Acercase o remate do ano e as vacacións de nadal para os máis pequenos do concello, o DiverNadal estará cheo de actividades de ocio infantil para nenos e nenas nados entre o 2008 e o 2016.

DiverNadal estará en funcionamento os dias 23, 26, 27, 30 de decembro e 2, 3 de xaneiro na Casa da Cultura.

Inscrición do 16 ó 18 de decembro nas oficinas da Casa da Cultura.



BASES DE PARTICIPACIÓN DIVERNADAL 2019

1.- As actividades están orientadas a rapaces e rapazas nados entre o ano 2008 e o 2016.

2.- Todos os nenos e nenas que desexen participar nas actividades de DIVERNADAL 2019 estarán inscritos previamente nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro.

3.- Terán preferencia, sempre por rigurosa orde, os que se inscriban entre os días 16 – 18 de decembro (incluídos) de 10:00h. a 14:00h ou de 16:00h a 20:00h. de luns a mércores. A oficina para a presentación de solicitudes atópase no primeiro andar do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro.

4.- Formarán parte do programa, aquelas solicitudes que cumpran, por orde, algún dos seguintes requisitos:

  • Alumnos do CEIP Santa María do Valadouro que soliciten todo o período do programa.
  • Alumnos do CEIP Santa María do Valadouro que non soliciten todo o período do programa.
  • Resto de inscritos.

5.- Unha vez iniciado o programa e, sempre e cando queden prazas libres, poderán inscribirse máis interesados ata cubrir todas as prazas.

6.- Se unha persoa inscribe un participante e están todas as prazas cubertas, ou se fai fóra de prazo, dita solicitude pasará á lista de reserva.

7.- A lista de reserva serve para cubrir as prazas que queden vacantes ó longo da programación. · O número de prazas estará limitado á ratio por monitor asinado ás actividades. Se un participante desexa deixar de acudir ó programa, o seu pai, nai ou representante deberá de pasar polas oficinas da casa da cultura, para comunicalo por escrito.

8.- As actividades realizaranse os días 23, 26, 27 e 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro entre as 10:30h. e as 13:30h. Todos os días se pasará lista de asistentes e se un inscrito falta asiduamente, (sen xustificar) alomenos o 20% do período solicitado, automáticamente pasará á lista de reserva. Na solicitude deberá de figurar se o/a inscrito/a sofre algún tipo de alerxia ou enfermidade que impida poder realizar as actividades prantexadas. . En caso de non ter programadas as vacacións antes de formalizar a inscrición formalmente, agradécese que o pai, nai ou responsable o comunique por escrito con suficiente tempo para evitar problemas organizativos.

9.- Os participantes estarán sempre acompañados do persoal cualificado da empresa encargada de xestionar o programa. Dado que se trata dunha actividade lúdico-infantil, non se permitirá o acceso ás instalacións onde se realice o programa, de ninguén máis que a dos participantes nas actividades.

10.- O lugar de realización das actividades, agás previo aviso, serán as instalacións do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo”. En momentos puntuais programaranse pequenas excursións para coñecer o medio na que ningún inscrito acudirá só.

11.- No intre de descanso usarán, sempre e cando o tempo meteorolóxico o permita, as instalacións do parque infantil ubicado nas inmediacións do Centro de Educación Infantil e Primaria “Santa María do Valadouro” · Se o desexan, os participantes levarán unha merenda que tomarán a media mañá.

12.- Os inscritos distribuiranse en grupos segundo as súas idades co fin de homoxeneizar o grupo de actividade do que forman parte.

13.- Recoméndase que os participantes veñan con roupa cómoda para o desenvolvemento de actividades deportivas e xogos.

14.- A programación espacial comunicarase periódicamente co obxeto de informar, ós familiares, das actividades que van a realizar cada día. Os participantes nunca estarán sólos no transcurso das actividades. Sempre estarán os monitores responsables do programas, así como esporádicamente, de persoal muncipal.