Obxeto: listaxe de emprego temporal para prestar servizos como persoal laboral temporal para o posto de limpador/a.
As persoas integrantes dá bolsa serán contratadas por a orde de puntuación e a contratación extinguirase cando cese a necesidade que a xustificou.
Relación xurídica co concello: Persoal Laboral temporal no posto de LIMPADOR e grupo de cotización: 10.
Adscrición: Distintas instalacións municipais existentes no concello con limpeza, mantemento e coidado dos edificios e instalacións municipais. Praza con disponibilidade horaria.
Requisitos: Titulación Graduado E.S.O ou equivalente e carné de conducir B.
Prazo límite de presentación de instancias: 1 AGOSTO 2023

BASES PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL, PARA A CONSTITUCIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA O POSTO DE LIMPADOR/A.
1. OBXECTO.
As presentes bases teñen por obxecto establecer o procedemento de selección para elaboración dunha listaxe de emprego temporal para prestar servizos como persoal laboral temporal para o posto de limpador/a.
A modalidade do contratación é a regulada no artigo 15 do Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, sempre que conste xustificación bastante e crédito axeitado e suficiente para proceder á contratación.
As persoas integrantes dá bolsa serán contratadas por a orde de puntuación ao obxecto da súa contratación para prestar servizos no posto que corresponda, ca xornada laboral e duración da mesma adecuadas ás necesidades que motiven o nomeamento en cada un dos casos e sempre de acordo ás normas legais aplicables vixentes en cada momento.
A contratación extinguirase cando cese a necesidade que a xustificou.
A Presidencia resérvase a facultade de establecer o horario e as modificacións que considerase oportunas para o mellor desempeño do servizo, respectando, en calquera caso, as normas legais aplicables sobre a xornada de traballo e descanso.
2.- RELACIÓN XURÍDICA:
Persoal Laboral temporal conforme ao previsto no RD 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e no Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
3.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA/POSTO/EMPREGO:
3.1.- DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: LIMPADORA
3.2.- GRUPO DE COTIZACIÓN: Grupo 10.
3.3.- RETRIBUCIÓNS:
As retribucións a percibir polo/a ocupante serán as corresponden á praza/posto/emprego de: LIMPADORA.
4.- ADSCRICIÓN:
Ás distintas instalacións municipais existentes no concello.
5.- FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO:
- Limpeza, mantemento e coidado dos edificios e instalacións municipais
- Calquera outra que se desprenga dos diferentes servizos municipais e acorde coa súa cualificación, non relacionada anteriormente, que lle encomente a autoridade municipal no exercicio das súas funcións.
- Esta praza está suxeita a flexibilibade horaria.
6.- REQUISITOS INDISPENSABLES:
6.1.- Requisitos Xerais:
– Titulación de Graduado en E.S.O. ou equivalente.
6.2.-Requisitos específicos:
– Ter coñecemento do idioma galego que se acreditará co certificado do curso de perfeccionamento, Celga 2 ou equivalente.
No caso de non ter documentación acreditativa esixida, deberase superar unha proba de coñecemento de lingua galega, nos termos que se recollen nestas bases.
– Carnet de conducir B.
7. NORMAS DE APLICACIÓN.
— A Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia.
— Lei 3/1983, de 15 de xuño, de Normalización Lingüística de Galicia.
— Os artigos 231 e seguintes da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.
— Os artigos 21.1.g), 91, 103 e 104 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.
— Os artigos 11 e 55 a 62 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro.
— A Lei 30/1984, de Medidas para a Reforma da Función Pública.
— Os artigos 177 e seguintes do Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril.
— A Disposición Adicional Segunda do Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración Local.
— O Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro.
8. REQUISITOS QUE CUMPRIRÁN AS PERSOAS ASPIRANTES PARA SER ADMITIDAS AO PROCESO SELECTIVO.
As persoas aspirantes farán constar na solicitude que reúnen os requisitos que seguidamente se sinalan:
a) Ter nacionalidade española ou ter nacionalidade doutro Estado co alcance que se sinala no artigo 57 do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas da praza/posto/emprego á que aspira.
c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d) Non ter sido separadas mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no seu caso o persoal laboral, no que estiveran separadas ou inhabilitadas. No caso de seren nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitadas ou en situación equivalente nin ter sido sometidas a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
e) Posuír a titulación académica esixida nas bases. Se a titulación é obtida no estranxeiro, deberá posuír o documento que acredite fidelignamente a súa homologación.
9. SOLICITUDES.
1.-As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida á Alcaldía, en modelo que se facilitará no Rexistro Xeral da Corporación (Anexo I), nas que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na base novena desta convocatoria.
2.- Os aspirantes con algunha diversidade funcional terán que indicalo na solicitude, acompañada da correspondente documentación acreditativa. Así mesmo, terán que solicitar as posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria.
3.-As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello do Valadouro no prazo de cinco (5) días hábiles contados dende o día seguinte da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/15, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; neste caso, os concursantes deberán comunicalo na dirección de correo electrónico concelo@valadouro.gal durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias
4.- A solicitude irá acompañada da seguinte documentación:
– Copia auténtica do Documento Nacional de Identidade ou documento identificativo.
– Copia auténtica do permiso de conducir clase B.
– Copia auténtica do Celga 2.
– Relación dos méritos que aleguen para a súa avaliación na fase de concurso, que se acompañará da documentación orixinal (ou fotocopias autenticadas) acreditativa dos mesmos.
Non se terán en conta nin serán valorados aqueles méritos que non estean acreditados na forma indicada. Tampouco se terán en conta aqueles méritos que non se acrediten suficientemente no momento de rematar o prazo de presentación de instancias.
Para que teñan validez neste proceso selectivo, tódolos documentos que se presenten deberán estar expedidos nalgunha das linguas oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia (galego ou castelán). No caso de tratarse de documentos expedidos noutras Comunidades Autónomas do Estado Español, para que teñan validez deberán estar redactados en lingua castelá ou traducidos polo organismo competente da respectiva Comunidade. Tratándose de documentos expedidos nun país estranxeiro, deberán estar traducidos, validados e apostilados pola correspondente oficina diplomática española ou organismo competente.
Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e sexan nacionais dun Estado Membro da Unión Europea, con dereito a participar nalgún proceso selectivo, deberán presentar unha fotocopia do Pasaporte ou documento que acredite a súa identidade e nacionalidade. De ser o caso, tamén presentarán os documentos que confirmen o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo dunha persoa nacional doutro Estado co que teña o dito vínculo. Así mesmo, deberán achegar unha declaración xurada ou promesa de dita persoa de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, ser o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou de que está ao seu cargo.
Os demais aspirantes estranxeiros, xunto coa fotocopia do seu Pasaporte en vigor, deberán acompañar copia do documento que acredite que están habilitados a residir e a poder acceder sen limitación ao mercado laboral en España.
Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os interesados aceptan e acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria.
10. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE
a) Fotocopia compulsada dos documentos acreditativos da nacionalidade da persoa aspirante: DNI, pasaporte, tarxeta de residencia, así como calquera outro documento acreditativo da nacionalidade co alcance do establecido no artigo 57 do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
b) Acreditación do grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. Esta acreditación presentarase no suposto de que a persoa aspirante solicite a adaptación de probas na solicitude de participación. Ante a petición efectuada o Tribunal resolverá a conveniencia ou non de admitir a adaptación, tendo en conta o sinalado na Orde 1822/2006, de 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade e a proba a realizar
c) Fotocopia compulsada da titulación académica esixida nas bases específicas ou, no seu defecto, certificación académica dos estudios realizados a que necesariamente acreditará o pagamento dos dereitos de expedición da correspondente titulación.
d) Acreditación da posesión do nivel de idioma galego esixido nas bases específicas. No suposto de carecer desta acreditación, a persoa aspirantes someterase obrigatoriamente á proba de coñecemento do idioma galego regulada no apartado correspondente das bases específicas.
e) Acreditación do cumprimento dos requisitos específicos indicados na Base 6:
As persoas aspirantes deberán achegar os documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos esixidos.
f) Acreditación de méritos:
As persoas aspirantes deberán achegar os documentos e certificacións oficiais que xustifiquen os méritos alegados.
Consecuencias de non acreditar os méritos.
Non acreditar os méritos tal e como se sinala a continuación, acreditalos de forma insuficiente, a xuízo do Tribunal, ou presentalos fóra do prazo de presentación de solicitudes, non será emendable, polo que non serán tidos en conta polo Tribunal.
Forma de acreditación de méritos:
- Experiencia laboral.
- Para puntuar a experiencia laboral deberá presentarse obrigatoriamente o informe da vida laboral actualizado, expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.
- Os servizos prestados nas Administracións Públicas e organismos dependentes de estas, acreditaranse mediante certificación de servizos prestados expedida polo organismo oficial correspondente na que se especifique a praza/posto ou emprego desempeñado, o tempo de prestación do servizo. En ausencia da devandita certificación poderá acreditarse mediante contratos, tomas de posesión ou/e nóminas.
- Os servizos prestados para a Administración Pública como autónomos, acreditaranse mediante as correspondentes copias compulsadas dos contratos de servizos. Así mesmo, será necesario acompañar aos citados contratos de servizos a certificación da actividade que se desenvolveu polas persoas aspirantes, o tempo de duración e a fotocopia compulsada do documento de alta no censo de actividades económicas.
- Os servizos prestados en Entidades privadas acreditaranse mediante contrato de traballo rexistrado no SPEE (Servizo Público de Emprego Estatal) ou nóminas nos que se acredite o emprego desempeñado.
- Se os servizos se prestaron neste Concello farase constar na solicitude co o obxecto de emitir certificación acreditativa dos servizos prestados. A dita certificación será xuntada pola Entidade á solicitude da persoa aspirante, facéndolle chegar unha copia da mesma.
b) Acreditación da/s titulación/s académica/s.
Deberá presentarse copia compulsada do título académico ou da acreditación do pagamento das taxas ao obxecto da súa expedición.
c) Acreditación da Formación:
- Cursos, xornadas, másters. Deberá presentarse copia compulsada do documento que acredite a realización da actividade formativa, si é de asistencia, aproveitamento ou impartición, o número de horas de duración e a data de realización.
- Certificados de profesionalidade: Presentarase copia compulsada do certificado de profesionalidade, así como dos documentos que acredite a superación das correspondentes unidades de competencia e o seu número de horas de duración.
11. LISTA DE PERSOAS ADMITIDAS.
Recibidas as solicitudes, a Alcaldía ditará resolución declarando a lista das persoas admitidas. A dita resolución publicarase no Taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica.
O feito de figurar na relación de admitidos, non prexulga que se recoñeza ás persoas participantes a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando do contido dos documentos presentados se desprenda que non posúen algún dos requisitos decaerán de todos os seus dereito no procedemento selectivo.
12. TRIBUNAL DE SELECCIÓN.
Composición. O Tribunal de selección acomodarase ao establecido nos artigos 60 e 61 do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e estará integrado por tres membros, tendo todos eles voz e voto.
Presidente/a: Persoal funcionario ou laboral fixo.
Vogal: : Persoal funcionario ou laboral fixo.
Secretario/a: Persoal con habilitación con carácter nacional ou persoal funcionario que o/a substitúa.
A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén.
Na composición do Tribunal tenderase á paridade entre homes e mulleres. Non poderán formar parte dos tribunais as persoas de elección ou designación política, o persoal funcionario interino e o persoal eventual.
Os membros do Tribunal deberán posuír, en calquera caso, titulacións ou especializacións iguais ou superiores ás esixidas para o acceso á praza/posto ou emprego que se convoca.
Nomeamento e publicación. As persoas que integren o Tribunal, así como os asesores e colaboradores serán nomeadas mediante resolución da Alcaldía. A dita resolución publicarase no Taboleiro de anuncios da Entidade e na súa sede electrónica.
Incorporación de persoal asesor e de colaboración.O Tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de persoal asesor ao obxecto de oír a súa opinión especializada, así como de persoal colaborador para o apoio durante o desenvolvemento do sistema selectivo.
Abstención e recusación. Os membros do Tribunal, e se é o caso o persoal asesor, absteranse de intervir, comunicándollo á Alcaldía, cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no correspondente artigo da vixente Lei do Procedemento Administrativo Común, así como, cando tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.
Así mesmo, as persoas interesadas poderán promover a súa recusación de acordo co sinalado na citada Lei.
Actuacións do Tribunal. O Tribunal non actuará cun quorum de asistencia inferior a tres membros, sendo sempre necesaria a asistencia dos compoñentes que exerzan as funcións da Presidencia e da Secretaria; non obstante, ante a ausencia dos titulares e/ou suplentes da Presidencia e/ou da Secretaria, poderán actuar como tales os membros asistentes, titulares e/ou suplentes, das distintas vogalías. As devanditas substitucións realizaranse utilizando a orde empregada na resolución de nomeamento dos correspondentes membros para exercer as funcións de vogais.
O Tribunal resolverá tódalas dúbidas interpretativas que xurdan para aplicación das normas contidas nas Bases Xerais e Específicas estando igualmente facultado para resolver as cuestións que se susciten durante a realización das probas, así como para adoptar as medidas necesarias que garantan a debida orde naquelas en todo o que non estea previsto nas bases.
O Tribunal, en caso de necesidade, poderá solicitar á Alcaldía a incorporación de asesores ou colaboradores, cando os nomeados non foran suficientes ou non se nomearan previamente.
O Tribunal adoptará as medidas oportunas para que as probas se corrixan sen coñecer a identidade das persoas aspirantes.
Os acordos do tribunal adoptaranse conforme ao estipulado para a actuación dos órganos colexiados na vixente Lei de Procedemento Administrativo.
Pagamento de asistencias e indemnizacións. Os membros do Tribunal, así como os asesores e colaboradores terán dereito pola súa concorrencia ás sesións ao pagamento de asistencias, gastos de desprazamentos e de manutención, de conformidade co previsto no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, tendo en conta as actualizacións desta vixentes na data da realización das probas.
13. CITACIÓN AOS MEMBROS DO TRIBUNAL E ÁS PERSOAS ASPIRANTES PARA A LEVAR A CABO O PROCESO SELECTIVO.
A citación ao Tribunal e as persoas aspirantes para a realización das probas deberá publicarse no Taboleiro de anuncios e na sede electrónica.
As persoas aspirantes presentaranse ás probas provistas do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, podendo ser requiridos en calquera momento polo Tribunal.
14. O SISTEMA DE SELECCIÓN : CONCURSO – OPOSICIÓN.
14.1. FASE DE OPOSICIÓN (puntuación máxima 20 puntos).
A proba a realizar na fase de oposición será as seguinte:
PROBA TEÓRICA:
Consistirá nun exercicio tipo test de 20 preguntas, con 3 preguntas de reserva, relacionadas cos contidos propios do posto que solicita segundo o temario incluído no Anexo II.
Cada pregunta formularase con tres respostas alternativas, das que solo unha será correcta. O exercicio realizarase a porta cerrada coa única presencia dos/as opositores/as, os membros do Tribunal de Selección e as persoas colaboradoras que este último designe, no seu caso. O tempo máximo para a realización deste exercicio será de 30 minutos.
Cada pregunta correcta será valorada con 0,5 puntos. As respostas incorrectas e en branco non sumarán nin restarán puntos.
Esta proba é obrigatoria e quedarán eliminadas aquelas persoas aspirantes que non asistan.
Cualificarase ata un máximo de 10.
Os membros do tribunal, á vista das puntuacións obtidas polos aspirantes, poderán determinar a existencia dunha nota de corte para a superación da proba.
PROBA PRÁCTICA.
Esta proba terá carácter práctico consistirá na realización dunha ou varias probas prácticas relacionada coas tarefas a desempeñar expostas polo tribunal cualificador e coa duración que este órgano de selección determine con carácter previo ao seu inicio.
Estas probas son obrigatorias e quedarán eliminadas aquelas persoas aspirantes que non asistan.
Cualificarase ata un máximo de 10.
Os membros do tribunal, á vista das puntuacións obtidas polos aspirantes, poderán determinar a existencia dunha nota de corte para a superación da proba.
14.2. FASE DE CONCURSO. BAREMO DE MÉRITOS (puntuación máxima 9 puntos).
Criterios xerais para todos os apartados do baremo:
- Só se valorarán os méritos que a xuízo do Tribunal estean acreditados conforme se sinala na base 10 destas Bases.
- Non se valorarán os méritos acreditados que non estean relacionados, a xuízo do Tribunal, coas funcións sinaladas na base específica 5 a excepción do apartado de idioma Galego que se puntuará en todos os casos.
14.2.1 Experiencia profesional (puntuación máxima de 5 puntos).
Criterios xerais:
- O cómputo dos días de experiencia profesional realizarase conforme aos días acreditados no informe de vida laboral.
- A experiencia nas Administracións Públicas e/ou nas Entidades do Sector Público puntuarase se a relación de servizos é funcionarial, laboral ou, se é o caso, autónoma.
- No suposto de ser autónomo a puntuación realizarase segundo o tempo certificado polas Administracións Públicas ou polas Entidades do Sector Público que corresponda.
- A puntuación da experiencia profesional en entidades privadas realizarase en atención a denominación dos servizos prestados que figuren no contrato de traballo ou na nómina.
Criterios de puntuación:
- Experiencia profesional nas Administracións Públicas e/ou nas Entidades do Sector Público:
- Desempeño nas mesmas prazas/postos/empregos que se convoca: Valorarase a razón de 0,084 puntos por cada 30 días de traballo.
- Desempeño da prazas/postos/empregos con funcións similares: Valorarase a razón de 0,063 puntos por cada 30 días de traballo.
- Experiencia profesional en Entidades Privadas:
- Desempeño do mesmo posto/emprego: Valorarase a razón de 0,042 puntos por cada 30 días de traballo.
- Desempeño de postos/empregos similares: Valorarase a razón de 0,022 puntos por cada 30 días de traballo.
14.2.2. Formación Complementaria (puntuación máxima 4 puntos).
Criterios xerais:
- Non se puntuarán as asignaturas ou materias que formen parte dunha titulación académica, nin de masters propios.
- Os cursos de informática valoraranse sempre que o Tribunal considere que son necesarios para realizar as tarefas do posto.
- Non se puntuarán as accións formativas que non acreditan as horas de duración.
Criterios de Puntuación:
Cursos, xornadas, seminarios, congresos, masters propios e similares:
TIPO DE CURSOS | PUNTUACIÓN POR HORA |
Asistencia. | 0,005 |
Aproveitamento. | 0,010 |
Impartir cursos. | 0,020 |
15.- PROBA DE GALEGO.
O artigo 51.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia establece que:
“[…], para darlle cumprimento á normalización do idioma galego nas Administracións Públicas de Galicia e para garantir o dereito ao uso do galego nas relacións coas Administracións Públicas no ámbito da Comunidade Autónoma, así como a promoción do uso normal do Galego por parte dos poderes públicos de Galicia, nas probas selectivas que se realicen para o acceso aos postos das Administracións Públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei incluirase un exame de galego, agás para aquelas persoas que acrediten o coñecemento da lingua galega consonte a normativa vixente. As bases das convocatorias dos procesos selectivos establecerán o carácter e, se é o caso, a valoración do coñecemento da lingua galega.”.
Aquelas persoas aspirantes que non acrediten o nivel de galego sinalado na base 6.2) deberán realizar esta proba que consistirá na tradución dun texto en castelán para o galego ou en galego para o castelán.
Esta proba é obrigatoria e eliminatoria e cualificarase con apto ou non apto.
16. CUALIFICACIÓN FINAL.
A cualificación final establecera a orde definitiva das persoas aspirantes que superaron o procedemento selectivo.A cualificación final virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e as obtidas na fase de oposición.
No suposto de empate, este resolverase acudindo á maior puntuación obtida primeiro na proba teórica, segundo na proba práctica e a continuación na orde dos distintos apartados do baremo e se persiste o empate procederase a realizar un sorteo público.
17. PROPOSTA DE CREACIÓN DA LISTAXE DE EMPREGO TEMPORAL E PUBLICACIÓN.
O Presidente do Tribunal, á vista das cualificacións finais das persoas aspirantes, que superaron o proceso selectivo, formulará proposta ante a Alcaldía, indicando a orde das persoas aspirantes que formarán a bolsa de emprego.
Publicación.- As propostas do Tribunal, publicarase no Taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello.
Funcionamento da listaxe de emprego temporal.-A vixencia desta listaxe de emprego será de 3 anos dende a publicación da resolución mediante a cal se constitúa a mesma.
A bolsa estará formada polas persoas aspirantes que fosen admitidos ao proceso selectivo, en orde a súa puntuación final e funcionará do seguinte modo, podendo acudirse á mesma para a contratación de persoal laboral do Concello de O Valadouro:
I- Realizaranse 3 chamadas cunha diferenza dunha 1 hora entre cada chamada, de non haber resposta pasarase ó seguinte, sen penalización, salvo que se repita a situación de non contestar nos seguintes chamamentos, en cuio caso se pasará ao final da lista. Ao realizar o chamamento de forma telefónica, deixará constancia de esta actuación unha persoa traballadora do Concello de O Valadouro, mediante dilixencia na que se reflectirá a data e hora das chamadas, así como a resposta recibida.
II- De rexeitarse a oferta pasará ó final da lista salvo causa xustificada nos seguintes supostos:
a) Enfermidade acreditada por baixa médica por ILT ou informe médico.
b) Embarazo de risco.
c) Atoparse en período de permiso de maternidade ou paternidade.
d) Atoparse desempeñando outro posto de traballo.
e) Coidado dun familiar que se encontre a cargo dun integrante da lista, ata o segundo grao inclusive de consanguinidade ou afinidade que por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade non poda valerse por sí mesmo e non desempeñe actividade retribuída.
Ditas circunstancias deberán acreditarse nun prazo de 3 días naturais.
III- Cando se produza o cese dun integrante da lista, incorporarase ó posto da lista que lle corresponda por puntuación.
IV- Os movementos, incidencias e novidades que se produzan na lista publicaranse na sede electrónica do Concello de O Valadouro.
18.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN.
18.1. PERSOAS CHAMADAS PARA INCORPORARSE Á PRESTACIÓN DE SERVIZOS NOS CHAMAMENTOS QUE SE REALICEN AOS INTEGRANTES DA LISTAXE DE EMPREGO TEMPORAL.
As persoas seleccionadas presentarán os seguintes documentos mediante copias compulsadas ou, se é o caso, orixinais:
a) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o desempeño das funcións a desempeñar que se sinalan nas bases específicas.
b) Declaración xurada de non ter sido separadas do servizo das administracións públicas e non estar incursas nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.
c) Fotocopia compulsada da tarxeta da Seguridade Social e número de conta bancaria.
d) No caso de ter a condición de discapacitadas deberá presentar a certificación acreditativa do grado de discapacidade, tendo facultade a Entidade para que solicitar ao órgano competente a compatibilidade para desempeño funcional da praza/posto/emprego.
Lugar de presentación. Os devanditos documentos presentaranse polos mecanismos establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Prazo de presentación. O prazo de presentación será de 2 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da proposta de selección no taboleiro de edictos, prazo que poderá ampliarse cando as persoas seleccionadas acrediten que non puideron presentar algún documento por causas alleas á súa vontade.
Nos supostos de urxencia, poderase proceder, de forma inmediata, a nomear ou á formalización do correspondente contrato laboral temporal; quedando as persoas seleccionadas obrigadas a aportar a mencionada documentación.
En todo caso no prazo de 10 días naturais, computados dende a data da formalización do contrato, as persoas seleccionadas estarán obrigadas a presentar a devandita documentación, xa que no caso contrario, procederíase ao seu cesamento automático, agás en supostos de forza maior.
As persoas que figuran na proposta do Tribunal para incorporarse a modalidade de listaxe temporal que corresponda non presentarán a documentación ata que se faga o chamamento para incorporarse a prestación de servizos.
19. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.
Realizarase de forma inmediata ao chamamento de incorporación debido a urxencia das incorporacións.
20. DEREITO SUPLETORIO E XURISDICIÓN.
No non sinalado nas presentes bases, estarase ao establecido na normativa básica sobre selección de persoal ao servizo da Administración Local e demais normas que resulten de aplicación, estándose aos órganos competentes da Xurisdición Contencioso-Administrativa para dirimir as controversias que se produzan na aplicación destas.
21. RECURSOS.
Contra a resolución pola que se aproban as bases desta convocatoria, definitiva en vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a Alcaldía ou Xunta de Goberno no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación ou ben interpor recurso contencioso- administrativo, ante o correspondente Xulgado do Contencioso- Administrativo, no prazo de dous meses e na forma prevista na lexislación reguladora da dita xurisdición, sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro que estime procedente.