O inicio das actividades será o 3 de agosto.
As actividades están orientadas a rapaces e rapazas nados entre o ano 2008 e o 2016.
Todos os nenos e nenas que desexen participar nas actividades de LUDIVERÁN 2020– O VALADOURO estarán inscritos previamente nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade «Manuel Lourenzo» de O Valadouro.
Terán preferencia, sempre por rigurosa orde, os que se inscriban entre os días 1 e 7 (incluídos) de 10:00h. a 14:00h de luns a venres. A oficina para a presentación de solicitudes atópase no primeiro andar do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade «Manuel Lourenzo» de O Valadouro.
Formarán parte do programa, aquelas solicitudes que cumpran, por orde os seguintes requisitos:
- a) Alumnos do CEIP Santa María do Valadouro que soliciten todo o período do programa e no que ambos pais traballen.
- b) Alumnos do CEIP Santa María do Valadouro que non soliciten todo o período do programa e no que ambos pais traballen.
- c) Resto de inscritos.
Unha vez iniciado o programa e, sempre e cando queden prazas libres, poderán inscribirse máis interesados ata cubrir todas as prazas.
Se unha persoa inscribe un participante e están todas as prazas cubertas, ou se fai fóra de prazo, dita solicitude pasará á lista de reserva.
A lista de reserva serve para cubrir as prazas que queden vacantes ó longo da programación. · O número de prazas estará limitado á ratio por monitor asinado ás actividades. Se un participante desexa deixar de acudir ó programa, o seu pai, nai ou representante deberá de pasar polas oficinas da casa da cultura, para comunicalo por escrito.
As actividades realizaranse entre os días 15 de xullo e 31 de agosto (laborables) entre as 10:00h. e as 13:30h. Todos os días se pasará lista de asistentes e se un inscrito falta asiduamente, (sen xustificar) alo menos o 20% do período solicitado, automáticamente pasará á lista de reserva. Na solicitude deberá de figurar se o/a inscrito/a sofre algún tipo de alerxia ou enfermidade que impida poder realizar as actividades plantexadas. En caso de non ter programadas as vacacións antes de formalizar a inscrición formalmente, agradécese que o pai, nai ou responsable o comunique por escrito con suficiente tempo para evitar problemas organizativos.
Os participantes estarán sempre acompañados do persoal cualificado da empresa encargada de xestionar o programa. Dado que se trata dunha actividade lúdico-infantil, non se permitirá o acceso ás instalacións onde se realice o programa, de ninguén máis que a dos participantes nas
actividades.
O lugar de realización das actividades, agás previo aviso, serán as instalacións do Pavillón Polideportivo Municipal de O Valadouro e o patio de xogos (agás o parque infantil) do CEIP Santa María. En momentos puntuais programaranse pequenas excursións para coñecer o medio na que ningún inscrito acudirá só.
No intre de descanso usarán, sempre e cando o tempo meteorolóxico o permita, o patio de xogos do CEIP Santa María do Valadouro (agás o parque interior).· Se o desexan, os participantes levarán unha merenda que tomarán a media mañá.
Os inscritos distribuiranse en grupos segundo as súas idades co fin de homoxeneizar o grupo de actividade do que forman parte.
Recoméndase que os participantes veñan con roupa cómoda para o desenvolvemento de actividades deportivas e xogos.
