ÚLTIMAS SEMANAS PARA REALIZAR A ADAPTACIÓN DAS ANTENAS DE TV QUEDA MENOS DUN MES.
O próximo 11 de febreiro algunhas canles de TDT deixarán de emitir nas súas antigas frecuencias en 58 municipios da provincia. Antes desta data deben adaptarse as antenas de edificios comunitarios.
Os administradores de fincas/presidentes de comunidades de propietarios deben contactar de inmediato cunha empresa instaladora rexistrada na Secretaria de Estado de Telecomunicacións e infraestruturas Dixitais.
Recoméndase pedir varios orzamentos.
Ademais, todos os cidadáns deses 58 municipios deberán resintonizar o seu televisor co mando a distancia.
Existe un programa de axudas públicas de 145 M€ para que o proceso de adaptación sexa gratuíto para as comunidades de propietarios.
Na provincia de Lugo, a contía da subvención oscila entre 104,3 € e 260,75 € por edificación, en función da infraestrutura previamente instalada no edificio. As solicitudes de axudas poderanse presentar online ata o 30 de setembro de 2020, tras realizar previamente a adaptación das instalacións de recepción do sinal de TDT.
Será necesario presentar a documentación xustificativa, incluíndo a factura debidamente conformada e o boletín de instalación asinado polo instalador de telecomunicacións rexistrado. Só poderanse solicitar axudas para as actuacións realizadas por empresas instaladoras do Rexistro de Instaladores de Telecomunicacións da Secretaría de Estado para o Avance Dixital ( SEAD).
As solicitudes presentaranse en https://sede.mineco.gob.es/portal/site/sede/procedimiento_dd2.
Poden contactar coa Xefatura Provincial de Inspección de Telecomunicacións de Lugo no teléfono 982 265231 ou en jplugo@mineco.es.
Que é o Segundo Dividendo Dixital?:
O cambio de frecuencias da TDT prodúcese a causa do chamado Segundo Dividendo Dixital, polo que se debe liberar antes do 30 de xuño de 2020, por mandato europeo, a banda de 700 MHz do espectro radioeléctrico para permitir o despregamento de futuras redes de telecomunicacións 5 G.
Este proceso non implicará a aparición nin desaparición de canles de televisión xa que simplemente desprázanse de frecuencias. Tampouco supoñerá a obsolescencia de televisores nin descodificadores TDT.
Mantense así a aposta por situar a España entre os países líderes no desenvolvemento da tecnoloxía 5 G, que impulsará a competitividade do tecido empresarial e facilitará a aparición de innovacións disruptivas.
Máis información en www.televisiondigital.gob.es e teléfonos 901 20 10 04 e 91 088 98 79.
