????????????Feira de Gando anual do 4 de agosto en Vilacampa.

????4 de agosto

????Inscrición para optar a premio en lote e/ou beleza de vacuno/cabalar ata o venres, 1 de agosto ás 12:00h. nas oficinas municipais, nas oficinas da casa da cultura ou pola sede electrónica.

Podes consultar as bases de participación:

????https://cutt.ly/rrAp2UIE

Tamén podes traer a instancia xa cuberta ou enviárnosla a través da Sede Electrónica:

????https://cutt.ly/irAp9nIj

Redes

Podes consultar as bases completas:

BASES REGULADORAS PARA A ENTREGA DE PREMIOS DE FEIRA
DE ANIMAIS DE VILACAMPA. CABALAR E VACUNO.
Os premios preséntase cos seguintes obxectivos:
Promover a compra e venda de gando tanto de residentes como de visitantes.
Apostar pola profesionalidade do sector gandeiro, incentivando a participación e calidade dos participantes.

  1. Participantes
    Nesta edición de premios para a exposición de todo tipo de gando que participen todas as persoas físicas e xurídicas cuxa actividade profesional se englobe dentro do ámbito gandeiro e que asistan á feira.
    1.1 Requisito dos participantes.
    Os participantes teñen que ter os animais debidamente documentados e deberán de xustificalo no intre da inscrición e poderase corroborar na Feira.
  2. Prazo e lugar de inscrición
    As gandarías participantes deberán cubrir a solicitude na Casa da Cultura, na Casa do Concello ou a través da sede electrónica do concello do Valadouro e entregala totalmente cumprimentada ata o venres, 1 de agosto ás 12:00 horas.
    A inscrición será totalmente gratuíta
  3. Normas de participación
    Os aspirantes ós premios comprométense a cumprir os seguintes requisitos:
    Deberán presentar os seus animais debidamente documentados.
    Os animais gañadores recibirán o premio correspondente á súa sección.
    A decisión do xurado será irrevogable.
    Os animais que entren a concurso por lote ou por “beleza”, tanto de vacuno como de cabalar, deben de estar identificados na folla de inscrición.
  4. O gandeiro/tratante que aporte animais á feira e entre a concurso deberán ser os identificados ou menos, non téndose en conta aqueles que non estean identificados na folla de inscripción.
    Para retirar o premio, o gañador deberá de estar presente no intre de facerse público, durante o día 4 de agosto de 2025 e terá que asinar un recibí así como aportar a documentación necesaria para corroborar que os datos estean correctos(dni, carta verde, ….)
    Cada participante poderá facelo en mais dunha categoría e ao mesmo tempo poderá tamén levar máis de un premio asumindo a posibilidade que se apliquen os impostos fiscais correspondentes.
  5. Data
    O clasificación levarase a cabo durante a mañá do día 1 de agosto de 2025 antes das 13:00h..
  6. O xurado
    O xurado estará composto polo Alcalde-Presidente do concello do Valadouro e/ou concelleiro/a en quen delegue e expertos na materia.
    Como secretario actuará un administrativo que actuará con voz pero sen voto.
    Os xuíces seguirán unhas táboas de cualificación para chegar ó veredicto final.
  7. Os premios
    Os premios das distintas categorías percibiranse única e exclusivamente en metálico unha vez finalizada a feira e comprobada toda a documentación aportada polo gañador durante a sesión vermú do día 4 de agosto de 2025 a partir das 14:00h. no campo da festa de Vilacampa.
    Os premios das distintas categorías poden ser acumulativos, pero cabe a posibilidade que de que parte do premio se teña que destinar a impostos
  8. o Maior número de cabezas de gando cabalar: 1º: 300,00 € – 2º: 150,00 €
  9. o Maior número de cabezas de gando vacuno: 1º: 300,00 € – 2º: 150,00 €
  10. o Millor vaca: 1º: 100,00 € – 2º: 50,00 €
  11. o Millor cabalo/besta: 1º: 100,00 € – 2º: 50,00 €
  12. Vantaxes de participar
    7.1. Para as gandarías
     Contarán con promoción gratuíta dos seus animais podendo alcanzar novos mercados.
     Os premios reflectirase tanto en carteis publicitarios, prensa e medios de comunicación audiovisual.
     Os animais serán xulgados por profesionais do sector.
     Concello proporcionará ós participantes a inscrición gratuíta.
     Farase entrega de premios ós gañadores durante a sesión vermú.
    7.2. Para os visitantes asistentes
     Poderán gozar da exposición, coñecendo os animais e gandarías participantes.
     Favorecerase a compra venda dos millores animais
  13. Aceptación das bases
    Unha vez firmada a solicitude de participación os propietarios aceptan as condicións establecidas nas presentes bases.
  14. Publicación das bases
    As bases publicaranse na Sede electrónica do Concello do Valadouro e na páxina web do concello do Valadouro e acompañarán cada instancia de inscrición.