O Concello de O Valadouro, convoca o I concurso #QuedaNaCasa on-line para dúas modalidades: debuxo e fotografía.
PREMIOS
Categoría Debuxo Infantil
Categoría Debuxo 1º Ciclo Primaria
Categoría Debuxo 2º Ciclo Primaria
Categoría Debuxo Secundaria
Categoría Fotografía
VOTACIÓNS
Desde hoxe ata o próximo 10 de abril están abertas as votacións do I Concurso #QuedaNaCasa online, escolle a foto ou debuxo que máis che guste dándolle “ME GUSTA”.
Nos seguintes enlaces iras a cada categoría:
Debuxo Infantil
https://www.facebook.com/pg/concellodeovaladouro/photos/?tab=album&album_id=3710042209069571
Debuxo 1º Ciclo de Primaria
https://www.facebook.com/pg/concellodeovaladouro/photos/?tab=album&album_id=3710044819069310
Debuxo 2 Ciclo de Primaria
https://www.facebook.com/pg/concellodeovaladouro/photos/?tab=album&album_id=3710046712402454
Debuxo Secundaria
https://www.facebook.com/pg/concellodeovaladouro/photos/?tab=album&album_id=3710055965734862
Fotografía
https://www.facebook.com/pg/concellodeovaladouro/photos/?tab=album&album_id=3710057099068082
Modalidade debuxo on-line:
PARTICIPANTES:
Poden participar neste concurso nenos, nenas, mozos e mozas do Concello de O Valadouro.
TRABALLOS:
- Temática libre.
- Cada persoa poderá presentar ata 2 debuxos.
- A dimensión máxima dos debuxos será en tamaño normalizado A-4 .
- Os traballos deben ser orixinais e inéditos.
- A técnica será libre e poderase usar: acuarelas, lapis de cores, rotuladores, ceras, …
- Os traballos escanearanse ou sacaráselles unha fotografía (con boa visibilidade de traballo) e enviaranse ó e-mail: concurso@valadouro.org coas seguintes indicacións:
- Asunto: CONCURSO DE DEBUXO ON-LINE
- Corpo de e-mail: Nome, apelidos, idade, teléfono de contacto, curso e centro de estudios, tamén debe figurar o nome do pai/nai/representante e número do documento nacional de identidade.
- O concello pode subir ás súas redes sociais todos ou parte dos traballos presentados.
CATEGORÍAS:
- Infantil.
- Primeiro ciclo de Primaria (1º, 2º e 3º curso).
- Segundo ciclo de Primaria (4º, 5º e 6º curso).
- Secundaria.
PREMIOS:
Haberá tres premios por categoría que consistirán en vales de compra para inverter en locais comerciais do concello de O Valadouro que non puideran abrir por da declaración do ESTADO DE ALARMA e que deberán de ser consumidos no prazo de un mes a partir do día seguinte da entrega de premios.
- Infantil (1º premio: vale de 30,00€. – 2º premio: vale de 20,00€. – 3º premio: vale de 10,00€).
- Primeiro ciclo de Primaria (1º premio: vale de 30,00€. – 2º premio: vale de 20,00€. – 3º premio: vale de 10,00€).
- Segundo ciclo de Primaria (1º premio: vale de 30,00€. – 2º premio: vale de 20,00€. – 3º premio: vale de 10,00€)
- Secundaria (1º premio: vale de 30,00€. – 2º premio: vale de 20,00€. – 3º premio: vale de 10,00€)
A entrega de premios farase en acto oficial despois de que remate o Estado de ALARMA.
Modalidade fotografía on-line:
PARTICIPANTES:
Poden participar neste concurso persoas de máis de 16 anos do Concello de O Valadouro.
TRABALLOS:
- Temática: #QuedaNaCasa.
- Trátase de que amoses o que fas neste tempos de corentena na túa casa.
- Podes tratar o tema con humor.
- Podes estampar os quefaceres da casa.
- Descalificaranse imaxes consideradas obscenas ó igual que aquelas que representen insultos e abusos.
- Cada persoa poderá presentar ata 2 fotografías en formato .jpg e 72ppp. de resolución (mínimo), un peso de 8 Megabytes(Mb) e tamaño mínimo de 1600×2300 pixeles
- Os traballos teñen que ser orixinais e inéditos e non se admiten fotomontaxes.
- Non se condiciona o uso exclusivo de medios para captar a fotografía, podendo usar móbil, cámara dixital, …
- Os traballos enviaranse ó e-mail: concurso@valadouro.org coas seguintes indicacións:
- Asunto: CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ON-LINE
- Corpo de e-mail: Nome, apelidos, idade, teléfono de contacto tamén debe figurar o nome do pai/nai/representante (menor de 18 anos) e número do documento nacional de identidade.
- O concello pode subir ás súas redes sociais todos ou parte dos traballos presentados.
CATEGORÍAS:
- Unha única categoría para adultos (máis de 16 anos)
PREMIOS:
Haberá tres premios que consistirán en vales de compra para inverter en locais comerciais do concello de O Valadouro que non puideran abrir por da declaración do ESTADO DE ALARMA e que deberán de ser consumidos no prazo de un mes a partir do día seguinte da entrega de premios.
- 1º premio: vale de 60,00€.
- 2º premio: vale de 40,00€.
- 3º premio: vale de 20,00€.
A entrega de premios farase en acto oficial despois de que remate o Estado de ALARMA.
PRAZO DE PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación remata o luns 6 de abril de 2020 ás 23:59h.
XURADO:
O xurado estará presidido polo Sr. Alcalde-Presidente, Concelleira de Cultura, Persoal Administrativo do centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” do Concello de O Valadouro e/ou persoas que se designe.
VALORACIÓN:
A votación pública será entre o 7 de abril ás 0:00h e o 10 ás 23:59h.
O resultado dos dez máis votados será o que terá que valorar o xurado que se reunirá telemáticamente para determinar veredicto e facer público os gañadores dos premios.
BASES COMPLETRAS: