Achéganse as datas na que deberiamos celebrar as tradicionais Festas do 8, un ano mais a pandemia condiciona as celebracións e eventos, por tanto, o Concello do Valadouro adapta o formato ofrecendo unha semana cultural do 4 ao 9 de setembro para rememorar as festas patronais.

Durante 4 días a Praza de Santa María enchésese de música, espectáculos e xogos cumprindo os protocolos vixentes fronte ao COVID-19

É imprescindible a reserva para cada un dos actos, estas reservas faranse no teléfono 982571516 en horario de 9 a 14 horas e de 15:30 a 20:00 horas.

As reservar perderán efecto para aquelas persoas que non accedesen ao recinto 10 minutos despois de comezar a actuación. No caso de quedar prazas libres poderá acceder a xente sen reserva.

Asociación Cultural Amado Lar

Para a competición laser deberán inscribirse en equipos de 4 no teléfono 982571516 en horario de 9 a 14 horas e de 15:30 a 20:00 horas.