🚧 AVISO IMPORTANTE | CORTE DE TRÁFICO NA ESTRADA LU-P-0101
O Concello do Valadouro informa de que, segundo comunica a Deputación Provincial de Lugo, a partir de hoxe, luns 2 de novembro permanecerá cortada ao tráfico a estrada provincial LU-P-0101 (Gontán–Ferreira do Valadouro), debido á realización de obras.
📅 Duración prevista: aproximadamente 15 días.
📍 TRAMO AFECTADO
Entre os puntos quilométricos PK 23+188 e PK 24+855, con corte total ao tráfico de vehículos (ENTRE O ACCESO A FREIXIDO E A CORTEGAZA)
🚛 VEHÍCULOS PESADOS
Os vehículos de máis de 3.500 kg deberán utilizar o itinerario alternativo establecido. Os puntos de desvío sitúanse nos PK 20+735 e PK 27+440, coas excepcións para residentes indicadas nos planos. O veciños de Cortegaza deberán de acceder sempre a través do núcleo do Cadramón e os veciños de Freixido a través do núcleo de Frexulfe).
🗺️ ITINERARIOS ALTERNATIVOS
Nas imaxes que acompañan esta publicación poden consultarse os cortes, as restricións de circulación e os desvíos previstos.
🙏 Pregamos á veciñanza que planifique os seus desprazamentos con antelación, respecte a sinalización provisional e extreme a precaución.
Desculpade as molestias.



