Trémola Teatro: «A NENA QUE SE COMÍA TODOS OS CONTOS».
Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello do Valaduro
12 de outubro
19:00h.
Entrada de balde.
Contacontos Infantil.
A NENA QUE SE COMÍA TODOS OS CONTOS
A nena que se comía todos os contos é un espectáculo de narración oral moi participativo para nenos e nenas de máis de tres anos. Nel coñecemos a Elisa, unha rapaza, digamos que…algo peculiar, porque a ela gústanlle tanto, tanto os libros, que en lugar de lelos, cómeos. A través das diferentes historias, conseguiremos convencer a Elisa de que a mellor forma de gozar dos libros é léndoos?

Estíbaliz Espinosa: «ESTRELAS NO BICO…NA FRONTE UN CANTAR»
Estrelas no bico. Na fronte un cantar (Ler Conta Moito)Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello do Valaduro
16 de outubro
19:00h.
Entrada de balde.
Divulgación literaria: poesía, ciencia, música.
Estibaliz Espinosa, poeta, cantante, astrónoma
Juanma Varela, pianista
Se cres que as ciencias e as letras son parte dun mesmo saber común, e que a música lévaas de perlas da man, este é un concerto de libro que anoa poesía e astronomía sen saírmos nin da Vía Láctea nin da galaxia Gütenberg nin da música das esferas.

A IGUALDADE NON TEN TRUCO
MAXIA NA MANGA. A IGUALDADE NON TEN TRUCO. Sara Rodríguez e Carlos Tomico.
?Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello do Valaduro
? 23 de outubro
⌚️19:00h.
? Entrada de balde.
Espectáculo de maxia. Programa Ler Conta Moito. Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Unha maga e un mago forman este dúo para realizar misterios e imposibles que ademáis nos levarán por diferentes ideas e conceptos do feminismo e da igualdade de xénero. Viaxes e transformacións inexplicables, un conto de fadas reinventado ou unha volta atrás no tempo á época das e máis importantes magas.
Un espectáculo divertido e máxico pensado para transmitir unha mensaxe moi importante nestes tempos: A igualdade de xénero a través do arte do ilusionismo.
Magia en la Manga
