Xa está instalado na entrada principal da Casa da Cultura a Caixa de correos Real, os nosos veciños máis pequenos xa poden depositar as cartas dirixidas aos Reis Magos de Oriente.
O buzón estará dispoñible:
Martes 29, mércores 30 e xoves 31 de 9 a 15 horas.
Sábado 2 de 17 a 20 horas.
Luns 4 e martes 5 de 9 a 15 horas.
No resto de horarios as cartas poderán deixarse por debaixo da porta de entrada e os traballadores municipais encargaranse de recollelas e depositalas no buzón.