Durante o mes de novembro, e grazas á colaboración de Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo co circuíto de teatro afeccionado 2021, chegan ó Valadouro dúas escenificacións o sábado 13 de novembro e o sábado 27 de novembro.

O domingo 21 de novembro , en colaboración con Política Lingüística e a Mancomunidade de Municipios da Mariña baixo o programa cultural Falaredes chega a segunda das actuacións.

Cartel promocional do programa

Programación

🎭Pinchacarneiros teatro

Obra: LAZARILLO DO MIÑO

📅Sábado, 13 de novembro de 2021

⏰19:00horas

📌Salón de actos da Casa da cultura do concello do Valadouro.


Entrada de balde ata cubrir aforo baixo o protocolo Covid para espectáculos en auditorios.


Sinopse: O lazarillo do Miño é unha adaptación realizada polo grupo de teatro OsPinchacarneiros, sobre a obra picaresca anónima El Lazarillo de Tormes. A historia conta a vida dun neno, Lázaro de Tormes, no século XVI, dende o seu nacemento e mísera infancia até a súa voda, xa na idade adulta.Os Pinchacarneiros traen ao Lázaro até o Miño e contannos a súa historia á súa maneira.
Primeira das actuacións de teatro afecionado que terán lugar na Casa da Cultura do concello do Valadouro.
#culturasegura #turismovaladouro #culturavaladouro