A actividade madeireira ten suma importancia no Concello de O Valadouro debido a que boa parte da superficie municipal está cuberta por especies forestais, polo que a incidencia do  monte nas economías familiares do Concello é moi importante e cómpre darlle o valor que lle corresponde.

Igualmente a industria de transformación da madeira ten unha grande importancia para a economía de O Valadouro debido aos postos de traballo que xera entre os nosos veciños.

Ademais desto, o monte, posúe unha elevada produtividade, grazas ao noso clima e a nosa terra, e isto xera unha potencialidade que ben aproveitada, podería incrementar a produción de madeira , facer medrar as rendas das persoas propietarias, mellorar a xestión das empresas da madeira, achegar un produto de calidade para a industria transformadora, e con estas circunstancias acadar un maior valor, maior renda, máis emprego e mellor calidade de vida.

Nembargante para lograr estes obxectivos faise moi necesario que a actual situación se encamiñe cara a un novo concepto de xestión sustentable dos nosos montes, para o cal debese intentar eliminar ou reducir ao máximo os graves problemas que hoxe presenta o sector e que son entre outros os importantes impactos sobre a rede viaria municipal causados pola maquinaria forestal e os labores de extracción e carga de madeira.

O noso Concello, consciente da importancia do sector, pero tamén preocupado polos custos que esta actividade xera nas infraestruturas locais, e polo tanto no conxunto da nosa veciñanza, pretende regular con esta ordenanza os labores de xestión forestal en O Valadouro, no que respecta á conservación das vías e así promover unha xestión racional e sustentable dos espazos forestais. E estas cuestións faise conforme ao establecido nas regulacións contidas na Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local , na súa redacción dada pola Lei 27/2013, do  27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da administración local , e na lei 5/1977, da administración local de Galicia,   entre outras.

Principalmente a presente Ordenanza pretende velar pola debida conservación das vías públicas de titularidade municipal, que poden ser obxecto de danos polas operacións de corta, extracción e plantación da madeira, tamén neste contexto o Concello de O Valadouro expresa a súa vontade de procurar emprazamentos en terreos públicos para facilitar puntos de acopio, os cales se definen dentro do articulado do texto.

Desta maneira a Ordenanza vai encamiñada a regular a actividade extractiva de madeira e a reforestación e outros traballos forestais nos que se empregue maquinaria pesada no termo municipal, con exclusión daquela que poida ser considerada de autoconsumo, para o cal establécense as obrigas de xestión que afectarán ás empresas como ás persoas propietarias dos montes que se exploten

Para levar control das operacións forestais que se desenvolvan, o  Concello requirirá a presentación dunha comunicación prevía, para informar da realización de actividades extractivas de madeira, asi como da reforestación

Aos efectos da regulación recollida nesta Ordenanza definiranse:

Empresa madeireira

Corta

Acopio ou Depósito

Ruta de Acopio ou Depósito

Ruta de Saída

Tratamento dos residuos forestais

Reforestación

A norma recolle tamén un apartado de infraccións e sancións

TITULAR PRELIMINAR: OBXECTO E FUNDAMENTO

Artigo 1. Obxecto e fundamento

Segundo o disposto nos artigos 25 e 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, na redacción da lei 27/2013 de 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración,  e 75 e 77 do Regulamento de Bens das Entidades Locais, o Concello de O Valadouro establece a presente ordenanza reguladora do uso común especial das cortas forestais.

A presente Ordenanza ten por obxecto a regulación do citado uso pola actividade forestal que consiste na corta e saca de madeira, así como a reforestación dentro do termo municipal para facela compatible coa preservación do medio natural dos bens municipais e da seguridade viaria. Esta ordenanza afecta aos actos que se desenvolvan e que teñan por obxecto a obtención de madeira e o seu transporte (operacións preparatorias de corta, desprazamentos de vehículos e maquinaria, construción de ramplas de acceso aos terreos, depósitos de madeira, transportes da mesma, etc.) e as operacións de reforestación .Con isto quérese facer compatible a liberdade de empresa e o desenvolvemento do sector forestal, tan importante no noso Concello, coa preservación do medio natural, a conservación dos camiños e pistas municipais e coa seguridade viaria.

Artigo 2. Definicións

Aos efectos da regulación recollida nesta Ordenanza considerarase:

Empresa madeireira

Corta

Acopio ou Depósito

Ruta de Acopio ou Depósito

Ruta de Saída

Tratamento dos residuos forestais

Reforestación

Para os efectos da aplicación desta Ordenanza, considérase como actividade forestal aquela que se desenvolve a partir do aproveitamento múltiple dos recursos que proporcionan os terreos nos que vexetan especies arbóreas, sexan de nacemento ventureiro, de semente ou de plantación , sempre que non sexan características de cultivo agrícola.

Por Empresa madeireira debe entenderse a persoa física ou xurídica que realice os labores de preparación do terreo, corta, saca, depósito e/ou transporte de madeira, repoboación o eliminación de residuos de corta. Tamén abrangue a aquelas persoas propietarias que realicen algún destes labores nas parcelas da súa propiedade, sempre e cando non sexa para autoconsumo de madeira e teñan por destino a súa comercialización.

Por Corta  de madeira deberá entenderse, a totalidade das operacións que se desenvolvan dentro do municipio de O Valadouro que teñan por obxecto a obtención e tala da madeira e o transporte da mesma ata o lugar de acopio ou depósito incluíndo tanto as operacións previas ou preparatorias á corta (desprazamento de vehículos e maquinaria, construción de ramplas ou accesos a fincas, preparación do terreo, etc.)

Acopio ou Deposito é o emprazamento provisional cuxo obxecto é servir para as operacións de carga para conducción ao seu destino.

Distínguense dous tipos de acopio ou depósito: O realizado dentro da propia parcela na que se leva a cabo a corta, e o que ten lugar noutro emprazamento distinto á parcela obxecto de extracción. Neste segundo suposto é necesario indicar a ruta de acopio que se vai realizar.

Ruta de Acopio ou Depósito son as vías polas que se transporta a madeira talada ata chegar ou punto de Acopio ou Deposito. Estas vías con independencia da súa titularidade deben ser repostas unha vez utilizadas nas condicións anteriores a practicarse a corta da madeira.

Ruta de Saída. Entenderanse como tales as vías municipais empregadas para o transporte da madeira dende o Acopio ou depósito ata os límites do Concello.

 O Concello establecerá as rutas prioritarias para o transporte e só no caso de que a ruta prioritaria no poda ser utilizada, o Concello proporá unha ruta alternativa individualizada para ese suposto.

Tratamento de residuos forestais. Son os traballos cuxo obxecto  consista na eliminación dos restos da corta e que precisen de maquinaria pesada para ser levado a cabo, ben sexa mediante o empacado dos mesmos ou outros medios similares.

Na Comunicación previa feita pola empresa madeireira que leva a cabo a corta debe indicarse sempre se esta actividade se realiza pola mesma ou por outra empresa, neste último caso a empresa encargada desta actuación deberá presentar comunicación previa individual da anterior nos mesmos términos que para a corta, indicando acopios, ruta de acopios, ruta de saída

e maquinaria a empregar. Faltando a comunicación  da devandita empresa considerarase responsable da actuación a empresa que realice a corta, que quedará na obriga de indicar acopios, ruta de acopios, ruta de saída e maquinaria a empregar.

Reforestación. É o conxunto de traballos encamiñados a repoboación forestal das parcelas obxecto de corta, con calquera especie permitida.

Para a mesma será necesaria comunicación previa que presentará a empresa encargada desta labor ou os propietarios das parcelas.

No caso de que para esta actuación se utilice maquinaria pesada deberá procederse á reparación das vías de calquera titularidade que resulten afectadas con especial atención a cunetas, entradas a parcelas, etc.

O Solicitante dos traballos queda obrigado ao cumprimento das disposicións legais no relativo a retranqueos e prohibicións de plantacións nas distancias e nas especies arbóreas que a lexislación contemple.

Con respecto as repoboacións espontáneas e retoños producidas trala corta, o propietario queda obrigado á eliminación dos mesmos ata acadar as distancias esixidas pola lexislación con respectos a  viais, parcelas colindantes e franxas de biomasa

Artigo 3. Ámbito de aplicación

O ámbito de aplicación desta ordenanza é o termo municipal de O Valadouro, sen prexuízo das disposicións especiais que poidan rexer en zonas cualificadas como especialmente protexidas ou espazos naturais.

TÍTULO I: AUTORIZACIÓNS E RÉXIME XURÍDICO

Artigo 4: Requisitos para as operacións de corta e saca de madeira

Para realizar traballos de corta e saca de madeira en parcelas forestais e vías  públicas deste Concello, cun volume mínimo estimado de 10 toneladas, será obrigatorio presentar no rexistro municipal por  calquera das vías indicadas na lei 39/2015 unha comunicación previa por escrito. Isto farase sen prexuízo da necesaria obtención, con carácter previo, dos permisos, autorizacións ou informes que, conforme á  normativa vixente, sexan necesarios, xa sexa da autoridade forestal, de conservación da natureza, de protección das estradas, de protección de augas ou de preservación do patrimonio cultural arqueolóxico.

O escrito de comunicación previa será asinado pola empresa madeireira, debendo constar nel os seguintes datos:

  1. Datos identificativos da empresa madeireira (denominación, número do CIF/NIF, enderezo -postal e electrónico- e teléfono, nome e apelidos da persoa encargada ou responsable da empresa)
  2. Copia da autorización ou permiso de corta expedido pola autoridade competente, incluindo copia das autorizacións, concesión administrativas ou informes sectoriais cando sexan legalmente esixibles ao solicitante.
  3. Datas previstas de inicio e remate dos traballos.
  4. Lugar de acopio ou depósito, ruta de acopio, ruta de saída (a cal será confirmada polo Concello se é prioritaria o noutro caso indicaráselle unha alternativa) e tratamento de residuos forestais se o realiza ,ou no caso contrario a empresa designada para ese traballo.
  5. Copia do seguro de responsabilidade civil o calquera outro  similar da empresa madeireira que cubra os eventuais danos e prexuízos que poidan causarse con ocasión da corta e saca de madeira, así como do  último recibo pagado, acreditativo de que o devandito seguro se atopa vixente no momento de realizarse as operacións.

Contémplanse o seguintes supostos:

          1.-  Que  a  corta se faga en parcelas sitas neste Concello e  se faga uso dos das vías  públicas locais

          2.- Que a corta se faga en parcelas de outro Concello colindante e que se teñan que utilizar as vias do Concello de O Valadouro.

Nos  supostos 1  e  2   será  necesaria  a  correspondente comunicación.

          PRAZOS  DE  PRESENTACIÓN

          1.- Cortas e  sacas programadas:  7  dias  naturais. Tempo necesario para que  o Concello faga as comprobacións oportunas do estado das vías de saca propostas polo solicitante.

          2.- Cortas por  urxencia sobrevida pola ocasionalidade de compras de lotes en parcelas colindantes, adxacentes ou con proximidade notoria  polas que se vaian usar as mismas vías da comunicación matriz.

          3.- Cortas por ocasionalidade derivada da presenza da empresa cortadora na zona, polígono ou parroquia, que impliquen a corta continuada de parcela en parcela  utilizando vías de acopio e  saca, ou indistintamente, distintas da comunicación matriz.

Para os supostos 2 e  3  deste apartado establecese un prazo de 48 horas previas o inicio da corta.

 Para o suposto 3 será obligatorio e imprescindible incorporar á comunicación fotos fidedignas do estado das vías a utilizar.

No suposto que coincida mais de unha empresa nas misma vias, deberán comunicar todas elas unha declaracion responsable aceptando a reparación dos danos de forma solidaria, independentemente da porcentaxe que lle corresponda a cada empresa, que sera pactada en réximen interno. En caso de discrepancias, o Concello resolverá por tonelaxe da madeira sacada.

O Concello de O Valadouro terá a disposición das persoas interesadas un modelo normalizado de escrito de comunicación previa.

O Concello de O Valadouro requirirá á empresa madeireira ou á persoa propietaria do monte ou predio forestal a presentación dun escrito de posta en coñecemento ( que será o mesmo que o de comunicación previa) cando comprobe que, a empresa madeireira non cumpriu coa súa obriga de presentar nas oficinas municipais a comunicación previa

Queda fóra da aplicación da presente ordenanza, a realización de cortas para usos propios domésticos, entendendo como tales os que non teñan fins comerciais e teñan un volume máximo de 10 m3 (Artigo 19 da Orde de 20 de abril de 2018 da Consellería de Medio Rural) estando na obriga só de presentar comunicación previa ante o Concello.

Artigo 5. Responsables

A empresa madeireira será responsable directamente de todos os danos e prexuízos a persoas e bens que se produzan ou ocasionen con motivo da corta, acopio ou depósito e transporte da madeira nas súas distintas rutas, debendo reparar o dano causado. O Concello de O Valadouro velará especialmente para que as devanditas operacións de  corta, saca de madeira e repoboación non ocasionen danos nas vías públicas municipais e estas queden en adecuado estado de conservación, limpeza e seguridade.

A obriga recollida no punto anterior será esixible non só polos actos ou omisións propios, senón tamén polos cometidos por calquera persoa que, sen ser empregada ou traballadora da empresa madeireira, interveña nas operacións de corta, saca de madeira e repoboación por conta, o consentimento da empresa madeireira (na repoboación só no caso que na comunicación previa estableza a súa realización) e, en xeral, polos cometidos por aquelas persoas de quen deba responder.

As persoas propietarias das parcelas de monte nas que se efectúen actividades de extracción de madeira e de repoboación serán responsables, principalmente cando a corta o reforestación se faga en zonas con pendentes elevadas, de tomar as medidas precisas para previr tanto os riscos erosivos sobre o terreo como as posibles consecuencias da erosión sobre os bens públicos.

Artigo 6. Obrigas

A empresa madereira estará obrigada a:

-Colocación dun  cartel coa información identificativa da empresa que realiza as actividades obxecto desta ordenanza e a data de desenvolvemento dos traballos

A falla desta obriga recollese no artigo 9 como infracción leve.

-Asumir os custos de reparación dos danos producidos nas vías, nas estruturas anexas ou noutros elementos do dominio público local.

-Á limpeza e á retirada dos residuos da corta de madeira de xeito que as pistas, camiños ou espazos públicos queden en todo momento no mesmo estado de limpeza e conservación que tiñan antes de levarse a cabo as operacións de corta e saca de madeira asi como o tratamento de residuos forestais cando a empresa leve a cabo esta actividade

–  A obriga de limpeza deberá cumprirse todos os días ao final da xornada de traballo nas vías públicas asfaltadas e camiños susceptibles de circulación rodada

–   Os depósitos de cortizas de madeira, pólas, podalla ou demais restos non poderán invadir as zonas de circulación viaria, nin menoscabar a funcionalidade das cunetas, gabias, canalizacións, pontellas ou calquera outra infraestrutura auxiliar ou anexa aos camiños ou vías, de cara a evitar riscos para as persoas usuarias.

– Prohíbese que os refugallos que non sexan estritamente vexetais queden ou se depositen no monte, vías ou lugares non autorizados. Os residuos asimilables aos urbanos seleccionaranse e depositaranse no

contedor municipal adecuado. Os residuos industriais, especialmente aceites usados, entregaranse a un xestor autorizado de residuos.

  • As empresas madeireiras e/ou as persoas propietarias dos montes tratarán os restos forestais de xeito que minimicen os riscos de incendios, dando prioridade os tratamentos que supoñan a incorporación dos devanditos restos ao ciclo produtivo agroforestal ou ao aproveitamento de biomasa forestal residual nas súas distintas variantes.
  • Prohíbese o uso das vías públicas para almacén ou depósito irregular da madeira. Entenderase por depósito irregular, aos efectos desta ordenanza, aquel que exceda de 30 días naturais
  • Deberán derrubar e repoñer ao seu estado anteriores ramplas abertas para facilitar o acceso ao terreo ou ao monte co obxecto de que, cando chova a auga e a terra arrastradas non inunde e cause danos nas pistas ou camiños municipais. As  reparacións deberanse realizar nun prazo máximo de 72 horas a partir da retirada da madeira, excepto naqueles casos que non sexa posible polas condicións meteorolóxicas o cal se deberá comunicar ao Concello.
  • Prohíbese expresamente a circulación de vehículos pesados tipo oruga pola totalidade das vías asfaltadas e camiños susceptibles de circulación rodada.
  • No caso de imposibilidade absoluta para acceder ao emprazamento da corta, deberá solicitarse a autorización expresa ao Concello e será o Concello, quen a fin de facilitar a extracción da madeira, estableza as condicións necesarias, de cumprimento obrigatorio, e individualizadas para cada suposto para que a empresa poda realizar o seu traballo.

O Concello poderá de xeito excepcional autorizar puntos de acopio ou depósito sempre que non sexa posible facelo nos puntos existentes, e cumprindo coas condicións que esta Entidade imponga.

O responsable da reforestación estará obrigado a:

  • Realizar Comunicación previa ante o Concello de O Valadouro, co contido previsto no artigo 4, así como a colocación dun cartel coa información identificativa da empresa que realiza a mesma
  • O Concello asumirá a levanza dun rexistro que comprenda a totalidade das actuacións no sector forestal: Extracción e Reforestación

TÍTULO II: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

Artigo 7: Infraccións

Son infraccións da presente Ordenanza os actos e omisións que contraveñan o establecido en esta. A comisión de calquera infracción levará aparellada a imposición aos responsables das correspondentes sancións, ademais da obriga de indemnizar aos prexudicados polos danos derivados da súa comisión.

As infraccións a esta Ordenanza cualifícanse en tres categorías: moi graves, graves e leves.

Constitúen infraccións moi graves, as seguintes:

  • Non presentar, no prazo que se indique, o escrito de comunicación previa, de realización dos traballos forestais, unha vez fose requirido polo Concello.
  • Deixar as vías municipais nun estado de suciedade que supoña unha situación de risco para a seguridade viaria, segundo informe municipal emitido para o caso.
  • Cometer, nun prazo dun ano, dúas faltas graves firmes na vía administrativa.

Constitúen infraccións graves, as seguintes:

  • Non presentar o escrito de comunicación previa, aínda que o achegue despois de ser requirido polo Concello
  • Deixar as vías municipais en deficiente estado de sucidade, segundo informe municipal emitido para o caso.
  • Non  repoñer ao seu estado orixinal as ramplas que se abran para o acceso aos terreos forestais.
  • Cometer nun prazo dun ano dúas faltas leves firmes na vía administrativa.

Constitúen infraccións leves, calquera outro incumprimento desta ordenanza que non estea tipificado como moi grave ou grave.

Artigo 8. Sancións

As infraccións desta Ordenanza serán sancionadas coas seguintes multas:

  • Infraccións leves: Multa de ata 1.000 €.
  • Infraccións graves: Multa de contía comprendida entre 1.001 a 3.000 €.
  • Infraccións moi graves: Multa de contía comprendida entre 3.001 a 5.000 €

A tramitación do procedemento sancionador, non previsto en esta Ordenanza, rexerase pola normativa xeral na materia e, en todo caso, coa audiencia e demais garantías procesuais para os interesados.

O importe das multas será graduado tendo en conta as circunstancias concorrentes e dacordo co establecido na normativa vixente.

As multas e sancións impostas ao abeiro da presente ordenanza reduciranse na súa contía nun 50% no caso de que se abonaran no prazo de 15 días a partir da súa notificación da multa o sanción, e se o infractor amosa por escrito a súa conformidade con elas e, renuncia expresamente ao exercicio de toda acción, impugnación no citado prazo.

O pagamento das multas poderase esixir pola vía administrativa de constrinximento, sen prexuízo da esixencia, se fora o caso, das correspondentes responsabilidades civís e penais.

As sancións serán independentes da reparación do dano causado e da indemnización de danos e perdas a que houbera lugar.

A resolución do expediente sancionador corresponderá a Alcaldía.

Artigo 9: Requirimentos

Unha vez que se advertiu o incumprimento da presente Ordenanza, e de forma paralela a apertura do expediente sancionador, requirirase a persoa responsable da infracción para que se axuste á normativa, e de ser o caso, repare o danos e prexuízos causados, outorgándolle para iso un prazo prudencial fixado polos servizos técnicos municipais que, en calquera caso, non poderá exceder dun mes.

Asimesmo una vez transcorrido este prazo sen que dea cumprimento ao requirimento, procederase sen necesidade de novas notificacións, a súa execución subsidiaria, repercutíndolle os custos necesarios á persoa responsable.

DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS: A presente Ordenanza entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial de Provincia e será de aplicación a partir dese mesmo día.

A Alcaldía queda facultada para ditar cantas ordes e instrucións sexan necesarias para ditar cantas ordes ou instrucións sexan necesarias para a adecuada interpretación, desenvolvemento e aplicación desta ordenanza. Contra a presente norma interporase recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo correspondente.