O vindeiro luns 17 de agosto o ximnasio municipal volverá estar en funcionamento.

Será requisito indispensable para facer uso das súas instalacións pedir cita previa no teléfono 648 261 588.

O horario en que poden usarse as instalacións e pedir cita é:

  • Luns,  mércores e  xoves: de 18:00 a 22:00 horas.
  • Martes e  venres: de 10:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas.