ARTIGO 1: FUNDAMENTO E NATUREZA
No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polos artigos 4 e 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigo 15 a 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, este Concello establece a taxa pola prestación de servizos no cemiterio municipal, que se rexirá polo disposto na devandita Le e pola presente Ordenanza Fiscal.
ARTIGO 2: FEITO IMPONIBLE.
Constitúe o feito imponible da taxa a prestación dos servizos do cemiterio municipal, tales como: concesión de espazos para enterramento, ocupación dos mesmos, exhumación, colocación e movemento de lápidas, e limpeza e ordenación dos espazos comúns, que de conformidade co previsto na normativa de policía sanitaria mortuoria, sexan procedentes.
Aos efectos desta Ordenanza, declararase de recepción obligatoria o servizo de limpeza e conservación de espazos comúns
ARTIGO 3: SUXEITO PASIVO.
Son suxeitos pasivos contribuintes as persoas físicas e xurídicas e as entidades que establece o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria que sexan solicitantes ou que resulten beneficiarios da concesión, da autorización ou da prestación dos servizos e, sé é o caso os titulares da autorización concedida.
Os obrigados tributarios non residentes en España deberán nomear a un representante con domicilio en territorio español e deberá comunícalo ao Concello.
ARTIGO 4: RESPONSABLES
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas determinadas como tales na Lei Xeral Tributaria. A derivación de responsabilidade farase, previa audiencia ao interesado, ditando o correspondente acto administrativo nos termos establecidos no texto legal citado neste artigo.
ARTIGO 5- EXENCIÓNS SUBXECTIVAS
Estarán exentos os servizos que se presten con ocasión de:
- Os enterramentos das persoas con poucos recursos económicos, previo informe dos servizos sociais do Concello
- As inhumacións que ordene a autoridade xudicial para efectuarse nun enterramento común.
ARTIGO 6- COTA TRIBUTARIA
A cota tributaria determinarase pola aplicación da seguinte tarifa:
- CONCESIÓNS
CONCESIÓNS | ANOS | PREZO (INDIVIDUAL) |
NICHOS | 75 5 | 632,00€ 42,15€ |
COLUMBARIOS | 75 | 370,70€ |
- OTROS SERVIZOS
ACTUACIÓNS | PREZO |
B.1 INHUMACIÓN (inclúe licencia de enterramento e inscripción no rexistro municipal) | 60,00€ |
B.2 EXHUMACIÓN | 120,00€ |
B.3 LIMPEZA ZONAS COMÚNS (taxa anual) | 10,00€/ unidade |
ARTIGO 7- NORMAS DE XESTIÓN
A Regra xeral será a concesión por 75 anos, ainda que pódense otorgar concesións por 5 anos naqueles casos no que concorran circunstancias especiais tales como:
- Inexistencia de nichos baleiros.
- Persoas que teñan o seu lugar de inhumación fora desta localidade e seus familiares ou afins teñan pensado facer traslado de restos.
- Persoas sin recursos en situación de paso polo concello.
Nestes casos a inhumación practicarase nos nichos dos que disponga o Concello, que reservará a titularidade de dúas filas
Transcorridos cinco anos sen que se leve a cabo ningunha actuación sobre os restos cadavéricos disporase a súa exhumación e depósito no lugar do cemiterio habilitado, previa autorización da autoridade sanitaria.
Por norma xeral a concesión farase pola fila completa (tres espacios). As primeiras concesións realizaranse por sorteo entre os interesados que o soliciten, e en fases posteriores procederase a adxudicación segundo o número de orde da solicitude e de xeito correlativo, ainda que poderase optar á concesión de espacios individuais. Neste caso o Concello informará aos solicitantes dos que se atopen disponibles e a súa adxudicación levarase a cabo segundo a orde de solicitude, e de xeito correlativo.
O Concello reservarase a potestade de variar as filas de nichos fixados para a concesión de espazos individuais, no caso que as demandas de filas de tres así o esixan
No caso dos columbarios o prezo establecido será por unidade e as solicitudes faranse de xeito unitario.
ARTIGO 8- DEVENGO
Devengarase a taxa e nace a obriga de contribuir dacordo co establecido a continuación:
-Nos supostos de inhumación e licencias de enterramento, con carácter previo a que a misma se realice
-Tratándose de servizos e limpeza e conservación, unha vez notificadas as cotas tributarias o publicado acordo aprobatorio do Padrón, conforme establece o Regulamento Xeral de Recadación.
-Nos casos das concesións, unha vez notificada a liquidación individual, nos prazos e formas previstos no Regulamento Xeral de Recadación.
Para o cobro da taxa polos servizos de limpeza e conservación, elaborarase anualmente un padrón, comprensivo dos datos identificativos dos suxeitos pasivos, número de unidades obxecto de gravame e cota total anual resultante.
No caso de obtención da concesión nunha data posterior ao 1 de xaneiro de cada ano, a devandita cota, será prorrateada por trimestres naturais.
A falta de pagamento da cota anual polo concepto de limpeza e conservación, o Concello tramitará o correspondente expediente para determina-la caducidade das correspondentes concesións e reverte-las mesmas ao Concello.
O devandito expediente, salvo precepto legal que estableza outro procedemento será o seguinte: Notificación individual aos interesados
concedendo un prazo de quince días para o pagamenteo dos importes correspondentes, así como as recargas, gastos e xuros que procedan; de non ser posble a notificación individual , sustituirase a mesma pola notificación mediante anuncio no Boletín Oficial correspondente.
ARTIGO 9- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto no título IV da Lei Xeral Tributaria.
DISPOSICIÓN ADICIONAL
As disposicións desta Ordenanza que, reproduzan aspectos da lexislación vixente e normas legais de aplicación e aqueles que fagan remisión a preceptos legais, entenderanse automáticamente modificados e/ou substituidos no momento no que se produza a modificación dos mesmos.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada na data 11 de decembro de 2019 entrando en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletin Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.
ANEXO I
O presente anexo ten por obxecto o desenvolvemento das prescripcións contidas no artigo 7 desta ordenanza.
1.- O Concello reservará a titularidade de duas filas de nichos . As devanditas filas serán as sinaladas cos números 1 e 2 (nichos comprendidos entre 1-6).
2.-As peticións de espazos individuais terán lugar entre as filas que se sinalan cos números 3 a 8 (nichos comprendidos entre 7-24) e filas 43 a 46 do lado oposto (nichos comprendidos entre 127-138).