SÁBADO, 15 DE XUÑO

19:00H.

PRAZA DE SANTA MARÍA

A UTÓPICA RODANTE “De Vilatriste a Vilalegre”


Unha creación de Teatro O Cubo en coprodución co Centro Dramático Galego no seu 40 aniversario
Texto de Roi Vidal Ponte
Deseño e plástica de Beatriz de Vega
Interpretado por Uxía Algarra e Roberto Casal Mouriño
Co- Dirixido por Sofía Espiñeira e Roberto C Mouriño


Trepas é o alcume dun xove habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero… funcionará?
Teatro O Cubo en coprodución co Centro Dramático Galego aposta por dar o protagonismo aos monicreques neste reto escénico coa teima de sempre: que persoas de todas as idades poida gozar das súas propostas.


Beatriz Vega encárgase do deseño e a plástica, Roi Vidal crea unha disparatada trama na que se mestura identidade rural galega, superpoderes e 40 anos de Centro Dramático Galego. O resultado é unha divertida peza de títeres que percorrerá prioritariamente o rural galego a bordo da “Utópica Rodante”, un vehículo que transportará o teatro por todos
eses concellos que ousen acoller esta intrépida proposta.