Estudantes.

Co inicio do novo curso escolar o Concello do Valadouro estuda a posibilidade de dotar de máscaras a todos os estudantes residentes no Concello do CEIP, ESO, Bacharelato e FP.

Coas medidas existentes a estimación é de que un alumno teña que utilizar unhas 300 máscaras durante o curso escolar en caso de ser desbotables, actualmente contamos con varios orzamentos de fabricantes, totalmente homologadas, e cunha media de 80 lavados que cumpren todos os requisitos técnicos – sanitarios esixidos.

Para este Concello a seguridade nos centros educativos é unha prioridade.

Servizo de Axuda no Fogar.

A Deputación Provincial de Lugo a través do Plan Único 2020 financia os equipos de protección individual das traballadores do servizo de axuda no fogar, ademais dos produtos que se utilizan para realizar as desinfeccións periódicas de zonas públicas.

A axuda da Deputación de Lugo libera ao concello dunha parte do gasto corrente contra o COVID-19.