Salón de actos
Servizos destacados
Información xeral
O salón de actos conta cun patio de butacas con capacidade para 154 persoas. Aquí teñen lugar diversos actos como teatro, charlas, reunións, ensaios, concertos, presentacións de libros… Son asiduos fundamentais, por exemplo, a Semana de Teatro e a Cabalgata de Reis.
Ademáis conta cos servizos habituais para un salón destas características e dispón de camerinos na mesma planta con acceso directo dende o lateral do escenario. Está completamente equipado para os espectáculos con iluminación RGBw, pantalla de 6×4, microfonía e megafonía.
As instalacións utilízanse principalmente para actos propios e cédense tamén a outras institucións e colectivos.
