O vindeiro sábado, 18 de setembro, o pelotón da Volta Ciclista a Galicia rodará polo Valadouro.
A hora prevista de paso dos ciclistas son as 15:13 horas, con antelación o dispositivo de seguridade cortará o tráfico en:
- LU-161.
- Avenida de Viveiro.
- Rúa Andrés López Palmeiro.
- Avenida de Mondoñedo.
- LU – 160.
Podes acceder a toda a información en www.voltagalicia.com