A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, e Silman 97, a través do programa “Coidados Porta a Porta”, prestará, de xeito gratuito, unha serie de servizos destinados ás persoas maiores, en unidades móbiles que percorrerán diferentes concellos do medio rural das 4 provincias galegas.

En Valadouro, as datas previstas para a estancia son o 7 e 8 de abril de 2022. Entre ás 09:00 e ás 19:00 horas.

ASIMESMO, SINALAR QUE O DÍA 7 DE ABRIL ÁS 10:00 HORAS O PERSOAL DE «COIDADOS PORTA A PORTA» IMPARTIRÁ UNA PEQUENA CHARLA INFORMATIVA NA CASA DA CULTURA.

Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán os seguintes:

Servizo de Audioloxía: consistente en revisión e valoración auditiva.

Servizos de podoloxía: para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés (eliminación de durezas, control de uñas)

Servizos de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Consistente en: realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.

As unidades móbiles dispoñen de acceso para persoas con mobilidade reducida (conta con plataforma elevadora).

O día 6 de abril dende as 15:00 horas estará prohibido estacionar na explanada do parque Concepción Arenal.