Manisfesto
Manifesto de Lionel Rexes In Memorian a Manuel Lourenzo
Para os do seu tempo foi coñecido como Manolo de Mucha, para os demais era Manuel Lourenzo, o escritor, o director de escena, o actor, e por tal motivo, tamén chamado polo nome de numerosos personaxes interpretados ao longo da súa carreira.
E todas as identidades cabían nel, nese home que regresaba, vrao tras vrao ao seu Valadouro natal, a onde gustaba de traer,
desinteresadamente, funcións teatrais, lecturas dramatizadas, e tras el un ronsel de persoas do mundo das artes escénicas.
Desde onte, os medios de comunicación reflicten o seu extenso currículum profesional, os seus numerosos galardóns, a súa inxente colección de obras escritas, porén, para nós, para a xente do Valadouro era o veciño que levou o nome da súa terra por toda Europa, que elevou o noso idioma á máxima categoría a través dos seus textos, e que sempre iniciaba as súas intervencións públicas dicindo: “Eu nacín en Ferreira do Valadouro, e sendo neno descubrín o teatro nunha función
no antigo cine da vila”.
Así era Manuel Lourenzo, fiel ás súas orixes, entregado ao noso val e sempre coñecedor de que os grandes persoeiros o son, non por teren chegado lonxe, senón por teren presente de onde partiron. Por iso nos dicía, a quen fomos os seus alumnos vivenciais, sempre mesturando mitoloxía e realidade como a el lle gustaba, que aquí no Valadouro naceu o país, porque aquí se refuxiou a última nobreza galega no século XV, porque aquí un mar se tornou río, e porque neste val se
conservan unhas palabras que tan só aquí se escoitan: xoulada, patanexo, cachón, zarrulada… ao cabo, para Manuel Lourenzo eran palabras máxicas que introducía nos seus textos, revelando que O Valadouro e os seus falares nutriron a súa escrita, e ao tempo renacen, en cada obra por el asinada.
Explicaba con orgullo que a lingua xermánica traída polos suevos deixou pegada nos nomes de moitos lugares do val, e así, ao pronunciar Cendemil, Freitemunde, O Bermún, Frexulfe… Manuel mergullábanos noutro tempo, nese tempo en que O Valadouro naceu ao mundo, e con el a terra en que o dramaturgo soñou centos de obras de teatro.
Hoxe, sobre o escenario da eternidade, Manuel Lourenzo observa o seu Valadouro natal e seguramente invoca as fermosísimas frases que figuran nunha das súas obras, e que para min supoñen un canto á negación da morte como final absoluto:
“A nosa música non pode desaparecer. Continuaremos a escoitala nas
ruelas e nas prazas do país dos nosos soños, mesmo sobre o restroballo
das ruínas.
Un xardín eríxese en calquera sitio, sobre o mar que non hai ou na
saudade de solpores imposíbeis.
Basta un xesto de nós para borrar ese malfado das estrelas.”
Manuel Lourenzo, sempre na nosa memoria.
LIONEL REXES
11 de agosto de 2025
Decreto de loito oficial e actos homenaxe.


Breve reseña na trexectoria de Manuel Lourenzo
Manuel María Lourenzo Pérez, nado en Ferreira do Valadouro o 15 de abril de 1943, e finado na Coruña o 10 de agosto de 2025, foi un actor, dramaturgo, director teatral, conferenciante, tradutor galego, e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais.
Traxectoria
Manuel Lourenzo cursou estudos de Maxisterio, é Licenciado en Interpretación polo Institut del Teatre de Barcelona.[1] Entre 1962 e 1964, viviu en Alemaña. Volta a Galiza e, en 1965, crea na cidade da Coruña (xunto con Francisco Pillado Mayor) o Grupo de teatro O Facho, grupo ligado á Agrupación Cultural O Facho e que marca, a xuízo de autores como Laura Tato ou Manuel F. Vieites, o inicio do teatro independente en Galicia. En 1967 funda o Grupo de Teatro Circo, de vital importancia dentro da historia do teatro galego, activo até 1976. Co Teatro Circo acudirá ás Xornadas de Teatro de Pontevedra de 1971 e mais ás Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973–1980), citas de necesaria referencia dentro do contexto do Teatro Independente. En 1978 funda, de novo xunto a Francisco Pillado, a Escola Dramática Galega, e codirixe con este autor os Cadernos da Escola Dramática Galega, os cales viron nacer ao seu abeiro personalidades do noso teatro como Xesús Pisón, Miguel Anxo Fernán-Vello ou Henrique Rabunhal
En 1979 publica, igualmente en coautoría con Pillado Mayor, a monografía O teatro galego libro pioneiro e aínda de referencia aínda hoxe en día dentro do ámbito do estudo da dramática.
Colaborador na prensa diaria e en revistas especializadas de teatro: Primer Acto, Yorick, Antzerti, Escena, CasaHamlet etc.]
Por outra parte, en 1980 crea a Compañía Teatral Luís Seoane e, en 1981, recibe con Pillado un premio outorgado pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, outorgado a raíz dun traballo sobre o teatro de Luís Seoane. Tamén en 1981, e tamén con Francisco Pillado Mayor, funda a editorial Castrodouro.
No ano 1990 crea o Clube de Teatro Elsinor, en 1995 saca á luz (tamén con Pillado Mayor) a colección Cadernos de Teatro.
En 1997 recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática, por Veladas indecentes
No ano 1998, xunto con Santiago Fernández, crea a escola teatral Casahamlet
No 2007 foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. No 2017 foi recoñecido como Profesor Honoris Causa pola ESAD de Galicia
En decembro de 2021 a Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura ofreceulle a homenaxe A vida nunha cesta. Un agasallo para Manuel Lourenzo
O 14 de xuño de 2022, foi o protagonista dun acto no que se lembrou a súa traxectoria e viron a luz as súas Obras Completas, evento organizado pola Fundación Galiza Cultura e a A.C. O Galo.
Un dos máis experimentados actores de teatro de Galicia, é ademais profesor de interpretación e actor de dobraxe. Ten colaborado en vídeo, cine e televisión, como en 1977 Quelques fleurs de saintété, de Jean-Pierre Jeanneson e a de 1988 Del Miño al Bidasoa de José Briz
Obra
Obra de creación
Autor de aproximadamente 150 obras dramáticas, o seu teatro volta aos temas da traxedia grega para denunciar situacións históricas (como o franquismo, a Transición…). Laura Tato Fontaíña destaca o seu interese polas figuras femininas que cumpren o rol da femme fatale e polas pezas de mulleres apaixonadas, no medio dunha mestura entre nostalxia, humor e fantasía. Concibiu tamén obras dramáticas nas que se ironiza con aspectos teóricos da dramática.
Algunhas das súas obras máis destacadas son:
- Tres irmáns parvas (1969). Represanado polo Teatro Circo de Artesáns en 1970.
- Crónica do sol de inverno (1971). En: Primer Acto, Núm.137, outubro, 1971, p. 36-51
- Erros e ferros de Pedro Madruga (1972). Representada por «Teatro Circo de Artesáns» en 1972.
- Romería ás Covas do Demo (1975). Pico Sacro. 70 páxs.
- Viaxe ao país de ningures (1977). Vigo: Galaxia. Cuberta e ilustración de Luís Seoane. 71 páxs.
- Todos os fillos de Galahad (1978).
- As criadas (1980). (Obra de Jean Genet, representada pola Compañía Luís Seoane en 1980, baixo a dirección de Manuel Lourenzo).
- Últimas fasquías de setembro (espectáculo). Na Casa Hamlet.
- Edén e outros paraísos (1981). Castrodouro, Gráficas coruñesas.
- Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca (1981). Sada: Ediciós do Castro. 150 páxs.
- Fedra (1982). Cadernos da Escola Dramática Galega.
- A noite dourada de Mimí da Cora (1982). Compañía Luís Seoane.
- O segredo da Illa Troneira (1986). Cadernos da Escola Dramática Galega.
- Defensa de Helena (1987). Santiago: Sotelo Blanco.
- Unha man de vento contra o mar (1989). Caixa Galicia.
- Agamenón en Áulide (1991). Teatro do Atlántico.
- Agamenón en Áulide (contos troianos) (2006) Silleda: Fervenza. 16 páxs.
- Forno de teatro fantástico (1991). Sada: Ediciós do Castro.
- Xoana (1991). Cadernos da Escola Dramática Galega.
- Teatro mínimo (1992). Elsinor Teatro. Inclúe as pezas «Laura» (1988), «A paixón de Brenda Moore» (1988-1992), «Mário e Manfredo» (1987), «Como un susurro» (1985), «A canción do deserto» (1990), «O binóculo» (1988) e «Aquela rúa» (1991).
- Electra (1994). Cadernos da Escola Dramática Galega.
- O xardín dos contos (1994). Asociación Mostra de Teatro Infantil Xeración Nós.
- A lexión sonámbula (1995). A Coruña: Hércules.
- O perfil do crepúsculo (1995). Cadernos de Teatro.
- A sensación de Camelot (1995). AS-PG.
- Magnetismo (1996). Deputación da Coruña.
- Veladas indecentes (1996). Santiago: Laiovento. Foi traducida ao español.
- O circo da medianoite (1997). AS-PG/A Nosa Terra.
- Lionel. O Malestar do Benestar (1998). En Casa Hamlet.[
- Últimas faíscas de setembro (2000). Deputación da Coruña.
- A larva furiosa. Adeus, Madelón (2003). Culleredo: Espiral Maior. 136 páxs.
- Insomnes (2004). Deputación da Coruña.
- Camiñar polo arame cunha lata de cervexa (2005). Santiago: Laiovento. 20 páxs.
- Nocturnos (2005). Santiago: Laiovento. 132 páxs.
- Eclipses (2006). Santiago: Laiovento. 180 páxs.
- Illa: contos troianos (2006). Silleda: Fervenza. Ilustradora: Rosa Herraiz Cabanas. 22 páxs.
- Contos troianos (2007). Deputación da Coruña.
- Eléctricas (2007). Santiago: Laiovento. 168 páxs.
- As horas baixas (2008). Santiago: Laiovento. 122 páxs.
- Concerto (2009). Santiago: Laiovento. 144 páxs.
- As dunas (2009). Centro Dramático Galego. Dirixida por Quico Cadaval. Versión de Romaría ás covas do demo.
- Medea dos fuxidos e outras pezas (2009). Biblos Clube.
- Flores de Dunsinane (2010). Vigo: Xerais. 48 páxs.
- Teatro circo: tres textos (2010). Deputación da Coruña.
- Tres versións (2010). Santiago: Laiovento. 110 páxs.
- Aquelas cousas do verán (2011). Artes e Ideas Difusora de Letras. 62 páxs.
- Novo teatro fantástico (2012). Santiago: Laiovento. 152 páxs.
- Nunca paraíso. Teatro breve (1973-2015) (2016) Vigo: Xerais. 360 páxs.
- Suite Artabria (2017). Vigo: Xerais. 128 páxs.
Obra completa
Os catro volumes editados por Galiza Cultura recollen preto de 50 anos da produción teatral. O primeiro volume abrangue a dramaturxia comprendida entre 1960 e 1982, o segundo vai de 1983 até 1996, o terceiro de 1997 ata 2006, e o cuarto de 2007 até 2009.
Obra ensaística
Manuel Lourenzo é tamén autor de libros e artigos teóricos sobre o teatro galego. Os máis destacábeis son:
- Tacholas (1975). Sada: Ediciós do Castro).
- O teatro infantil galego (1978). Cadernos da Escola Dramática Galega.
- Mensaxe do Día Universal do Teatro (1992). Instituto Galego da Información.
- Pensar co corpo (2001). Deputación da Coruña.
Poesía
- Santuário (1983). Concello de Vigo.
Narrativa
- O hóspede escandinavo (2010). Culleredo: Espiral Maior. 62 páxs. ISBN 9788492646074. 61 relatos curtos.
Traducións
- A Maravillosa história de Marly, a vampira de Vila de Cruces (fotonovela nun acto), de Carlos Queiroz Telles (1988).
Literatura infanto-xuvenil
- Teatro para nenos (1982). Sada: Ediciós do Castro).
Obra escrita con Francisco Pillado Mayor.
- A compañía galega Maruxa Villanueva (1979). Cadernos da Escola Dramática galega.
- O teatro galego (1979). Sada: Ediciós do Castro
- Antoloxía do teatro galego (1982). Sada: Ediciós do Castro.
- Dicionario do teatro galego (1987). Santiago: Sotelo Blanco.
- Guía das obras dramáticas de Álvaro Cunqueiro (2006). Deputación da Coruña.
Obras colectivas
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (1986). Concello de Lugo.
- Monólogos (1987). Santiago: Sotelo Blanco.
- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978–1989) (1990). Sada: Ediciós do Castro.
- 12 anos na búsqueda da nosa identidade (1990). Guitiriz: Asociación Cultural Xermolos.
- O camiño das estrelas (1993). Elsinor Teatro.
- O xardín dos contos (1994). Mostra de Teatro Infantil Galego Xeración Nós.
- O Canto de Vilavella (1996). Xunta de Galicia.
- Contos do Valadouro (1998). A Nosa Terra.
- Liñas para lelas (1998). RENFE/Grándola Nova Edicións.
- Arqueoloxía do Valadouro. Prehistoria (2010). Deputación de Lugo.
- Cociñando ao pé da letra (2011). Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
- VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior (2012). Deputación da Coruña.
- Banqueiros (2012). Santiago: Laiovento.
Actor
- Urxa, (1989). De Carlos Piñeiro.
- Os outros feirantes (1990). TVG.
- El baile de las ánimas (1994).
- Dame fuego (1995).
- Mareas vivas (1998-2002). Melgacho.
- Entre bateas (2002). Renato
- Terra de Miranda (2003).
- O lápis do carpinteiro (2003).
- Libro de familia (2008)
- Os mortos van á présa (2009). Paco.
- Matalobos (2010). Xosé Louro.
- Días azules. Policía.
- Vilamor (2012). O cura Don Aurelio.
- Fariña (2018). Vicente Otero Pérez «Terito».
- Elisa e Marcela (2019). O cura Víctor Cortiella.
Premios
Durante a súa carreira, Manuel Lourenzo colleitou numerosos premios literarios e teatrais. Estes son:
- Concurso Breogán de Contos en Lingua Galega (1971, 1972, 1975).
- 3º Premio de Contos dos IV Jogos Florais Minho-Galaicos. Convívio de Guimarães no 1973, por O retorno do cabo de vela.
- Concurso-Premio de Teatro Infantil O Facho (1975, 1979, 1981, 1986, 1988).
- Premio Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (1977, 1981).
- Premio Abrente (1978)/ Mención de honra no Premio Abrente (1974 e 1980).
- Premio de Poesía Cidade da Coruña (1980).
- Premio Nacional do Disco (1981).
- Premio Celso Emilio Ferreiro de Poesía do Concello de Vigo (1982), por Santuário.
- Premio Artur Carbonell (1983).
- Festival Internacional de Teatro de Ribadavia (1984, mellor dirección).
- Premio da Sociedade Filantrópico-Dramática de Ribadeo (1984).
- Premio Concello de Xove (1984), por O segredo da Illa Troneira.
- Premio Teatro de Cámara Ditea (1985), por Defensa de Helena.
- Festival de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (1986, 1990).
- Certame Galego de Teatro Xuventude (1991)/Segundo Premio en 1996).
- Premio de Narrativa Pub Combo (1992).
- Premio Xeración Nós de Ferrol (1993).
- Finalista do Concurso de Obras Teatrais Inéditas «No Camiño» (1993)/ Accesit en 1994.
- Premio de teatro Rafael Dieste (1996, por Magnetismo e 1999, por Últimas faíscas de setembro).
- Premio Nacional de Literatura Dramática (1997), por Veladas indecentes.
- Pedrón de Ouro (2001).
- Premio Maruxa Villanueva (2004).
- Premio Nacional de Artes escénicas (2008).
- Premio Álvaro Cunqueiro por Flores de Dunsinane (2009).
- Premio Abrente de Textos Teatrais no 2010, por Aquelas cousas do verán.
- Premio Otero Pedrayo das Deputacións galegas e a Xunta de Galicia, 2011.
- Premio de teatro da AELG, 2011, por Flores de Dunsinane.
- Premio Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) á Animación Teatral en 2016.
- XXIII Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, 2016, por Suite Artabria.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de teatro de 2017, por Suite Artabria.
- En 2018 o FIOT premia a traxectoria de 50 anos de Manuel Lourenzo.
- Cunqueiriano de honra en Mondoñedo, 2023.
- Premio da Cultura Galega 2024.

