Emisora municipal

Información xeral

Radio Valadouro é a emisora municipal do val, dependente do concello e que se escoita nos concellos de Alfoz e O Valadouro. Emítese na frecuencia 107.9 (fm)

As instalacións da Casa da Cultura contan cun estudio de radio no que os distintos colectivos e veciños poden utilizar para a difusión cultural e social da vila. Despois dunha selección e unhas probas determinarase se os solicitantes poden acceder ao uso e difrute das mesmas. Sempre con fin altruista.

Nel realízanse dende programas de debate ata musicais ou deportivos. Na actualidade o estudo conta con 5 prazas de tertulia e un técnico de control. Cando a demanda de contertulios é superior, dita programación poderase realizar dende o escenario do Salón de Actos que está conectado directamente coa emisora municipal.

Concello do Valadouro
Feira Nova N°1

27770 Ferreira do Valadouro

Lugo (Galicia)

info@valadouro.org
982 574 000
982 574 036
982 574 155