Os operadores de móbil xa están a ofrecer servizos 4G e 5G. Esta nova tecnoloxía permite alcanzar conexións móbiles de moi alta velocidade, mellorar a cobertura no interior dos edificios e conseguir maiores niveis de penetración xeográfica, en particular ás zonas rurais. O despregamento destes servizos de nova xeración realízase sobre as bandas de 700 e 800 MHz que antes utilizaba a televisión dixital terrestre (TDT), polo que podería ocorrer que o sinal de TV quede afectada por interferencias. Llega700 traballa cos operadores para garantir a solución de posibles incidencias causadas aos cidadáns.

A quen pode afectar o despregamento dos servizos móbiles de nova xeración? Principalmente, afecta a edificios ou vivendas próximos ás estacións de telefonía móbil que vexan a TDT a través dunha antena. Ademais, tamén inflúen a orientación da antena e o tipo de instalación de recepción de televisión que se dispoña. Non afecta os cidadáns que reciban o sinal de televisión a través de cable/fibra óptica, satélite ou internet.