BASES PARA A CONSTITUCIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO POR CONCURSO-OPOSICIÓN PARA O POSTO DE OPERARIO/A DE SERVIZOS MÚLTIPLES (FUNCIONARIO INTERINO)
PRIMEIRA. OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes bases teñen por obxecto establecer o procedemento de selección para a elaboración de listaxe de emprego temporal para prestar servizos como persoal funcionario interino de OPERARIO/A DE SERVIZOS MÚLTIPLES no Concello de O Valadouro atopándose incluído no artigo 10 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro.
As características do posto:
• Denominación: Operario/a de servizos múltiples.
• Xustificación do nomeamento: Artigo 10 do Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015.
• Funcións encomendadas:
◦ Control, mantemento e manexo de todo o material municipal incluído vehículos.
◦ Pequenas obras, instalacións, servizos de reparación e mantemento de diversos edificios.
◦ Conservación e mantemento de redes de alumeado público con utilización dos vehículos necesarios e pequenas obras de mantemento de instalacións eléctricas en edificios municipais.
◦ Control dos niveis de depósitos, regulación, equipos de cloración, control do estado das redes de auga, chaves de paso, acometidas e execución de obras necesarias para mantemento e conservación, así como reparación nas redes de auga e saneamento co resto do persoal
◦ Utilización e manexo de ferramentas asociadas ao posto.
◦ Calquera cometido ou servizo que en xeral demanden as necesidades do Concello.
• Retribucións: As correspondentes segundo a lexislación vixente.
• Sistema de selección: Concurso-oposición.
SEGUNDA. CONDICIÓNS DE ADMISIÓN DE ASPIRANTE
Para poder participar nos procesos selectivos será necesario reunir os seguintes requisitos, como data límite o último día do prazo de presentación de solicitudes, de acordo co establecido no artigo 56 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro:
a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. Só por Lei poderá establecerse outra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público.
d) Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin acharse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
e) Estar en posesión do permiso de condución clase B.
TERCEIRA. FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS
As solicitudes (Anexo I) requirindo tomar parte no correspondente proceso de selección, nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas presentes bases xerais para a praza que se opte con declaración responsable dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello e presentaranse nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de catro días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria na Sede Electrónica do Concello de O Valadouro.
Así mesmo, as bases da convocatoria publicaranse na sede electrónica deste Concello e no Taboleiro de anuncios do mesmo.
Os datos persoais incluídos na solicitude de participación serán tratados unicamente para a xestión do proceso selectivo e as comunicacións que deban realizarse. Cando sexa necesario publicar un acto administrativo que conteña datos persoais publicarase da forma que determina a disposición adicional sétima da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais. O Concello será o responsable do tratamento destes datos.
As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:
• Orixinal ou copia cotexada do Documento Nacional de Identidade ou documento identificativo.
• Orixinal ou copia cotexada do permiso de conducir esixido.
• Orixinal ou copia cotexada dos méritos que aleguen para a súa validación na fase de concurso. No caso de aportar méritos por experiencia laboral será imprescindible aportar a vida laboral e certificado de servizos prestados ou calquera outro documento que acredite as funcións desempeñadas e a duración.
Non se terán en conta nin serán valorados aqueles méritos que non estean acreditados na forma indicada nin aqueles que non se acrediten suficientemente no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes.
Para que teñan validez, tódolos documentos presentados deberán estar expedidos nalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de tratarse de documentos expedidos noutras Comunidades Autónomas do Estado Español, para que teñan validez deberán estar redactadas en lingua castelá ou traducidas polo organismo competente da respectiva Comunidade. Tratándose de documentos expedidos nun país estranxeiro, deberán estar traducidos, validados e apostilados pola correspondente oficina diplomática española ou organismo competente.
Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e sexan nacionais dun Estado Membro da Unión Europea, con dereito a participar nalgún proceso selectivo, deberán presentar unha fotocopia do pasaporte ou documento que acredite a súa identidade e nacionalidade. De ser o caso, tamén presentarán os documentos que confirmen o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo dunha persoa nacional doutro Estado co que teña o dito vínculo. Así mesmo, deberán achegar unha declaración xurada ou promesa de dita persoa de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, de ser o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou de que está ao seu cargo.
Os demais aspirantes estranxeiros, xunto coa fotocopia do seu pasaporte en vigor, deberán acompañar copia do documento que acredite que están habilitados a residir e a poder acceder sen limitación ao mercado laboral en España.
Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os interesados aceptan e acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria.
CUARTA. ADMISIÓN DE ASPIRANTES
Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución no prazo de tres días, declarando aprobada a lista provisional de persoas admitidas e excluídas. Na devandita resolución, que se publicará na sede electrónica deste Concello e no taboleiro de anuncios do mesmo sinalarase un prazo de dous días hábiles para que se poidan formular reclamacións ou emendar os defectos que motiven a exclusión.
Na lista provisional de persoas admitidas e excluídas indicarase a designación do tribunal cualificador e a data da súa constitución, así como a data hora e lugar na que se realizará a fase de oposición.
Transcorrido o prazo de emenda, pola Alcaldía aprobarase a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, que se publicará na sede electrónica deste Concello e no Taboleiro de Anuncios do mesmo.
QUINTA. TRIBUNAL CUALIFICADOR
Os membros do Tribunal Cualificador serán designados polo Sr. Alcalde – Presidente segundo o disposto no Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, e en atención ao principio de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros.
A totalidade dos seus membros deberá posuír un nivel de titulación igual ou superior á esixida para o aceso á praza obxecto desta convocatoria.
Deberá tenderse na súa composición, á paridade entre home e muller.
A pertenza ao mesmo será sempre a título individual non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén.
Non poderán formar parte do Tribunal os funcionarios ou laborais que realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á convocatoria.
O tribunal de selección poderá dispoñer a incorporación de asesores especialistas ou persoal colaboraor, para todas ou algunhas das probas, que colaborarán co órgano de selección exclusivamente no exercicio das súas especialidades técnicas sen que sexan integrantes do Tribunal, correspondéndolle o asesoramento e ilustración do parecer dos seus membros.
O tribunal cualificador estará integrado do seguinte feito:
a) Presidente: Un funcionario de carreira ou persoal laboral. Con voz e voto.
b) Secretario: Un funcionario de carreira ou persoal laboral. Con voz e voto.
c) Vogal: Un funcionario de carreira ou persoal laboral. Con voz e voto.
A súa composición farase pública na mesma resolución da Alcaldía pola que se aproba a lista provisional de admitidos e excluídos.
Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convócante, cando concorra algunha das circunstancias previstas no art. 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 24 da lei citada.
O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros. En todo caso, será precisa a asistencia do Presidente e Secretario.
O Tribunal Cualificador queda autorizado para resolver as dúbidas que se presenten e para tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo, en todo o non previsto nestas bases.
SEXTO. SISTEMAS DE SELECCIÓN E DESENVOLVEMENTO DOS PROCESOS.
PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN: CONCURSO- OPOSICIÓN
FASE DE CONCURSO
Serán valorados os méritos que os aspirantes aleguen:
Méritos computables:
- Cursos e outras actividades de formación relacionados coas funcións do postos (máximo 2,00 puntos) Acreditarase mediante copia do Título, Diploma ou certificación.
• Cursos de duración igual ou inferior a 10 horas ou duración non acreditada: 0,05 puntos por cada un.
• Cursos de máis de 10 horas e ata 25 horas: 0,10 puntos por cada un.
• Cursos de mais de 25 horas e ata 50 horas: 0,15 puntos por cada un.
• Cursos de mais de 50 horas e ata 100 horas: 0,20 puntos por cada un.
• Curso de mais de 100 horas e ata 150 horas: 0,25 punto por cada un.
• Cursos de mais de 150 e ata 200 horas: 0,30 puntos por cada un.
• Por cada curso de mais de 200 horas: 0,35 puntos. - Experiencia profesional (máximo 6,00 puntos) Acreditarase a través de certificación oficial de vida laboral actualizada e a copia do contrato ou certificado de empresa en que consten as tarefas realizadas e a duración.
• Por cada mes de servizo no mesmo posto de traballo nunha Entidade Pública: 0,20 Puntos.
• Por cada mes de servizo nun posto similar nunha Entidade Pública: 0,10 Puntos.
A puntuación total da fase de concurso non poderá exceder de 8 puntos.
Os servizos prestados noutras Administracións acreditaranse mediante certificado do secretario da Corporación ou entidade ou mediante contrato de traballo acompañado da vida laboral, ou, en defecto do último documento, calquera no que se faga constar a categoría desempeñada e a duración.
En caso de empate, estarase ao disposto no artigo 44 do Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado aprobado por Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo.
FASE DE OPOSICIÓN: PROBA PRÁCTICA
A proba práctica consistirá na resolución no tempo determinado polo Tribunal, dunha ou máis probas prácticas de aptitude profesional que gardará relación coas función propias do posto de traballo e cos contidos que quedan recollidos na Base Primeira no apartado. “Funcións encomendadas”. Á finalización da mesma o Tribunal poderá pedir explicacións ou aclaración aos aspirantes.
A puntuación da proba practica non poderá exceder de 12 puntos, sendo preciso acadar unha puntuación de 6 puntos para superar esta fase e poder formar parte da bolsa de emprego.
A cualificación final será a suma dos méritos e da proba práctica non poderá exceder de 20 puntos.
SÉTIMA: RELACIÓN DE APROBADOS E ACREDITACIÓN DE REQUISITOS ESIXIDOS
Unha vez terminada a avaliación dos aspirantes e consideradas as reclamacións presentadas, o Tribunal fará pública a relación de aprobados por orde de puntuación na sede electrónica deste Concello e no Taboleiro de Edictos do mesmo.
Posteriormente, vistas e informadas as alegacións que no seu caso se presentaron, elevarase á Alcaldía a acta do proceso selectivo para que se aprobe a constitución da bolsa coa orde de prelación definitivo de aspirantes, que deberá publicar na sede electrónica do Concello.
O aspirante proposto, cando sexan requiridas para a súa contratación, achegará ante a Administración as condicións de capacidade que lle sexan requiridas.
Quen, dentro do prazo indicado, e salvo os casos de forza maior, non presentase a documentación ou da mesma deducísese que carece dalgún dos requisitos esixidos, non poderá ser nomeado, quedando anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidese incorrer por falsidade nas súas solicitudes de participación.
As propostas de nomeamento serán adoptadas polo órgano competente a favor dos aspirantes segundo a orde de prelación da relación de persoas aprobadas. Se a acode aspirante ao que lle correspondese o nomeamento non fose nomeada, ben por desistimento ou por non reunir os requisitos esixidos, convocarase á seguinte persoa candidata que superase o proceso de selección.
Así mesmo, informarase aos aspirantes achega do tratamento dos seus datos persoais e do compromiso de confidencialidade con ocasión da relación que se establece co Concello.
O nomeamento derivado deste proceso de selección en ningún caso dará lugar ao recoñecemento da condición de funcionario de carreira nin o seu cese dará lugar a compensación algunha.
OITAVA. FUNCIONAMENTO DA BOLSA DE EMPREGO
As persoas integrantes das Bolsas de Emprego ocuparán o posto da lista que lle corresponda, atendendo á puntuación obtida no proceso selectivo utilizado para a súa constitución, debendo aparecer, xunto ao número do posto ocupado, a puntuación que ostenta dentro da listaxe.
Para poder formar parte da bolsa de emprego, a parte do cumprimento dos requisitos establecidos, é imprescindible superar a fase de oposición.
Todas as persoas que superen o proceso de selección serán incluídas nunha bolsa de emprego para os futuros nomeamentos que resulten necesarios, e serán chamadas seguindo a orde establecida na listaxe correspondente. O funcionamento da Bolsa de Emprego axustarase aos principios de igualdade de oportunidades e principio de non discriminación.
A orde de chamamento dos aspirantes inscritos na bolsa neste Concello virá determinada polo lugar no que figura na bolsa, segundo a puntuación total obtida.
A renuncia inicial a un nomeamento, ou a renuncia durante a vixencia do mesmo, non darán lugar á exclusión da Bolsa de Emprego, pero ocasionará un cambio de lugar do posto, dentro da mesma, pasando a ocupar o último posto como integrante da Bolsa.
Son causas que xustifican a renuncia a un nomeamento e que implican o mantemento dentro da Bolsa de Emprego:
— Estar en situación de ocupado, prestando servizos no Concello de O Valadouro ou noutra administración pública, en calquera das formas admitidas en dereito, laboral ou funcionario interino.
— Estar prestando servizos nunha entidade privada.
— Estar en situación de Suspensión por accidente, baixa por enfermidade, intervención cirúrxica, internamento hospitalario, maternidade, embarazo de alto risco e situación de risco ou necesidade acreditada por facultativo que esixa a lactación natural de menores de nove meses. A acreditación documentada da finalización de tal circunstancia dará lugar á reposición no mesmo lugar da orde de lista nas Bolsas de Emprego en que se atopará a persoa afectada.
— Exercicio de cargo público representativo que imposibilite a asistencia ao traballo.
As persoas incluídas na Bolsa de Traballo terán que presentar datos persoais suficientes que permitan a súa pronta localización, sendo responsables de que estean actualizados en todo momento.
Unha vez realizado o intento de localización por medio da comunicación telefónica, a telegráfica con acuse de recibo ou o notificación electrónica, se non fose posible o contacto en vinte e catro horas acudirase á persoa seguinte. Se se opta pola comunicación telefónica, realizaranse un mínimo de tres intentos de contacto, cun intervalo de sesenta minutos entre cada chamada e deixando constancia das chamadas realizadas mediante dilixencia asinada para tal efecto.
Quedará anotación escrita do que se indica neste número no servizo correspondente, dándose traslado inmediato de informe escrito ao secretario da Corporación para coñecemento e constancia.
A persoa integrante da Bolsa de Emprego que reciba proposta de nomeamento, nos termos descritos anteriormente, deberá proceder á aceptación ou rexeitamento da mesma, nun período máximo de 24 horas, salvo por circunstancias excepcionais ou de forza maior.
No suposto de producirse dous rexeitamentos por algún integrante, quedará excluído da mesma, coa excepción de que so exista un só integrante da mesma, que quedará excluído cun único chamamento se é rexeitado.
Esta bolsa de emprego terá unha vixencia máxima de 12 meses ou ata a finalización do proceso selectivo de estabilización de emprego para o posto de operario/a de servizos múltiples e sexa constituída a bolsa de emprego para o citado posto.
NOVENA. TOMA DE POSESIÓN
A toma de posesión dos funcionarios interinos terá lugar dentro do prazo indicado na resolución de nomeamento. Quen no prazo indicado non tome posesión sen causa xustificada quedará na situación de cesante, con perda de tódolos dereitos derivados da convocatoria e do nomeamento conferido.
Mentres non se realice a toma de posesión e non se incorporen ao posto de traballo, o aspirante non terá dereito a percepción económica de ningunha clase.
A persoa nomeada estará obrigada a prestar a súa xornada de traballo na medida e forma requiridas polo interese do servizo, con horario de mañá ou de tarde, ou mesmo fraccionado a xornada se fose preciso, e de acordo coa lexislación aplicable.
DÉCIMA. FINALIZACIÓN DA RELACIÓN DE INTERINIDADE
A Administración formalizará de oficio a finalización da relación de interinidade por calquera das seguintes causas, ademais de polas previstas no artigo 63 do texto refundido da lei do Estatuto Básico do Empregado Público, sen dereito a compensación algunha:
a) Pola cobertura regulada do posto por persoal funcionario de carreira a través de calquera dos procedementos legalmente establecidos.
b) Por razóns organizativas que dean lugar á supresión ou á amortización dos postos asignados.
c)Pola finalización do prazo autorizado expresamente recollido no seu nomeamento.
d)Pola finalización da causa que deu lugar ao seu nomeamento.
No entanto, transcorridos tres anos desde o nomeamento do persoal funcionario interino producirase o fin da relación de interinidade, e a vacante só poderá ser ocupada por persoal funcionario de carreira, salvo que o correspondente proceso selectivo quede deserto, nese caso poderase efectuar outro nomeamento de persoal funcionario interino.
Excepcionalmente, o persoal funcionario interino poderá permanecer na praza que ocupe temporalmente, sempre que se publicara a correspondente convocatoria dentro do prazo dos tres anos, a contar desde a data do nomeamento do funcionario interino e sexa resolta conforme aos prazos establecidos no artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. Neste suposto poderá permanecer até a resolución da convocatoria, sen que o seu cesamento dea lugar a compensación económica.
UNDÉCIMA: INCOMPATIBILIDADES
O aspirante proposto quedará suxeito, no seu caso, ao cumprimento das prescricións contidas na Lei 53/1984, de 26 de decembro, sobre Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas, e demais normativa aplicable.
DUODÉCIMA: NORMAS FINAIS
As presentes bases e convocatoria poderán ser impugnadas de conformidade co establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Contra a convocatoria e as súas bases, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor polo interesados recurso de reposición no prazo dun mes ante a Alcaldía, previo ao contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Xurisdición Contencioso-Administrativo a partir do día seguinte ao de publicación do seu anuncio en Boletín Oficial da Provincia (artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa).
No non previsto nas bases será de aplicación o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro; o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado aprobado por Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo; o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local aprobado por Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril.; o Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración Local; e a Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.