? Regresa a segunda edición de CINE NA RÚA ó VALADOURO!!!!!
?BELLA É O CIRCO MÁXICO proxectarase, na súa versión en galego, ao aire libre na Praza de Santa María – Ferreira.
?21 de agosto de 2022. Domingo.
⏰21:30h
?Entrade de balde e orientada para público infantil/familiar.
Bella e Henry son os mellores amigos do mundo. Xuntos deciden montar un espectáculo de circo na súa pequena cidade, onde Bela asombrará a todos con números de maxia e a axuda de Henry. Pero entón chega Johnny, un novo veciño, con xoguetes caros e unha bicicleta espectacular.
Esta proxección chega da man da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e en colaboración coa área de cultura do concello do Valadouro.
⛈En caso de que as prediccións meteorolóxicas non foran as idóneas, a actividade trasladarase ó Salón de actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade «Manuel Lourenzo» do Valadouro.
