correspondente expediente sancionador no caso de persistir o incumprimento.