A dirección xeral de telecomunicacións tecnoloxías da información, pertencente ao Ministerio de Economía e Empresa, comunícanos, que Durante esta semana está previsto o cambio de frecuencia de emisión dalgúns múltiples de televisión no noso municipio, con motivo do proceso de liberación do segundo dividendo dixital.

Tras o cambio de frecuencias, os veciños do municipio deberán resintonizar os seus receptores de televisión co mando a distancia para seguir recibindo os múltiples de televisión que cambian a súa frecuencia de emisión.

Os edificios de tamaño medio ou grande que están equipados con sistemas de antena colectiva baseados en monocanales ou centrais programables, que non adaptasen a súa antena colectiva anteriormente, deberán contactar canto antes cunha empresa instaladora para adaptar a súa instalación de recepción de televisión. Unha vez adaptada a instalación, estes edificios poderán recibir as canles de televisión cuxa frecuencia se modifica de acordo co disposto no novo plan técnico da TDT.

Nas vivendas unifamiliares e en edificios de pequeno tamaño, non será necesario realizar adaptacións na instalacións de recepción de televisión, unicamente será necesario resintonizar os receptores de televisión co mando a distancia.

Para compensar os custos asociados á adaptación das instalacións de recepción de televisión, púxose en marcha un plan de axudas que poderán solicitar as comunidades de propietarios en réxime de propiedade horizontal que teñan que adaptar as súas instalacións con motivo da liberación do segundo dividendo dixital.

A comunidade de propietarios, o administrados da leira ou o instalados de telecomunicacións rexistrado debidamente autorizado pola comunidade, poderán solicitar as axudas a través de internet unha vez realizadas as adaptacións www.televisiondigital.es.

A recolocación das frecuencias da televisión dixital é un mandato europeo que ten por obxectivo harmonizar a banda de frecuencias de 700 MHz actualmente utilizada pola televisión para que poida ser utilizada, a partir do 30 de xuño de 2020, polas novas redes de telefonía móbil de alta velocidade 5 G en especial en zonas rurais, e mellorar a cobertura no interior dos edificios.

Pola súa banda, a cidadanía pode obter información sobre o proceso de liberación do Segundo Dividendo Dixital, o plan de axudas, os instaladores de telecomunicación rexistrados e outros aspectos nos teléfonos 901 201 004 e 910 889 879 e na web www.televisiondigital.es.