Mañá sábado 3 de xullo ás 19:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura o Seminario de Estudos de  Valadouro presenta o caderno “Filomena, María, e outras deusas”.

No acto intervirá o autor  Xeus Pisón, presentado por Lionel  Rexes.

O acto será amenizado polo “Cuarteto Illa Pancha” a través do programa  Musiqueando 2021 da Deputación Provincial de Lugo.

Sobre o SEVA.

O Seminario de Estudos do Valadouro (Alfoz e O Valadouro) (SEVA) é unha entidade cultural, científica, divulgativa e de investigación, de carácter civil, sen ánimo de lucro, independente de todo credo relixioso e de toda filiación política.

Cuarteto Tradicional Illa Pancha.