
O Concello do Valadouro activa os seus equipos para loitar contra os incendios forestais.
- Unha brigada forestal para loitar contra os incendios forestais e realizar tarefas de roza como prevención en 10 hectárias.
- Un tractor desbrozador cun operario de apoio para realizar tarefas de prevención.
- Un vehículo motobomba.
Estas accións están financiadas grazas a un convenio interadministrativo entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Valadoruo. Cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
