Mañá sábado 3 de xullo ás 19:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura o Seminario de Estudos de Valadouro presenta o caderno “Filomena, María, e outras deusas”.
No acto intervirá o autor Xeus Pisón, presentado por Lionel Rexes.
O acto será amenizado polo “Cuarteto Illa Pancha” a través do programa Musiqueando 2021 da Deputación Provincial de Lugo.
Sobre o SEVA.
O Seminario de Estudos do Valadouro (Alfoz e O Valadouro) (SEVA) é unha entidade cultural, científica, divulgativa e de investigación, de carácter civil, sen ánimo de lucro, independente de todo credo relixioso e de toda filiación política.
Cuarteto Tradicional Illa Pancha.