?? Hoxe tivo lugar a clausura de Ludiverán 2019!!
Outro ano máis rematan as actividades de verán do Concello das que puideron desfrutar máis de 80 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. O alcalde Edmundo Maseda e a concelleira María Mon fixeron a entrega de diplomas no salón de actos da Casa da Cultura.
Dende aquí queremos dar as gracias a todos/as participantes e as familias pola boa acollida de cada ano a este tipo de actividades. Moitisimas gracias tamén ás monitoras/es que estes meses fixeron máis divertida as mañáns dos nenos e nenas, o bo traballo refléxase nas caras de alegría dos máis pequenos, gracias!!??
Agora toca desfrutar das Festas do Oito!!?