Plan de prevención de incendios forestais
Servizos destacados
PLAN MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DO CONCELLO DE O VALADOURO
O obxectivo principal do presente Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, en cumprimento do establecido na Lei 3/2007, é a definición da rede de faixas secundarias de xestión de biomasa, formadas por un conxunto de parcelas lineais do territorio estratexicamente localizadas, e garantir o control e a eliminación total ou parcial da biomasa forestal, mediante técnicas silvícolas axeitadas, co fin principal de reducir o risco de incendio e protexer a seguranza das persoas. Este obxectivo fundamental concrétase nunha serie de accións sobre o territorio que buscan O Valadouro PLAN MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS 3 organizar a xestión da biomasa en zonas estratéxicas, especialmente aquelas declaradas de alto risco de incendio, unido á construción e mantemento de faixas exteriores de protección de zonas poboadas, o tratamento de áreas forestais nun esquema de intervención segundo modelos silvícolas previamente establecidos, no ámbito da defensa de persoas e bens e a defensa dos montes. A redacción do presente Plan pretende, por tanto, aportar un documento que conteña as accións necesarias para a defensa contra os incendios forestais efectuando unha análise da situación actual, e establece unha zonificación do territorio como marco das directrices de actuación a realizar para acadar os obxectivos propostos.