Xa podemos adiantarvos o cartaz do Mercado de Primavera que se vai celebrar no concello o sábado 28 de marzo. Como sempre contamos cunha ampla programación para o público infantil e familiar, ademais da presenza de música durante toda a xornada, o mercado tradicional, o distintivo Concurso-Desfile de Zocas e Vestimenta tradicional, demostración de oficios artesáns, Fotoenxebre e moito máis…

MÚSICA
Amado Lar-Dambara (música tradicional)
Comando Curuxás (sesión Vermú)
Ailá (Concerto da noite)
Os Caliqueños, Mekanika, Festicultores Troupe (Música de rúa)
ANIMACIÓN INFANTIL
Romería-Raquel Queizás (contacontos)
Marionetas do Mundo (Títeres Cachirulo)
Xogos VaidaVai (xogos tradicionais)
Paseos en poni (Granxa do Souto)
O próximo luns publicaremos o cronograma co horario de todas as actividades e actos e a súa ubicación para que planifiquedes a vosa visita á nosa vila.
𝘈 𝘥𝘢𝘵𝘢 𝘲𝘶𝘦 𝘦𝘴𝘵𝘢𝘥𝘦𝘴 𝘦𝘴𝘱𝘦𝘳𝘢𝘯𝘥𝘰 𝘵𝘰𝘥𝘰 𝘰 𝘢𝘯𝘰 𝘹𝘢 𝘦𝘴𝘵á 𝘢𝘲𝘶𝘪! ![]()
