Rematados os traballos de instalación dunha rede de calor municipal abastecida a base de astillas que se destina a varios edificios públicos.
O custo da operación ascende a 188.686,03 €, para esta obra o Concello do Valadouro recibe o 80% de axudas dos Fondos FEDER a través do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) pertencente á Xunta de Galicia, estes fondos son derivados do Programa Operativo Galicia 2014-2020.
A rede de calor municipal abastecida a base de astillas que se destina a varios edificios públicos como a gardería, a casa da cultura, o colexio, o pavillón, o ximnasio e ao futuro Centro de Día, perimitirá así reducir as emisións de CO2 dos antigos sistemas de calefacción seguindo a liña dos obxectivos da Axenda 2030.
A caldeira de biomasa (acha) de carga automática cunha potencia nominal de 300 kW. alimentarase de modo automático desde un silo cunha capacidade de 20.000 l que se atopa anexo á sala de caldeiras.
Cada edificio contará con contadores de enerxía para a medición dos kWh térmicos consumidos controlado por un sistema de telexestión con comunicación de alarmas que poida enviar avisos a varios correos electrónicos. O sistema pode xestionarse a distancia con variación de parámetros tales como: temperatura caldeira, temperatura ambiente, curva de calefacción en función de temperatura exterior, programación horaria, etc.
Este sistema permitirá ao Concello do Valadouro reducir o custo en calefacción un 50%.