O vindeiro sábado 12 de decembro ás 19:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura, a Fisioterapeuta Ana Rivas Carabias especialista en fisioterapia  Uroginecológica e Obstetricia, impartirá a charla “Conoce, Entiende y Cuida tu suelo Pélvico”.

Trataranse temas como a composición e funcionamento do chan pélvico, posibles patoloxías, prevención e tratamento desde a Fisioterapia.

O aforo do Salón de Actos ten limitado o aforo conforme ás normativas para facer fronte á pandemia do COVID-19, se o prefires podes reservar o teu sitio chamando ao 982571516.