Escola infantil
Servizos destacados
Equipo humano
Rosa María Fernández Eijo
Licenciada en psicopedagoxía que exerce como directora do centro
Josefa Rivas Mariño
Persoal de servizos xerais
Cristina Méndez Moreira
Técnico superior de educación infantil
Patricia Rodríguez González
Mestre
Instalacións
- Zona de preparación de alimentos
- Zona de gateo
- Zona de descanso
- Zona de hixiene
- Aseos
- Zona de xogos ao aire libre delimitada e valada en todo o perímetro
- Despacho
A escola infantil do Concello de O Valadouro configurase como un establecemento diúrno e de titularidade municipal, encadrado nos Servizos Sociais especializados do Concello, e que ten como finalidade prestar unha atención de apoio ós pais e nais, titores/as ou gardadores/as dos nenos/as entre 3 meses e 3 anos.
A escola infantil de O Valadouro conta con vinte prazas, reservando o 10% de prazas ( 2 ) sen cubrir para atender necesidades puntuais.
A escola infantil cumpre unha dobre función asistencial e educativa, proporcionando aos seus usuarios e usuarias unha atención integral sen distinción de raza, sexo, condición social ou económica dirixida ao desenvolvemento integral e harmónico dos/as nenos/as.