Traballo e axuda social

Oficina municipal de servizos sociais

Casa do Concello, R/Feira Nova, nº 1

Código Postal 27770 – Ferreira – O Valadouro

Horario: de Luns a Xoves

info@valadouro.org

TELÉFONO: 982 57 40 00

FAX: 982 57 43 03

PROGRAMAS DE ACTUACIÓN

Programa de orientación, asesoramento e información

o obxecto é informar @s cidadáns sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar ás persoas e grupos afectados por problemáticas específicas, diagnosticar a situación e derivalos, se é necesario, aos servizos sociais de atención especializada.

Programa de axuda no fogar

está dirixido a toda a poboación, tendo como prioridade aqueles/as cidadáns que presenten disfuncións ou discapacidades que lles limiten a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social e que teñan dificultades para procura-lo seu benestar físico, social e psicolóxico, prestándolles unha serie de atencións ou coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo, doméstico e técnico e proporcionándolle-la posibilidade de continuar no seu entorno natural, mentres esto sexa posible e convinte.

Programa de inserción social

ten como obxecto a prevención das situacións de marxinación e as súas causas e a integración e participación no medio social das persoas ou grupos máis desfavorecidos, afectados polas diferentes formas de exclusión e marxinación social.

Programa de animación, prevención e cooperación social

trátase de facilita-la participación das persoas en tarefas colectivas tendentes a que sexa a propia comunidade a que asuma as problemáticas e busque canles de solución, fomentando a iniciativa social, a solidariedade, o asociacionismo e o voluntariado.

Programa de convivencia alternativa

o seu obxecto ofertar un aloxamento provisional a aquelas persoas en situación de emerxencia persoal ou familiar cando non sexa posible a permanencia no propio fogar ou este non exista.

Concello do Valadouro

Feira Nova N°1

27770 Ferreira do Valadouro

Lugo (Galicia)

info@valadouro.org

982 574 000
982 574 036
982 574 155