Sanemento no nucleo de o Villarao  realizado ao abeiro da RESOLUCIÓN de Augas de Galicia do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU300A) por importe de CORENTA E CATRO MIL NOVECENTOS EUROS CON OITENTA E UN CÉNTIMOS  (44.900,81€)

O obxectivo deste proxecto consistiu na extensión da rede de saneamiento municipal a todas as viviendas que sexa posible,
eliminando vertidos sen controlar e contribuíndo á mejora medioambiental do Concello.

As obras executadas consistiron na construcción dun colector de PVC colocado na cuneta do camiño municipal existente diante das vivendas, empregando tubería de 315 mm. de diámetro de PVC, con unión por xunta elástica e marca de calidade AENOR serie SN4, ata o entronque coa rede existente. Naqueles treitos cuxa altura de recheo sexa inferior a 80 cm. por riba da xeratriz superior do tubo, executouse unha losa de reforzo de formigón.

Por outra banda, a diferenza de cotas existente no trazado do camiño municipal, implica a necesidade de executar as gabias con entibación naqueles puntos nos que a profundidade da gabia sexa maior de 1,5 m. As diferentes seccións, así coma os paquetes de recheos e firmes a empregar, recóllense nos planos de detalle.

Construironse “in situ” oito pozos de rexistro de formigón en masa HM-20, de altura variable, segundo indícase no perfil lonxitudinal detallado nos planos.

Ó longo do itinerario do colector proxectado, afectouse o pavimento asfáltico do camino municipal, repoñéndose o mesmo soamente nas zonas afectadas.

Tras a realización deste proxecto consguiuse a conexión de 3 vivendas á rede municipal de saneamento. 

Aínda que os caudais resultantes son de pequena magnitude, prevense futuras conxións no futuro ao longo da traza, por ser esta zona moi demandada para construir segundas residencias, xa que está moipróxima a Ferreira