O vindeiro luns 17 de agosto o ximnasio municipal volverá estar en funcionamento.
Será requisito indispensable para facer uso das súas instalacións pedir cita previa no teléfono 648 261 588.
O horario en que poden usarse as instalacións e pedir cita é:
- Luns, mércores e xoves: de 18:00 a 22:00 horas.
- Martes e venres: de 10:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas.